A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Carmen Arias de Castro, MIMINA, filla adoptiva de Sada

Dentro dos actos en torno ao día da MULLER, a Asociación "Irmáns Suárez Picallo"xunto á Concellaría de Igualdade do concello de Sada organiza un acto no que se dará a coñecer a figura de Mimina: Carmen Arias de Castro, intervindo Carolina Díaz e Carmen Blanco, e no que se lle nomeará Filla adoptiva de Sada.

Será o próximo venres, día 24 de marzo, ás 20.00 horas.
Lugar: Salón de Plenos do Concello de Sada, situado no porto,(antiga adxudantía).

Ao remate do acto repartirase o Caderno de Estudos Locais, nº24. Mimina: Unha vida ao servizo da Cultura Galega.



Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 23-03-2017 16:12
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA DA MULLER 2017 EN SADA

Como parte activa na organización dos actos do Día da Muller 2017 en Sada, hoxe estaremos na Capela de San Roque moderando a mesa redonda de #mulleres. Porque todas contamos!
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 08-03-2017 12:40
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal