A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Rogelio Martínez Barreiro, o último republicano no Uruguai
No día de Fin de Ano, recibimos do noso colaborador e bo amigo José María Monterroso Devesa, nestes intres en Montevideo, esta necrolóxica do pasamento de Rogelio Martínez Barreiro, o derradeiro republicano español no Uruguai...
Redondelám que acaba de deixar-nos.
Sua mulher é prima de Pucho Boedo.


ROGELIO MARTÍNEZ: O ÚLTIMO REPUBLICANO


Cando se di, en falando de España, “a bandeira republicana”, “o hino de Riego”, “o exército republicano”, ou “a República”… estáse facendo reducionismo. E reducionismo inducido por décadas de ditadura deformante. Pois non outra cousa é isto que reduz o republicano a un significado parcial que só a unha parte do ser español fai referencia.
Aí está a perversión da linguaxe, pois eses bandeira e hino e aquel exército son, en legalidade, a bandeira, o hino, o exército da España constitucional, a única verdadeiramente constitucional do século vinte español, a España que os españois se votaron sin ningún tipo de preacordos, nin renuncias, nin limitacións, nin consensos previos, o memorable mil novecentos trinta e un.
Todo isto veunos á cabeza co pasamento de Rogelio Martínez Barreiro que, aos seus noventa e un anos, ben pode ser considerado como o derradeiro republicano español no Uruguai. Con todo o que a calificación poda ter de relativo, el foi, entre os elexidos da Historia, realmente o último. O último entre aqueles que, ata a morte e desde o exilio perenne, souberon ser leais, e así proclamalo, a uns principios polos que loitaron toda a sua vida, particular e dolorosamente, desde a definitiva caída da República Española en mil novecentos trinta e nove.
Que aquela República non chegase a ser federal (daí a amarga conclusión do noso Castelao) non evitou que as tres comunidades con língua diferente do español acadasen cadanseu estatuto de autonomía, o galego, ben o sabemos, interrompido polo propio estourido da guerra fratricida.
Tamén a esta España actual, que se dí ven sendo federal nos feitos, fáltalle rematar o proceso que levará inevitablemente á supresión das provincias (remanente do centralismo decimonónico) e os seus parlamentos seudodemocráticos (chamados deputacións), en obvia contradicción coa existencia dos gobernos autonómicos.
Alén do seu ensaio “Una derrota advertida”, sobre a infausta guerra dos xa potentes Estados Unidos de América contra a decadente España borbónica que, no noventa e oito, quitou á metrópoli o resto do imperio –Cuba, Puerto Rico, Filipinas- para convertilo en colonia ianqui… Rogelio lle prestou a España e ao Uruguai –e como galego a Galiza- o servizo impagable de contribuir á historia do exilio español e de resgatar figuras senlleiras para ambos os países –Mercedes Pinto, José Bergamín, Rafael Alberti-, e entregounos a todos a testemuña cotidiana da sua lealtade republicana.
Unha bandeira da República Española cobreu virtualmente o seu sartego: que a terra montevideana lle sexa leve!

José Monterroso Devesa. Montevideo, 27-12-14. SEG 28-12-14.


De El Observador, domingo 28.-

Rogelio Martínez Barreiro


(Q.E.P.D.) - Falleció en la paz del Señor, el día 27 de diciembre de 2014. Su esposa: Antonia Boedo; su hija: Carmen Martínez; sus nietos: Jonathan y Christian; su yerno: Claudio; sus sobrinos: Gonzalo y Fernando; sus sobrinos nietos: Valentina, Ignacio, Sofía, Candela y Matías; su cuñada: Gladys; demás familiares y amigos participan con profundo dolor dicho fallecimiento y su sepelio ya efectuado el día 27 de diciembre de 2014 en el cementerio del Norte. (Emp. Abbate y Cía.)
Comentarios (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 02-01-2015 18:36
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal