A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

IV MARCHA A MEIRÁS
Sada - Trescentas persoas reclaman en Meirás que o Pazo sexa patrimonio público

Fonte: El Ideal Gallego


"Que saiba a familia Franco que non serán nunca ben recibidos en Sada nin en Galicia, e que deben devolver ao pobo ou que é do pobo. Acabáronse vos veraneos e bodorrios en Meirás". Unhas trescentas persoas escoitaron onte o reto que Manuel Monge, presidente da Comisión pola Recuperación dá Memoria Histórica, lanzaba aos propietarios do Pazo de Meirás no acto ideado para volver reclamar a súa devolución ao patrimonio público.
Os participantes na cuarta marcha cívica que a asociación convoca desde fai un lustro iniciaron o percorrido ao mediodía en Sada, para render homenaxe ás vítimas do franquismo nesta poboación a través das palabras do historiador sadense Manuel Pérez Lorenzo, e ante o monumento en recordo dos falecidos. Tras unha ofrenda floral, a comitiva dirixiuse ás portas do Pazo de Meirás, para escenificar alí o compromiso do caudillo sobre a entrega do pazo.
A representación, que a comisión xa levou noutras ocasións ás portas de Meirás, abriuse coa benvida dos actores Fernando Morán e Isabel Risco, que fixeron de mestres de cerimonias. Tras un recital de poemas de Celso Emilio Ferreiro sobre Franco no que interviñeron o escritor Francisco Pillado, Pilar Vázquez e Rexina Basandre, chegou o momento de sacar ao "escenario" ao ditador, encarnado polo actor Manuel Lourenzo.
Nun vibrante discurso, o caudillo recoñeceu ante os asistentes os "problemas e desgustos" que está a ocasionar o Pazo á familia Franco, e a decisión de devolvelo ao patrimonio público, a cambio dun "módico" prezo de trescentos millóns de euros.

"Vitoria"
A pantomima serve á Comisión pola Recuperación dá Memoria Histórica para sacar á luz as súas demandas, de cara á total recuperación da leira para o goce da cidadanía, tras a "vitoria" que supuxo a apertura semanal do Pazo, en cumprimento da Lei do Patrimonio Cultural de Galicia, tras a declaración do inmoble como Ben de Interese Cultural.
Pechou esta marcha cívica o presidente da comisión, lembrando o seu obxectivo primordial: "É a devolución do Pazo de Meirás ao patrimonio público porque iso é bó para Sada e para Galicia". "Os únicos que hoxe defenden en Sada que ou Pazo continúe en mans dá familia do ditador Franco son ou alcalde Anido, do Partido Popular, e ou exalcalde franquista, Ramón Rodríguez Ares, socio do PP", sinalou Monge.
Comentarios (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 07-11-2011 17:43
# Ligazón permanente a este artigo
O ROUBO DO PAZO DE MEIRÁS
O próximo día 6 de novembro terá lugar unha nova marcha cívica pola devolución do Pazo de Meirás. Nas seguintes liñas explicamos os porqués desta reivindicación e lembraremos como chegou o inmoble a ser propiedade da familia do ditador Francisco Franco.


O MEIRÁS DE EMILIA PARDO BAZÁN

As Torres de Meirás son produto da xenialidade de Emilia Pardo Bazán, unha figura relevante na literatura europea do seu tempo. A ela e á súa nai débese o deseño do edificio, dos seus ornamentos, da decoración interior, que deron lugar a un espazo orixinal, marcado pola forte personalidade de ambas mulleres. Así o comentaba un visitante nos anos 10:

Cada piedra, cada símbolo, cada detalle es una proyección espiritual de la gran escritora. […] La Condesa de Pardo Bazán, que supo pintar en los Pazos de Ulloa y en la Quimera los paisajes circundantes de la aldea, quiso enriquecerlos con una creación muy suya y construyó las Torres de Meirás. Son una obra más de Doña Emilia […] (Almagro, M.: La Esfera, 21/04/1917).

En Meirás escribiría dona Emilia gran parte das súas obras, pois era o seu lugar de residencia durante a metade do ano. Ela mesma afirmaba que alí era «donde me hallo mejor para sentir esta grata fiebre de la creación artística» («Apuntes autobiográficos», 1886). Na Torre de Levante instalaría a súa magnífica biblioteca.

A presenza de Emilia Pardo Bazán en Meirás converteu a aquel lugar das Mariñas en centro de referenza para a intelectualidade do Estado. As Torres serían lugar de paso obrigado para os escritores, artistas e personalidades que visitaban A Coruña: Unamuno ou Giner de los Ríos forman parte dunha longa lista de ilustres hóspedes. Ninguén podería pronosticar o futuro que lle agardaba ao inmoble.


DE CENTRO CULTURAL A CENTRO DA BARBARIE

A Guerra Civil, que segue ao golpe de Estado contra o marco democrático da II República, deviría na instauración dun réxime ditatorial, fascista e criminal encabezado polo xeneral Franco durante catro décadas. En Galicia, onde non houbo fronte de guerra nin batallas, os sublevados levarían a cabo unha intensísima actividade represiva desde o mesmo verán de 1936, asasinando a máis de 5000 persoas, co obxecto de inhibir calquera tipo de disidencia.

En Sada, e particularmente en Meirás, a represión sería moi dura, en resposta ao dinamismo social e político experimentado na República. Aos asasinados, simplemente por non coincidiren coa liña do novo réxime, habería que sumar os centos de veciños do municipio que tiveron que permanecer agochados durante anos, sufriron penas de prisión, torturas e procesamentos, foron obxecto de sancións económicas e laborais ou se exiliaron para salvar a vida.

Non se toleraba nada que non fose a adhesión decidida ao modelo instaurado polos militares, e calquera reticencia no pago de subscricións -supostamente «voluntarias»- a favor do exército ou doutros fins era motivo de sospeita. En novembro do 1936, ante o inicio dunha destas subscricións, o alcalde de Sada advertía que «lamentaría tener que incluir a ningún sadense en las listas negras que por orden del señor gobernador general se formarán con los malos patriotas» que non colaborasen (Arquivo Histórico Municipal de Sada, Goberno, Alcaldía Maior-Ordinaria, Bandos, 1415). Meses despois, a alcaldía facía outro chamamento a colaborar con aportacións para o exército sublevado, ameazando aos veciños con que «su negativa podría interpretarse como desafección al GLORIOSO MOVIMIENTO SALVADOR DE NUESTRA AMADA PATRIA» (id.). E a desafección podía motivar persecución, marxinación e a perda do traballo ou mesmo da propia vida.

Neste clima e neste contexto, un grupo de autoridades e empresarios -que logo gozarían de importantes prebendas- constituirían unha Junta Provincial Pro Pazo del Caudillo, co obxecto de mercar as Torres de Meirás e regalarllas a Franco como residencia estival. Así, o emblemático edificio converteríase en lugar de lecer do ditador e da súa familia, e entre as súas paredes celebraríanse consellos de ministros nos que, entre outras cousas, asinábanse as penas de morte por motivos ideolóxicos. Meirás era agora o centro da barbarie, capital nos veráns dun réxime fascista e criminal, que empregaba o terrorismo de Estado para impor os seus principios.


70 ANOS DE ESPOLIO CONTINUADO

Mais, cómo chegou o edificio a ser propiedade da familia Franco? O Pazo de Meirás non foi un regalo adquirido por subscrición popular. Foi un roubo ao pobo, un verdadeiro espolio.

Para mercarlle o pazo aos herdeiros de Emilia Pardo Bazán, iniciouse unha subscrición que, en plena guerra, era de todo menos voluntaria, como vimos en casos similares dese mesmo momento. Pero ademais, como os fondos recadados eran insuficientes, descontouse unha cantidade mensual das nóminas de traballadores e funcionarios e obrigouse aos concellos a aportar o 5% dos seus ingresos por contribucións (Oleiros, por exemplo, entregou 9.000 pts.). O custo do edificio e da súa reparación ascendeu a 1’2 millóns de pts., que foron sufragadas con eses mecanismos. O Pazo de Meirás entregaríaselle a Franco o 28 de marzo de 1938, asinando a aceptación o 5 de decembro.

Por se fora pouco, o terreo do pazo foi ampliado ata a actual extensión de 10 hectáreas mediante as expropiacións forzosas de fincas colindantes. Para conseguir as novas parcelas recorreuse aos mesmos métodos coercitivos, como aínda afirman as testemuñas. Os expropiados eran conducidos en vehículos militares a Betanzos para asinaren ante notario os cambios de propiedade, mediante ameazas e chantaxes.

Nos xardíns do pazo irían depositándose nas décadas seguintes multitude de obxectos e elementos arquitectónicos procedentes de toda Galicia. O pazo de Bendaña, en Dodro, foi desmontado e trasladadas algunhas das súas partes a Meirás, como tamén o foron fontes, pías bautismais e diversos ornamentos produto dun verdadeiro espolio por toda a xeografía galega. En varios casos xa foron reclamados por entidades públicas e asociacións.

Ademais, a familia Franco destruiría parte do legado de Emilia Pardo Bazán: desde documentación persoal ata diversos obxectos e mobiliario, desvirtuando notablemente o aspecto orixinal de parte dos interiores do edificio e facendo gala dunha escasa sensibilidade.


POLO BEN DE GALICIA E POLO BEN DE SADA,
MEIRÁS DEBE SER RECUPERADO PARA O USO PÚBLICO


É por todas estas razóns, por como foi adquirido e polo significado que ten, que o pazo de Meirás debe ser devolto ao patrimonio público. Non é de recibo que as propiedades coas que se fai un ditador no exercicio do seu cargo -e no marco dun réxime criminal- sexan transferidas á súa familia. En calquera Estado democrático pasarían a ser patrimonio público. Mais hoxe a familia Franco conta cunha fortuna que supera os 600 millóns de euros e conserva, ademais, os regalos cos que Franco foi obsequiado como Xefe de Estado, que non se poden herdar. Durante anos, seguiron a disfrutar de numerosos privilexios: pensións millonarias, pasaporte diplomático…

Desde hai anos estase a reclamar por parte da sociedade a devolución do inmoble. Grazas a esas presións e ao impulso do anterior goberno municipal de Sada (BNG-PSOE), conseguiuse que, como primeiro paso, o Pazo de Meirás fora declarado Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galicia (PSOE-BNG) en decembro de 2008, o que supuña a obriga da súa apertura para visitas públicas gratuítas un mínimo de catro días ao mes. A familia Franco interpuxo múltiples recursos xudiciais coa intención de evitar o cumprimento da lei, e a partires de 2009 obtiveron a total conivencia do novo goberno da Xunta (PP), o que supuxo que a apertura do pazo fose quedando adiada ata que, esgotadas todas as vías, non tiveron máis remedio que permitir as visitas en marzo de 2011, sen sancionar en ningún caso aos Franco coas cantidades estipuladas polo incumprimento da Lei de Patrimonio Cultural de Galicia.

A apertura, ademais, realizouse logo da sinatura dun convenio da Xunta coa familia Franco polo que se pretende impor todos os atrancos posibles para que o edificio reciba o menor número de visitas: horarios restrinxidos aos venres ata as 18:00 h., necesidade de ceder datos persoais a unha empresa privada de seguridade, etc. Para colmo, o pazo foi pechado pola Xunta no pasado mes de agosto con motivo do veraneo dos Franco, o que, ademais dunha infracción da lei, constitúe unha evidencia do posicionamento do goberno autonómico como defensor dos intereses da familia do ditador. Posición á que se adheriu con entusiasmo o actual goberno local (PP-PDSP), priorizando o interese particular da familia Franco sobre o dos veciños e veciñas aos que representan e facendo gala dunha actitude nostálxica do franquismo.

O feito de que Meirás sexa visitable, ademais de ser un primeiro paso para facer xustiza nun caso de flagrante espolio, sen dúbida podería repercutir positivamente na economía local, como factor de atracción de visitantes, e podería constituír un importante instrumento pedagóxico polo indubidable valor histórico que ten.

Por todos estes motivos, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica e a Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo esixen a súa devolución ao patrimonio público, e, mentres que esta non teña lugar, o cumprimento da lexislación por parte da Xunta de Galicia e da familia Franco.
Comentarios (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 05-11-2011 10:19
# Ligazón permanente a este artigo
OS XÓVENES APORTAN NOVAS IDEAS

Benjamín Claro Velasco,con 40 anos foi nomeado ministro de Educación(1942-1944) no goberno do presidente chileno Juan Antonio Morales,e destacou por importantes aportacións no campo educativo. Neste artigo RSP resalta a importancia das innovacions dos gobernantes xóvenes na política...



4 de noviembre de 1942

LA LETRA ENTRA CON MÚSICA


Es natural que los viejos políticos, de la política vieja, viejos unos y la otra en su acepción espiritual más que de edades echando lumbre, ante el triunfo de la juventud en las tareas de Gobierno, que ellos consideraban menester de quienes se doblaron el recodo de los 50.

-“Cuando usted tenga mis años y mi experiencia, joven amigo, hablaremos. Mientras tanto, me basta que entregue su juventud, dinamismo y su talento al partido, o al grupo, especialmente en las campañas electorales o cuando mucho, desde una banca parlamentaria”.

Tales, o parecidas, solían ser sus sesudas razones, adosada con frase campanuda y gesto patriarcal. Mas hete aquí que la juventud, alguna que otra vez, por méritos logrados a pulso, se dedica a gobernar y lo hace bien y con soltura; y entonces el ególatra gruñón –que creía que la Alta Política debe tener relación directa con peinar canas– se siente desplazado y superado y exclama:

-“Pero qué tiempos señor; ¿ha visto usted, don Emerenciano, a esos jovencitos Ministros de Estado, al frente del Orden público, resolviendo grandes problemas políticos y sociales o dirigiendo la Educación Pública, que en nuestros tiempos era tarea de dómines experimentados aunque fueran escasamente iletrados?”.

-Así andan las cosas, mi señor don Emerenciano;- ¿ha visto usted ese joven Ministro de Educación que le pide al Rector de la Universidad, que incluya entre las enseñanzas, conciertos de música clásica, no sólo para los estudiantes, si no que también para los empleados? Subversivo, señor, altamente subversivo –“y luego de una buena tirada contra los “agentes de Moscú” en relación estrechísima con la “Novena Sinfonía”, recuerdan el dicho que, en sus tiempos, era toda una doctrina pedagógica: “La letra con sangre entra”. Y se van a la redacción de su diario, vespertino o matutino, a insinuar una buena parrafada contra el Gobierno en general, o, en particular, contra tal o cual Ministro, que por su juventud e inexperiencia, está llevando al país al borde de terribles abismos de cultura o de Revolución social.

Mientras tanto, los muchachos que estudian, escucharán, después de la seca lección de gramática, de economía Política o de “Acto Administrativo”, las deliciosas armonías de una “Polonesa” de Chopin. Y estarán encantados sabiendo que el viejo dicho que afirma que la letra entra con sangre ha sido modificado. Ahora la letra entra con música y, además, con buena música.

Y todo porque hay un Ministro joven que se llama Benjamín Claro Velasco, que tiene sobre cultura y educación, ideas también jóvenes, para que rabien don Emerecundio y don Emerenciano.

(Este artigo publicouse no xornal La Hora, en Santiago de Chile tal dia como hoxe pero de... 1942)
Comentarios (0) - Categoría: RSP-Persoeiros (intelectuais) - Publicado o 04-11-2011 00:20
# Ligazón permanente a este artigo
GOBERNAR É PRODUCIR
Enrique Arriagada Saldías foi un político chileno, ministro de Xustiza e tamén de Terras e Colonización ocupando esta carteira dende o 21 de outubro de 1942 ata febreiro de 1943 no mandato do presidente Juan Antonio Ríos (1942-1946) cuio lema era: Gobernar es producir
RSP neste artigo comenta os esforzos do goberno chileno para conseguir que Chile produza o necesario...


3 de noviembre de 1942

NI UN PALMO DE TIERRA SIN PRODUCIR


Por Ramón Suárez Picallo

Tiene muchísima razón el ministro señor Arriagada, al suponer que la recuperación de baldíos y pantanos, haciéndolos producir, determinará un valioso aporte al problema de abaratamiento de la vida.

En su oportunidad S.E. el presidente de la República, lanzó al país la consigna única para la solución adecuada: “Producir más, producir mucho más”. Poner en producción todas las fuentes nacionales de riqueza, sin excluir ninguna. Descubrir las que aún están inéditas. Volcarse en esfuerzo y en ahínco, en fervor y en esperanza, sobre la tierra virgen o semi virgen de Chile, para obtener de ella la abundancia de frutos que la tierra no niega nunca. Frutos que vendrán a enriquecer la gran Despensa Nacional.

Es, sin duda alguna al conjuro de aquella consigna, que el señor Ministro Arriagada, convocó a los técnicos vinculados a la economía agropecuaria, para trazar un vasto plan de aprovechamiento de tierras actualmente improductivas a lo largo de todo el territorio nacional.

Hoy no hay tierra que no produzca. Toda la tierra da algo. La que no da lechugas, trigo o maíz, da árboles o pastizales o caña brava para celulosa o frutales o maderas. Y todo eso es riqueza que el país necesita para las necesidades de sus habitantes. No hay país rico con habitantes pobres. Y muchas veces las tierras pobres mantienen habitantes ricos. Las tierras de la rica Holanda eran inmensos arenales. Y las de Cataluña eran arenales o riscos; y el campesinado catalán era relativamente rico. La técnica y el agua hicieron el paradojal milagro.

Un forastero proveniente de tierras cultivadas hace mil años, jamás se explicará el porqué en Chile están carísimos los productos de su suelo, después de echar una mirada al paisaje, jugoso y exuberante del centro y del sur, se lo explicará después de saber que esa tierra está inculta o mal cultivada; que por ello no produce ni una décima parte de lo que producen las tierras más cansadas y menos fértiles de donde él proviene.

A resolver la contradicción tienden los esfuerzos del Gobierno. Y resolverá sin duda con la cooperación del país, que tiene el deber de prestársela. Porque se trata de enriquecer a la nación que es el patrimonio sagrado de todos los chilenos. Y se empieza proclamando que no debe haber un palmo de tierra sin producir.


(Artigo publicado no xornal La Hora, en Santiago de Chile tal día como hoxe do ano... 1942)
Comentarios (0) - Categoría: RSP-Tal día como hoxe... - Publicado o 03-11-2011 00:21
# Ligazón permanente a este artigo
CARTA DE RSP A FRANCISCO REGUEIRA -3-
Unha nova carta de Ramón Suárez Picallo ao seu amigo Francisco Regueira escrita tal dia como hoxe pero 78 anos atrás...

Madrid, 2 de noviembre 1933

Sr. Francisco Regueira

Mi querido e inolvidable amigo:

Acabo de llegar de Galicia con el título de Bachiller en el bolsillo, y una nueva matrícula de Honor en “Agricultura y Economía agrícola”, y, además, de dar cuatro o cinco mitines galleguistas. Al llegar, entre 170 piezas de correspondencia, hallo la tuya y otra de Meilán con todo lo pedido. Un millón de gracias por eso. En cuanto a lo otro, el resto de tu carta, sólo con esta lágrima que está pugnando por caer, se puede pagar tal caudal de afecto, de lealtad, de “derechura” y de aliento como el tuyo. Esa esbelta generosidad, esa clara amistad resalta más en mi ánimo cuando en mi redor –salvando la excepción que son los nuestros– sólo veo espectáculos de cativez sórdida, de envidias impotentes. Esos alientos tuyos y los que me tributa la parte más noble de nuestra Galicia –los labriegos y los marineros que me quieren con verdadero fervor–, alumbran el camino de mi vida. Tú porque me conoces y me quieres, y ellos porque, sometidos eternos, escuchan de mis labios palabras de fe y de esperanza jamás escuchadas, porque quienes les hablaron no la tenían, y porque llega hasta sus almas el temblor fraternal que estremece la mía. ¡Es algo maravilloso nuestro pueblo! Intuye, presiente y juzga con claridad poco común. El galleguismo es lo único que les merece fe. También somos los únicos que nos acercamos a ellos y a sus problemas. Vé: el penúltimo domingo hablé en Tomiño, el último en Maniños y Ferrol, y el próximo hablaré en Abegondo, y así sucesivamente. Los grupos surgen por todas partes. Galicia se cubriría de ellos si el Partido tuviese personas pagadas, dedicadas exclusivamente a organizar.
¿Viste la Reforma Agraria? Os la envié, y espero que la publiquéis.
Hoy leí a Zulueta el párrafo de tu carta. Así que llegue Gordón Ordaz lo saludaré pues es buen amigo mío. Vuestra actitud con referencia a él fue un acierto político que puede tener consecuencias muy felices. Es muy amigo de Gallástegui, y Gallástegui es afiliado al Partido nuestro. Y, además, Director de la Misión Biológica, el gran Laboratorio de la Galicia nuestra. (Porque Galicia será “nuestra”, absolutamente nuestra.) ¿De qué más quería hablarte? Ya me acordaré. Por lo de pronto, mis saludos cordialísimos a toda nuestra gente, y tú recibes el abrazo fuerte y largo de tu invariable,

R. Suárez Picallo
Outras cartas a Fco. Regueira
Comentarios (0) - Categoría: RSP-Correspondencia con Francisco Regueira - Publicado o 02-11-2011 00:12
# Ligazón permanente a este artigo
CLAUSURA DA EXPO. FRANCISCO VARELA POSSE
Logo dun mes desde a súa inauguración, onte clausurábase a exposición dedicada ao fotógrafo
Francisco Varela Posse, organizada pola A. C. Irmáns Suárez Picallo. Ao longo deste mes de outubro, a capela de San Roque acolleu unha mostra das súas fotografías -nas que retrata á Sada dos anos 20 a 50-, varios paneis de información biográfica e unha vitrina con obxectos persoais.

A exposición acompañouse dun nº dos Cadernos de Estudos Locais dedicado a Varela Posse, no que se recollen unhas notas biográficas, un artigo da revista Céltiga sobre el e unha selección de fotografías. Tamén no marco da exposición tivo lugar, o 14 de outubro, a presentación do nº 3 da revista Areal, coa actuación musical de Susana de Lorenzo e Rupert Twine. No mesmo acto, Fina Varela, a filla de Francisco Varela Posse, foi nomeada Socia Honoraria da nosa Asociación. Queremos reiterar o noso agradecemento por ternos facilitado gran parte dos materiais.

Durante estes días -do 4 ao 31 de outubro- visitaron a exposición máis de 1600 persoas, polo que esta Asocicación amósase agradecida e satisfeita cos resultados acadados.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 01-11-2011 10:05
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3
© by Abertal