A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Suárez Picallo no cine
Neste fragmento, que corresponde á película emitida por televisión española "Clara Campoamor, la mujer olvidada", podedes ver a Suárez Picallo apoiando o voto da muller. A caracterización en xeral é bastante desafortunada (non só polo que toca ao personaxe de Suárez Picallo) mais é curioso.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-11-2012 18:52
# Ligazón permanente a este artigo
PRESENTACIÓN DO CADERNO DE ESTUDOS LOCAIS
Roteiro-magosto en Fontán, 18 novembro 2012. Manuel Pérez (Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo, Sada) presenta un novo exemplar do Caderno de Estudos Locais, "Fontán nas nosas letras", durante o magosto.



Outros interesantes vídeos gravados pola Plataforma en Defensa da Ría de Betanzos e Sada nas actividades ludico-festivas organizadas ultimamente para a defensa da costa de Fontán poden verse nos seguintes enlaces:


Historia do Castelo de Fontán

Características do cerquiño

Teatro no Castelo de Fontán
Información no xornal La Opinión
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 28-11-2012 00:30
# Ligazón permanente a este artigo
A EXPOSICIÓN "QUERIDO BALBINO"
Estes días pódese visitar no IES Isaac Díaz Pardo de Sada a exposición que, baixo o título "Querido Balbino", conmemora os 50 anos de Memorias dun neno labrego, o bestseller de Xosé Neira Vilas.

Precisamente, foi o autor quen inaugurou onte a mostra, acompañado do alcalde de Sada, un representante da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, a directora do centro e o presidente da A. C. Irmáns Suárez Picallo. No acto interviron varios alumnos e alumnas, que deron falaron acerca da biografía de Neira Vilas e deron lectura a un fragmento do libro.

Pola súa parte, a A. C. Irmáns Suárez Picallo aportou a mostra un artigo de Ramón Suárez Picallo que, segundo o propio Neira Vilas, é a primeira crítica que se ten realizado do seu libro, poucas semanas despois da súa saída do prelo. Reproducimos o texto tamén a continuación:




Ramón Suárez Picallo,autor da primeira reseña de Memorias dun neno labrego

Apenas un mes despois da saída do prelo da obra de Neira Vilas, o periódico Lugo (02/1961), editado en Buenos Aires polo Centro Lucense, publicaba a primeira reseña da novela. Asinábaa Ramón Suárez Picallo (Sada, 1894-Buenos Aires, 1964), o político e intelectual que, tras ser Deputado na II República, tivera que se exiliar logo da Guerra Civil. O vello galeguista mantiña daquela unha estreita relación coas xeracións máis novas da colectividade galega, entre as que xogaban un papel determinante Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda.


MEMORIAS DUN NENO LABREGO
Orixinal de Xosé Neira Vilas
Por Ramón Suárez Picallo


Estamos diante dun texto galego, inxel e absolutamente auténtico. Pepe Neira Vilas que xa se tiña revelando denantes coma un bon poeta, arrequenta agora con este libro a súa condición de gran prosista do noso idioma vernáculo.
Neira Vilas, que tendo como ten agora 32 anos, casado con Anisia Miranda, tamén poeta i escritora cubana de estirpe galega, sitúase na condición dun neno aldeán da comarca ribeireña do Petrucial Río Ulla, pra narrar as inquedanzas, as aventuras, as preocupacións e as angurias dun neno labrego que se chama Balbino.
Balbino é “un neno probe que está a mirarnos con ollos tristes, mentras nos vai contando os seus anceios e desventuras. Nasceu labrego nun país de leiras cativas e amos fachendosos. Ten un padriño sabio e un irmán na América. Conosce os trafegos da terra porque se criou entre angazos e forcadas. Sabe de restrebas, sementeiras e segas… A vida é un novelo. O mundo está acugulado de inxusticias das que son vítimas os iñorantes e os probes. As palabras sirven pra decir a verdade ou pra fuxir dela. E Balbino cavila todo esto. Máis alá do Xudío, ou de Eladia, ou de Pachín, está o xuramento feito no adro. Soña de día e de noite, pero herdou a fonda e vella sabidencia aldeán, e as ilusións non lle impiden ollar a realidade que o envolve. Non cree no destino. Di que as cousas acontecen asegún nós queiramos.
Mais un día o Landeiro ponlle diante as “Memorias do Capitán Smith”; e outro, a pique de morrer afogado, atopa a Lelo, o seu amigo, que máis tarde emigra e lle escribe dende o Brasil, Balbino non é un rapaz coma todos. Doille que non o comprendan. Síntese atafegado na aldeia. Quere elevarse, fuxir dos seres que soio pensan na maseira. E teima ser “alguén”. Non morrer de todo “cando morra”.
Entenderase, diante deste enunciado que o libro de Neira é un verdadeiro mensaxe; un mensaxe conmovedor para cantos fomos na nosa infancia, nenos labregos ou mariñeiros de Galicia, que rezábamos pra que Deus nos permitira fuxir da nosa propia terra. Da súa pobreza física, da súa soedade espritual e todo elo por causa dun antergo e catricentenario asoballamento. Balbino o narrador, e noso irmán, noso compañeiro, noso vello amigo, coa cachola chea de ilusión e anceios de fuxida. O gran drama de Galicia, do que os nenos pensan todos en arredarse.
O ámeto espritual de Balbino, é moi limitado; ten un límite aldeán nas ribeiras do Ulla máis por estensión é un ámeto que subxuga a tódolos nenos de Galicia, con anceio e cobiza de hourizontes ultramariños.
Hai no libro de Neira Vilas, ademais de todo esto un empeño de estética e de arte, moi rara entre os autores que escriben pra nenos e que non queren ser nenos. Escribir pra nenos é sentirse neno a vegada, require un outo sentimento artístico de ternura e de amor. E facer esto nun lenguaxe auténtico, inxel, e insobornabelmente galego, é certamente, unha gran obra de arte, que logrou na sua narración, de aparencia intrascendente, pero de fondura sicolóxica e nacional galega, o noso prosista Xosé Neira Vilas.
Os nenos de Galicia teñen un pensamento propio, un lingoaxe de seu, un xeito de espresarse facendo comparanzas, incruso coas letras do alfabeto; eisí a “ele” é o legón da labranza; a “o” é a roda do carro; e a “b” é o anzó dos mariñeiros. A “Ll” é o feixe de herba e a “n” é o símbolo de decir: non. Calor, neste sinificado das letras e a das verbas é a función -tiña que ser, mellor dito, a función- dos pedagogos. Os pedagogos non saben desto nin unha soia verba. En troques sabe moito, e vese na súa obra, Xosé Neira Vilas, situado na condición dun neno labrego de Galicia.
Saudamos nas “MEMORIAS DUN NENO LABREGO” de Xosé Neira Vilas, unha obra maestra, límpida prosa galega, de sicoloxía infantil, e de sentido mensaxe prós nenos de Galicia de onte, de hoxe e de mañán. E tamén para os grandes que, cicais por non saber entender os nenos do seu propio fogar e da su propia patria i estirpe críen fillos que, o longo, lles serán infideles; nemigos.
Saudamos tamén neste documento a aparisción de un grande e puro prosista do noso idioma galego, en xerarquía de suprema obra de arte popular.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 27-11-2012 10:20
# Ligazón permanente a este artigo
UN ADEUS A CARMEN

Hoxe tocaba falar de Xosé Neira Vilas, de Memorias dun neno labrego e da exposición itinerante -"Querido Balbino"- que aglutina autor e obra e que se pode visitar estes días no IES Isaac Díaz Pardo de Sada. Mais, por esixilo as circunstancias, cambiaremos de tema, co permiso que don Xosé de seguro nos concede de bo grao.

E é que vimos de despedir no cemiterio do Fiunchedo a unha muller de vida excepcional, non so pola extensión da mesma -98 anos-, senón polos trances e condicións tan dramáticas que houbo aturar na súa existencia. Falamos de Carmen Castro, que morreu onte 76 anos despois do asasinato salvaxe do seu marido en mans dos sublevados naquel verán de 1936.

Carmen Castro era unha rapaza de Mondego que casara en Sada cun home culto e lúcido, José Neira Torrado. Con so 18 anos, Neira era xa no 1931 un recoñecido dirixente sindical na vila, e formaba parte da directiva do Sindicato de Oficios Varios, da CNT, desde a súa fundación. No 1933 sería designado secretario da entidade obreira. Hoxe recoñecemos a súa caligrafía elegante e impecable nos escritos que se conservan do Sindicato. Un deles corresponde ao texto que encabeza unha recollida de sinaturas coas que, en outubro de 1932, se reclamaba a destitución da Corporación Municipal pola súa ineficacia a hora de xestionar unha partida de cartos para paliar o paro obreiro. Entre aquelas máis de 600 sinaturas figura tamén a de Carmen Castro.

José e Carmen eran un matrimonio novo con 2 fillos e a esperanza posta nun futuro máis xusto para eles cando o golpe militar de xullo do 36 rachou con todos os soños e con todos os proxectos. Un día -1 de setembro- José Neira desapareceu canda outro veciño seu, o seu compañeiro da CNT José Cadaveira. Os seus corpos sen vida aparecerían na parroquia de Crendes, en Abegondo, onde recibiron sepultura para sempre. O resto da historia é facilmente imaxinable. Carmen, da noite para a mañá, convertíase nunha viúva de 22 anos con 2 fillos ao cargo. O silenzo, a vexación e a indefensión serían os seus acompañantes naqueles anos grises de miseria. Vivir o drama sen poder contalo. Padecer sen consolo posible a traxedia de perder a home bo que non cometera máis delito que procurar o ben común, o avance colectivo cara realidades mellores en correspondencia ao seu pensamento libertario.

Hai cinco anos, Carmen coñeceu unha cativa reparación ao ver por vez primeira dignificada a memoria do seu marido: o nome de José Neira figuraba xa no bronce dun monumento as vítimas da represión franquista en Sada, obra do escultor Valdi e produto da iniciativa e do empeño de Jesús Castro (que pese a condicidencia no apelido non garda parentesco con Carmen) e das aportacións económicas xenerosas de veciños e veciñas. Desde aquela, cada 14 de abril a A. C. Irmáns Suárez Picallo realizamos alí unha ofrenda floral, ofrenda na que Carmen, cos seus noventa e moitos anos, participou varias veces, o que para nós era toda unha honra. O ano que ven xa non estará, pero prevalecerá o recordo daquela muller e da súa enorme dignidade.

Carmen, compañeira, que a terra che sexa leve.


M. Pérez Lorenzo
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-11-2012 19:37
# Ligazón permanente a este artigo
CICLOS DE CINE EN SADA

"La edad dorada del software Español" - 65 min - Canal C: (1999)
Viernes 23 de Noviembre - 20:00H
Casa de Cultura de Sada - Entrada Gratuita.


O día 23 péchase o ciclo "Informática clásica" cun estupendo documental, onde se narra unha época comprendida entre 1985 e 1991, coñecida como a Idade dourada do software Español, fomos 2ª potencia europea en creación e comercialización de videoxogos para computadores de 8 e 16 bits, só por detrás de Ou.K

Pequenas desarrolladoras convertéronse, nun curto espazo de tempo, en importantes empresas de software onde se exportaba a todo o mundo de xeito profesional, alcanzando gran fama mundial. Os xogos Españois son coñecidos polo seu altisima dificultade e orixinalidade, moitos destes xogos son clásicos recoñecidos fóra de España e dentro dela.

Son uns interesantes 65 minutos, onde poderedes coñecer unha parte importantisima do desenvolvemento de videoxogos en España, cando ordenadores como o ZX Spectrum, Msx, Amstrad ou Commodore copaban o mercado do lecer domestico.

Unha vez finalizado o documental teremos unha pequena exposición ata as 21:45, haberá varias mesas con material orixinal e un computador para poder xogar a xogos de compañías Españolas daquela etapa. Revistas, xogos en cinta de cassette, perifericos e algún computador de 8 bits en exposición

http://cicloscinesada.blogspot.com.es/
Comentarios (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 22-11-2012 13:08
# Ligazón permanente a este artigo
MAGOSTO EN FONTÁN!! DOMINGO 18
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 16-11-2012 16:15
# Ligazón permanente a este artigo
AUDIO DO HUMIDAL DAS BRAÑAS
Difundimos hoxe o seguinte audio rexistrado pola técnica de son Yolanda Mored no humidal das Brañas de Sada. Outra forma de achegármonos, a través do son, a riqueza, en forma de biodiversidade, que atesoura o gran pulmón verde de Sada.


Comentarios (0) - Categoría: Espazos naturais de SADA - Publicado o 14-11-2012 10:09
# Ligazón permanente a este artigo
ACTIVIDADES ORGANIZADAS POLA CONFRARÍA DE PESCADORES DE SADA EN COLABORACIÓN CO CEIDA

Aquí tedes os enlaces ás interesantes actividades formativas que a Confraría de Pescadores de Sada organiza en colaboración co CEIDA para os vindeiros días do mes de novembro:

15 de novembro. XORNADA “RESERVAS DA BIOSFERA: UNHA MAREA DE OPORTUNIDADES PARA OS NOSOS PRODUTOS.
Dará a coñecer as vantaxes das Reservas da Biosfera para a promoción dos produtos pesqueiros e a mellora da calidade do litoral. Entrada de balde. Prazas limitadas. Formulario de inscrición.

22 de novembro. FORO “BOAS PRÁCTICAS EN GRUPOS DE ACCIÓN COSTEIRA”.
Pretende dar a coñecer a relevancia do traballo realizado polos Grupos de Acción Costeira galegos e, en particular, presentar unha escolma daquelas iniciativas exitosas e de boas prácticas desenvoltas. Entrada de balde. Prazas limitadas. Formulario de inscrición

Comentarios (0) - Categoría: RSP-A voz de Ramón Suárez Picallo - Publicado o 13-11-2012 12:33
# Ligazón permanente a este artigo
PORTUGAL, NEUTRAL NA 2ª GUERRA MUNDIAL
Lisboa, novembro de 1942. Portugal recibe un ultimátum para entrar na guerra. O terror á ocupación nazi ou ao bombardeo aliado se adueña de Lisboa...
Portugal foi un refuxio temporal para los xudios, anti-nazis, os artistas e os espías...Na película Casablanca,cóntase como o líder da resistencia Victor Laszlo e a sua muller, Ingrid Bergman, tratan de chegar a Lisboa, escapando da persecución nazi en Europa...
RSP escribe este artigo ao respecto da postura portuguesa.
Na foto, monumento para lembrar ás persoas evacuadas de Xibraltar en Madeira.


12 de noviembre de 1942

PORTUGAL


Por Ramón Suárez Picallo

Radio París informa que en Portugal, fue reprimido un movimiento comunista, deteniéndose a 1.000 revolucionarios, en cuyo poder habríanse hallado armas y municiones en abundancia. Se agrega que el complot tendía a favorecer la intervención anglo americana en Portugal.

Ayer Radio Berlín –tan alemana como Radio París– informaba a su vez, que la policía española ha descubierto focos comunistas y de propaganda británica, protegida por funcionarios diplomáticos, en flagrante violación -según ellos– del Derecho de extraterritorialidad.

Y a todo esto, la vanguardia de las tropas alemanas ha llegado a la frontera española a lo largo de toda la cordillera pirenaica. ¿Qué busca? Lo de los focos y complots “comunistas”, no pasa de ser el conocido cuento del “coco”. Lo que ya es verosímil, es que haya en uno y otro país gentes partidarias de las democracias. Las hay, y algunas muy altamente colocadas, y dispuestas a todo, además. ¿Es contra ellas la cosa? En tal caso, debe pensarse que se trata de dar pretexto y facilidades a los que están en la frontera pirenaica.

La situación de Portugal es particularmente difícil. Si los alemanes atacan a Gibraltar por España, los ingleses exigirían el cumplimiento de su alianza para desembarcar en Portugal. Si Portugal se inclina del lado totalitario, las islas portuguesas del Atlántico, serán ocupadas por los norteamericanos en 20 minutos, así como una buena parte de sus posesiones coloniales; y si, en cumplimiento del pacto luso-británico, Portugal permite en sus costas un desembarco aliado, será automáticamente atacado desde España. Y se vuelve a 1808.

Como se ve, no es grano de anís lo de Portugal. Todo depende de que los alemanes, que están en los Pirineos, se queden allí o sigan adelante; si los alemanes entran en España, Portugal entra en la guerra en un plazo que puede contarse por horas.

(Artigo publicado no xornal La Hora, en Santiago de Chile, tal día como hoxe pero de ... 1942)
Comentarios (0) - Categoría: RSP-Pobos, cidades e lugares - Publicado o 12-11-2012 01:40
# Ligazón permanente a este artigo
TURQUÍA, NEUTRAL NA 2ª GUERRA MUNDIAL?

RSP comenta en 1943 a situación estratéxica que ocupa Turquia ante o conflicto bélico que se está a producir e, se pregunta pola posición que tomará no futuro...


11 de noviembre de 1943

TURQUÍA Y SU DIFÍCIL NEUTRALIDAD


Por Ramón Suárez Picallo

Turquía, constituye, con España y Suecia, un punto neurálgico, política y estratégicamente, en el actual y en el futuro mapa del mundo. Hasta el presente, la progresista República que fundó Mustafá Kemal, sorteó hábilmente, toda clase de dificultades, y mantuvo su “estatus” de neutralidad frente al conflicto bélico, a pesar de su alianza amistosa con Gran Bretaña, y del imperativo geográfico que la obliga a mantener buenas relaciones con la Unión de las Repúblicas Socialistas Soviéticas.

Por eso y por su vecindad con los países balcánicos, satélites del Eje; porque dispone de un poderoso contingente de fuerzas armadas; porque es llave maestra en una encrucijada de rutas y caminos; y, porque goza de alto prestigio diplomático y político en el mundo, Turquía ha sido una especie de niña mimada y regalona en los medios europeos a quien, tirios y troyanos hicieron toda suerte de fiestas y carantoñas para tenerla a bien y contenta.

Pero todo eso ocurrió hasta ahora, sin que ello signifique que las cosas ocurran de igual manera de ahora en adelante. Turquía, como todo hijo de vecino, tendrá que definirse claramente, antes de que se haga la paz, a menos de quedarse en posición insegura en el reajuste, inevitable, de la post-guerra, en el que Turquía tiene cuantiosos intereses que defender y salvaguardar. En tal sentido, sus gobernantes, especialmente el Presidente Inonu y su Canciller Menencoglu, andan estos días muy atareados en busca de unas perspectivas que les permitan saber a que atenerse en el presente y en el futuro.


¿AL LADO DE LAS DEMOCRACIAS?

No hizo falta, ciertamente, que la suerte de las armas fuese –como lo es hoy– decididamente favorable al grupo de las Naciones Unidas, para saber que la República turca, estaba de su parte y a su lado, dentro, naturalmente, de lo que tal inclinación es posible en una nación neutral y muy comprometida.

Cuando los totalitarios en concomitancia, tácita o expresa, con determinados sectores a la llamada “Pequeña Entente” y a la “Entente balcánica”, con vistas a mediatizar en su favor y provecho las naciones de aquella Península, calificada como el “barril de pólvora” de la Europa, Turquía, al igual que la Unión Soviética, dio su voz de alarma y ofreció su colaboración, entonces muy valiosa, para mantener el orden jurídico internacional en los Balcanes, en conformidad con tratados internacionales, menospreciados por todos; por los unos y por los otros.

Turquía no fue, entonces escuchada, y se recogió en sí mismos, convencida de que, totalitarios y apaciguadores claudicantes, eran más o menos, una misma cosa, sólo que al revés en sus finalidades.

Vinieron, después, los sucesos en el próximo y en el Medio Oriente, las derrotas aliadas en Grecia y en Egipto, y las posiciones, más decididas, en la Unión Soviética y, con ella –como regalo precioso de la Providencia– el entendimiento, forzado y obligado, entre las dos más grandes potencias burguesas del mundo y la gran República Socialista que, con su entrada en la contienda, modifica sustancialmente, el panorama militar, político y diplomático de las tres partes de las cinco del mundo.

Por su fisonomía política, por su historia reciente y por su peculiarísima posición geográfica, Turquía debía estar y los estuvo, al lado de las Democracias; pero no tanto, como para correr la triste suerte de España, de Checoeslovaquia, de Grecia, de Austria o de Yugoeslavia, abandonadas por los amigos, a la voracidad de los enemigos, cuando esa naciones podían y debían ser defendidas.

Los totalitarios conocían esta postura, desmedrada y desconfiada, de Turquía, y la aprovecharon cuando pudieron en su favor y beneficio. La elogiaron y mimaron de todos los modos y maneras, sacando de ello su buena cuenta, y pro. Pero hete aquí que las cosas han cambiado y en la paz que se avecina, nadie habrá de comer truchas teniendo las bragas enjutas, como dice el viejo refrán. Y por causa de ello, Turquía tendrá necesariamente que definirse antes de que la guerra termine en su aspecto militar.


LAS CONFERENCIAS DE MOSCÚ Y DEL CAIRO

No hace falta ser un lince, para saber, que la posición de Turquía, ha sido examinada en la histórica Conferencia de Moscú; y que el posterior encuentro en El Cairo, entre Mister Eden y el Canciller de Angora, saca de ello, una consecuencia directa lógica e inmediata.

Pocas horas antes de la “tenida” de ambos Cancilleres en la capital del Egipto, el Presidente turco, señor Inonu, declaró que su país está dispuesto a realizar nuevos y más cuantiosos sacrificio, si ello es necesario, para acortar la duración de la guerra. Posteriormente, los comentarios más autorizados aseguran que El Cairo, se llegó a un acuerdo completo sobre la base de la alianza turco-británica y de que, por ahora, Turquía podrá quedarse fuera de la guerra, a menos que se produzcan hechos nuevos, capaces de modificar esos puntos de vista.

En buenas cuentas, si los nazis no reaccionan ante las derrotas que están sufriendo y se avienen a bien morir, sin devolver los golpes por algún otro sitio. Turquía puede que siga neutral; pero sabiendo, todo el mundo, que ello ocurre así, porque las Naciones Unidas no necesitan de momento su entrada en la guerra y que, en caso de necesitarla, la tienen en bandeja de plata a cualquier hora del día o de la noche.

Por lo demás, las naciones balcánicas, vecinas de Turquía, según todos los indicios se preparan para abandonar -¡si pueden!– sus compromisos con el Reich; y Turquía, neutral, puede prestar, en tal eventualidad, importantes servicios a las mismas Democracias, si es que no se los está prestando ya, ofreciendo a los desesperanzados satélites del Eje, como salida, en una mano la paz y la guerra en la otra.

Porque Turquía, en defensa de sus intereses, presentes y futuros, aún siendo neutral en la teoría, hace mucho que, en la práctica, abandonó una neutralidad estricta que le sería muy difícil de mantener.

(Artigo publicado no xornal La Hora, en Santiago de Chile, tal día como hoxe pero de... 1943)
Comentarios (0) - Categoría: RSP-Pobos, cidades e lugares - Publicado o 11-11-2012 01:02
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal