A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

ASEMBLEA XERAL ANUAL DA A.C. IRMÁNS SUÁREZ PICALLO
Este venres día 17 de febreiro terá lugar na Casa da Xuventude de Sada ás 19'30 h. en 1ª convocatoria e as 20'00 en segunda convocatoria, a ASEMBLEA XERAL ORDINARIA coa seguinte


ORDE DO DIA:


1º.- Lectura e aprobación, se procede, da acta da Asemblea anterior.

2.- Memoria de actividades realizadas no ano 2016.

3º.- Informe do Tesoureiro (contas e balance do año 2016).

4º.- Presuposto de ingresos e gastos para o o ano 2017.

5º.- Colaboracións con diversas entidades culturais e outras sociedades ou asociacións sadenses e da bisbarra.

6º.- Aprobación para presentarse ás convocatorias de subvencións do Concello, Deputación e outras, autorizando á Xunta Directiva para facer os tramites precisos e nomear representante ao Presidente para estas solicitudes.

7º.- Publicacións previstas para o 2017 e outros actos e proxectos.

8º.- Avance do contido de AREAL Nº14 que sae en abril.

9º.- Rogos e preguntas.



De seguido, celebrarase Sesión Extraordinaria para por os cargos a disposición da Asemblea e confirmar -si así se estima procedente- nos seus postos á Directiva actual, ao tempo que se proporá incluir novos vocais colaboradores na citada Xunta Directiva da A.C. Irmáns Suárez Picallo.


O noso traballo e participación na Xunta Directiva carece de valor senon vai avalado polos socios, é por iso que pedimos encarecidamente a vosa asistencia, que agradecemos de antemán.



A Secretaria

Vanesa Santiago Vázquez





Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 16-02-2017 08:24
# Ligazón permanente a este artigo
CHARLA SOBRE O VIÑO
O venres 10 de febreiro, ás 20h., falaremos de viño con Germán Rodríguez Salgado, e coñeceremos os factores que determinan a calidade do viño. Lugar: Capela de San Roque (Sada). Quedades convidados!
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 03-02-2017 16:42
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal