A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

150 ANOS DO NACEMENTO DE LUGRÍS FREIRE

Tal día como hoxe, hai 150 anos, nacía en Sada Manuel Lugrís Freire. Damos hoxe inicio, pois, ao 150 aniversario do seu nacemento, que se verá acompañado con diversos actos ao longo dun ano, o 2013, que foi declarado institucionalmente como Ano de Manuel Lugrís Freire polo Concello de Sada e no que contaremos coa colaboración da Deputación da Coruña.

Publicamos hoxe, por primeira vez, a partida de bautismo de Lugrís, na que se acredita o seu nacemento o día 11 de febreiro, e non o 12, que é a data que adoita figurar nas biografías.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 11-02-2013 12:45
# Ligazón permanente a este artigo
O ENTROIDO EN GALICIA
Hoxe compartimos un documento elaborado polos alumnos de 1º de ESO do IES Isaac Díaz Pardo de Sada, como proxecto de traballo para a materia de Lingua Galega e Literatura. Na nosa vila temos a sorte de que os escolares están a contribuir activamente na vida cultural e nos ofrecen informacións que eles mesmos elaboran a través de diferentes soportes (papel, vídeo, soportes dixitais...). Cómpre recoñecer e valorar estas aportacións e, por suposto, debemos estar agradecidos aos profesores que fomentan este tipo de actividades e "abren" as escolas á sociedade.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-02-2013 13:13
# Ligazón permanente a este artigo
DISCURSO DE EMILIA PARDO NA INAUGURACIÓN DA SOCIEDADE DO FOLK-LORE GALEGO

Colgamos hoxe esta conferencia de Emilia Pardo Bazán do 1 de febrerio de 1884 sobre a inaguración da Sociedade do Flok-lore galego da que era presidenta.

Para descargala preme aquí



Ricardo Soca comenta no seu Palabra del día o significado de FOLK-LORE na mesma data na que publicabamos a conferencia de Emilia Pardo Bazán sobre a inauguración da Sociedade do folk-lore galego.

folclore
Es el conjunto de tradiciones, artes y costumbres de un pueblo.
El término fue propuesto en 1846 por el arqueólogo británico William John Thoms en un artículo de la revista inglesa Athenaeum, para denominar los «tesoros de la literatura popular, tales como historias, cuentos, mitos y proverbios». Apareció por primera vez en el diccionario de la Academia en 1925 con la grafía folklore, y solo en 1970 se adoptó la forma actual folclore.

Se trata de una palabra compuesta formada por el vocablo germánico prehistóricofolkam 'pueblo', 'gente' y la forma verbal del inglés arcaico lore 'aprender'. De la antiquísima folkam se derivaron el alemán moderno Volk 'pueblo', presente enVolkswagen 'vehículo del pueblo', y el danés y sueco folk. Se cree que estas palabras están vinculadas a la base indoeuropea pel- 'llenar', de la cual también habría surgido el latín populus, origen del vocablo español pueblo así como del inglés people.

Lore, la forma arcaica del verbo inglés learn 'aprender', se derivó de la base indoeuropea leis- 'sendero', 'camino', que lleva implícita, según muchos lingüistas, la noción de "ganar experiencia siguiendo un camino".
Comentarios (0) - Categoría: TEXTOS DE E. PARDO BAZÁN - Publicado o 08-02-2013 12:13
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal