A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

HOMENAXE A FILOMENA DATO NO CEMITERIO DE MORUXO
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 25-02-2018 21:45
# Ligazón permanente a este artigo
ASEMBLEA XERAL DA A.C. IRMÁNS SUÁREZ PICALLO
Hoxe, xoves día 22 de febreiro terá lugar na Casa da Xuventude de Sada (OMIX) ás 20:00 h. en 1ª convocatoria e as 20:30 en segunda convocatoria, a ASEMBLEA XERAL ORDINARIA coa seguinte



ORDE DO DIA:


- Lectura e aprobación, se procede, da acta da Asemblea anterior.

- Memoria de actividades realizadas no ano 2017.

- Informe do Tesoureiro (contas e balance do año 2017).

- Presuposto de ingresos e gastos para o o ano 2018.

- Colaboracións con diversas entidades culturais e outras sociedades ou asociacións sadenses e da bisbarra.

- Aprobación para presentarse ás convocatorias de subvencións do Concello, Deputación e outras, autorizando á Xunta Directiva para facer os trámites precisos e nomear representante ao Presidente para estas solicitudes.

- Publicacións previstas para o 2018 e outros actos e proxectos.

- Avance do contido de AREAL Nº16 que sae en abril.

- Rogos e preguntas.


De seguido, celebrarase Sesión Extraordinaria para pór os cargos a disposición da Asemblea, nomear nova Secretaria ou Secretario e confirmar -se así se estima procedente- nos seus postos á Directiva actual, ao tempo que se proporá incluír novos vogais colaboradores na citada Xunta Directiva da A.C. Irmáns Suárez Picallo.

Sada, 9 de febreiro de 2018

A Secretaria

Vanesa Santiago Vázquez



Nota: Repartirase un novo número de Cadernos de Estudos Locais, sobre o Entroido.

Ademais, teremos os números atrasados de todas as publicacións por se algún socio tivese falta dalgunha.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 21-02-2018 23:03
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal