A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O 30 DE XUÑO PRESENTAMOS "OS SEIS POEMAS GALEGOS DE LORCA", Nº 10 DOS CADERNOS DE ESTUDOS XERAIS

O vindeiro venres, día 30 de xuño, terá lugar na Capela de San Roque (Sada), a presentación do nº 10 dos nosos Cadernos de Estudos Xerais, "Os seis poemas galegos de Federíco García Lorca", de Luis Pérez Rodríguez.
No acto, que terá lugar ás 20.00 horas, contaremos coa presenza do autor, e ao remate do mesmo repartiranse exemplares do caderno presentado. Agardámosvos!
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 28-06-2017 11:41
# Ligazón permanente a este artigo
NOVA DATA E LUGAR DA CHARLA SOBRE ENERXÍA ALTERNATIVAS

Este venres, día 2 de xuño, ás 20.00 horas, realizarase a charla informativa sobre "Enerxías alternativas. O caso da enerxía eólica en Galiza", que impartirá o investigador e profesor da Universidade de Santiago de Compostela Pedro Varela Vázquez.

Atención ao lugar: será na nova sala La Fábrica de la Imagen, rúa Bergondo nº 2. Sada.

Esperamos contar con todxs vós!
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 01-06-2017 22:05
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal