A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

DÍA DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

Hoxe 30 de xaneiro, no que lembramos o 66 aniversario da morte de Gandhi, temos que ser conscientes que aínda estamos a tempo de cambiar unha cultura de imposicións, de medo, de intolerancia, de abuso de poder e transformala noutra cultura no que o respeto as minorías, sexa o camiño para o diálogo, a tolerancia, o entendemento, a concordia, a reconciliación, o traballo en equipo,... e nos achegue a unha forma de cultura de progreso e paz que dende a escola, a familia, as entidades sociculturais, sindicatos e grupos políticos, temos a obriga de fomentar e sementar...


Que é a cultura de paz?

Según a definición das Nacións Unidas (1998, Resolución A/52/13), a cultura de paz consiste en unha serie de valores, actitudes e comportamentos que rexeitan a violencia e preveñen os conflictos tratando de atacar a suas causas para solucionar os problemas mediante el diálogo e a negociación entre as personas, os grupos e as nacións.

. A Declaración e o Programa de Acción sobre unha Cultura de Paz (1999, Resolución A/53/243) identifica oito ámbitos de acción para os actores a nivel local, nacional e internacional que propoñen:
1. Promover unha cultura de paz por medio da educación.
2. Promover o desenrolo económico e social sostible.
3. Promover o respeto de todos os dereitos humáns.
4. Garantir a igualdade entre mulleres e homes.
5. Promover a participación democrática.
6. Promover a comprensión, a tolerancia e a solidaridade.
7. Apoiar a comunicación participativa e a libre circulación de información e coñecementos.
8. Promover a paz e a seguridade internacionais.

Hoxe máis que nunca, debemos redoblar esforzos para construir xuntos unha Cultura de Paz, e para elo, un dos maiores desafíos que temos é mellorar o diálogo, a comprensión e la colaboración entre as persoas, grupos, entidades, culturas e civilizacións.
Para máis información
Ver Seminario Galego de Educación para a Paz
Ver artigos de RSP sobre Gandi
Comentarios (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 30-01-2014 01:09
# Ligazón permanente a este artigo
A LENDA DA PASTORIZA por Emilia Pardo Bazán
Según Leandro CARRÉ ALVARELLOS,no seu libro As Lendas tradizonaes galegas, editado polo Museu de Etnografía e História, Junta Distrital do Porto, Porto, Portugal


"...A actual igrexa parroquial de Pastoriza no concello de Arteixo é moderna, edificada nos derradeiros anos do século XVII, mais sustituiu a outra anterior que era moi antiga, "antiguísima", segundo di un documento dquela época.
Agora ben, a Virxe de Pastoriza gozou e goza aínda de grande popularidade, non só na Coruña, senón tamén nas bisbarras das Mariñas e mais de Bergantiños. E, como acontece con outros santuarios, ten a súa lenda que foi, quizais, a que máis sona deu a milagreira imaxe que con tantos devotos conta, como demostraban os contiosose curiosos exvotos que enchían hai algúns anos as paredes interiores da igrexa e aínda os teitos, dos que penduraban interesantes modelos de embarcacións de toda clase. É pena que teñan desaparecido aquelas mostras da fe popular e de testemuñas debidas tamén á sinxeleza dunha arte inxenua, simple mais interesante para o estudio da etnoloxía do noso pobo.
Nun curioso libriño publicado por dona Emilia Pardo Bazán o ano 1887, titulado La Leyenda de la Pastoriza, fai historia desta lenda e dí como o rei suevo de Galicia, Rechiario ou Requiario, primeiro rei cristiano da Hispania, fundou a igrexa de Pastoriza na que se adoraba unha imaxe da Virxe...."

Pódese ler o contido do libro no pé.
Para saber máis de E. Pardo Bazán
ler copia dixitalizada do texto de Pardo Bazán
Ler texto completo de Carré Alvarellos
Comentarios (0) - Categoría: TEXTOS DE E. PARDO BAZÁN - Publicado o 29-01-2014 03:16
# Ligazón permanente a este artigo
EMILIA PARDO BAZÁN A CONDESA REBELDE (e 2)
A directora do filme Emilia Pardo Bazán a condesa rebelde, Zaza Ceballos, explicou que tres personaxes fundamentais do século XIX, que "casualmente eran tres mulleres galegas e coetáneas", Emilia Pardo Bazán, Rosalía de Castro e Concepción Arenal, fixérona idear unha especie de triloxía que inaugura a autora coruñesa. O obxectivo último do filme é recoller todos os elementos que conformaron a vida e a obra de Pardo Bazán, intentando ser o más fiel posíbel á realidade.
O contorno que pisou a escritora recréase en distintos espazos con gran realismo: a Casa-Museo da escritora, sede da Real Academia Galega, onde rodaron algunhas escenas da súa xuventude; o mosteiro de Poio (Pontevedra) recrea unha librería presente en toda a película e onde a autora debatía co libreiro e a súa filla; tamén se utilizaron lugares como os xardíns do Pazo de Meirás, o Ateneo de Madrid ou a Fábrica de Tabacos da Coruña, que inspirara a Pardo Bazán para escribir La Tribuna.

No proceso de documentación da película colaboraron especialistas na vida e obra da ilustre escritora, como Darío Villanueva, secretario da Real Academia Española, Xosé Ramón Barreiro, experto pardobazanista, Ángeles Quesada, autora de numerosos artigos sobre a escritora ou Julia Santiso, conservadora da Casa Museo de Emilia Pardo Bazán.

Interpretar a unha muller tan contundente, intensa e emblemática como Pardo Bazán requiría doutra muller con forza e personalidade na pantalla. A elixida foi a galega Susana Dans. Traballar co personaxe foi un traballo fondo, debido "á gran cantidade de material sobre a escritora".
A interpretación susténtase tamén con actores e actrices, tanto galegos como do resto do territorio español. Mabel Rivera, Antonio Durán "Morris", Manuel Lourenzo ou Casilda Alfaro representan "as voces críticas ou de aceptación da escritora no contorno da sociedade onde viviu", segundo a directora.

O filme foi, na súa maioría, realizado por mulleres, desde a dirección, o guión, a produción, o maquillaxe ou o estilismo. Este trazo concorda co afán de mostrar as contribucións de Pardo Bazán na consecución da igualdade entre homes e mulleres, un trazo latente en toda a obra. Ademais, a directora destacou a gran axuda da Secretaría Xeral da Muller e da Consellería de Educación e Cultura.

Os enlaces ao pé permiten visionar a terceira e cuarta parte.
A condesa rebelde 4/4
A condesa rebelde 3/4
Ver Emilia Pardo Bazán a condesa rebelde (1)
Comentarios (0) - Categoría: Biografías-Emilia Pardo Bazán - Publicado o 28-01-2014 00:48
# Ligazón permanente a este artigo
EMILIA PARDO BAZÁN A CONDESA REBELDE (1)
Emilia Pardo Bazán, a condesa rebelde é unha longametraxe galega para televisión, producida en 2011 con dirección de Zaza Ceballos. É unha biografía sobre Emilia Pardo Bazán, e foi estreada o 28 de setembro de 2011 no Teatro Rosalía Castro da Coruña.
Emilia Pardo Bazán (A Coruña, 1851 - Madrid, 1921) autora de obras tan emblemáticas da literatura galega en lingua castelá como Los pazos de Ulloa e La madre naturaleza, estivo chea de "escándalos e polémicas". Gozou da amizade de Victor Hugo, Benito Pérez Galdós, Miguel de Unamuno e de Clarín, entre outros soados escritores.
Pioneira en moitas facetas, foi a primeira muller en España que desenvolveu unha cátedra universitaria, a primeira xornalista profesional da península, ideóloga do feminismo decimonónico e autora de novelas, libros de viaxes, biografías e preto de mil ensaios, artigos e crónicas na prensa española e internacional.
A trama arranca tras a publicación da novela La Tribuna e o volume La cuestión palpitante, cando a polémica explota nos círculos conservadores. É nese momento cando Emilia Pardo Bazán decide dedicar a súa vida á literatura.


Presentamos a longametraxe EMILIA PARDO BAZÁN A CONDESA REBELDE dividida en catro partes. Os enlaces ao pé permiten visionar as dúas primeiras.
A condesa rebelde 2/4
A condesa rebelde 1/4
Ver Emilia Pardo Bazán a condesa rebelde (e2)
Comentarios (0) - Categoría: Biografías-Emilia Pardo Bazán - Publicado o 27-01-2014 00:01
# Ligazón permanente a este artigo
26 xaneiro: DÍA MUNDIAL DA EDUCACIÓN AMBIENTAL

O 26 de xaneiro se celebra o “Día mundial da Educación Ambiental”
A primeira referencia ao medio ambiente xurdiu na Conferencia de Estocolmo, convocada polas Nacións Unidas en 1972, e na que se creou o Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA). Máis tarde en 1975 , tivo lugar outra reunión sobre educación ambiental: o Seminario Internacional de Educación Ambiental de Belgrado, no que os asistentes suscribiron a chamada Carta de Belgrado sobre Educación Ambiental enunciando os seus obxectivos.

En Galicia, na primavera de 2001 a Sociedade Galega de Educación Ambiental (SGEA) constituíuse como asociación profesional co ánimo de aglutinar o traballo de moitas persoas que se viñan significando, algúns dende finais da década dos setenta na promoción da Educación Ambiental en Galiza, e que decidiron asociarse para darlle continuidade e profundidade a ese traballo e avanzar dende unha perspectiva colectiva e plural na construción dunha sociedade máis xusta, respectuosa e responsábel co Medio Ambiente.


Que esta data axude a tomar conciencia que, en Sada, podemos e temos moito que facer neste ámbito.
Libro blanco da EAmbiental
A carta de Belgrado
Centro de Información e Documentación Ambiental de Galicia CEIDA
Comentarios (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 26-01-2014 08:54
# Ligazón permanente a este artigo
DE QUE FALAMOS CANDO FALAMOS DE LIBERDADE INFORMATIVA
No ano 1988 o lingüista e activista social Noam Chomsky xunto co seu parceiro Edward S. Hartman deu o prelo un traballo fundamental para coñecer o papel dos medios de comunicación de masas máis aló do paradigma teórico liberal da liberdade de prensa. O libro que na súa edición orixinal en inglés levaba o título “Manufacturing Consent: The Political Economy of the Mass Media” traduciuse o castelán como “Los guardianes de la libertad” bastante menos explícito que o orixinal.

Neste libro, centrado nos medios de comunicación dos EE. UU pero aplicable cos correspodentes matices o resto de estados, os autores manteñen, mediante exemplos do tratamento polos medios de determinadas noticias, que os medios de comunicación nos EE. UU (substituíase aquí por España) son institucións ideolóxicas e festivas e poderosas que levan a cabo unha función propagandística das forzas do mercado que redundan e conforman un sistema de propaganda.

Os intereses empresariais e gubernamentais delimitan os temas, definen o tratamento das noticias, imprimíndolle un sesgo favorable aos seus intereses.

Un exemplo deste tratamento no noso Estado acabamos de velo en relación coas manifestacións populares no barrio burgalés de Gamonal.

Deixando de banda o exemplos máis evidentes, e directamente interesados, de manipulación, como o caso do diario burgalés (Diario de Burgos, o outro xornal da capital burgalesa, o Correo de Burgos é doutro construtor rival e colega do propietario do primeiro e implicado no caso Gürtel) pertencente o empresario que estaba detrás do gran negocio da construción do bulevar (e a concesión dun aparcadoiro privado), as informacións da meirande parte dos medios caracterizábase pola abstracción do transfundo social do movemento veciñal, quizais porque isto equivalería a ter que falar das conexións espurias entre o poder político e empresarial tan característica do actual “capitalismo de amiguetes”.

Polo contrario, fíxose dos casos de violencia rexistrados durante as manifestacións pacíficas referente informativo. As principais cadeas de televisón xeneralista, en mans de dúas grandes corporacións que pousen a maioría das canles, o que non semella fornecer o pluralismo precisamente, (en realidade sempre hai que ter moi presente quen son os donos da información no noso país, recomendo vivamente o blogue “La mirada del testigo” que nos ofrece un cadro sinóptico da propiedade dos medios no noso país) foron máis aló, e seguindo o mantido desde o Ministerio do Interior aseveraron que detrás de todo o movemento estaban “comandos itinerantes” alleos os veciños do barrio, inda que curiosamente os detidos pola policía eran todos de Gamonal. Este tratamento deuse tamén, o que sen dúbida é máis sangrante, nas cadeas de titularidade pública (a cadea estatal chegou a emitir imaxes de coches queimados que non se correspondían cos feitos de Gamonal).

Iso por non falar de quizais a maior estafa os consumidores de televisión a TDT (Televisión Dixital Terrestre), vendida como o futuro radiante da televisión é convertida, grazas a un sistema de concesións de frecuencias feito a medida dos grandes intereses económicos e políticos, en refuxio da chamada TDT Party, contedor das información máis sectarias, inxuriosas case que deica o delito, e difamatorias. Neste conglomerado chegouse a dicir respecto a Gamonal, como forma de sinalar unha delirante relación co entorno etarra, que non se queimaban os caixeiros das entidades vascas.

Deixando de banda a responsabilidade dos profesionais do sector, que están sometidos a presión engadida da crise dos medios de comunicación, a súa responsabilidade ante os seus lectores e/ou espectadores/oíntes, todos nós temos que ser conscientes da nosa responsabilidade particular como clientes dos medios de comunicación.

En primeiro lugar, abandonado a pasividade ante os medios, nomeadamente a televisión, facendo uso do potencial das novas tecnoloxías, das chamadas redes sociais, para facer valer o noso poder como consumidores, do mesmo xeito que facemos noutros ámbitos do consumo. É como consecuencia desto, esixindo unha maior pluraridade, obxectividade e veracidade das informacións, e asemede unha separación visíbel entre información e opinión.

Quizais deste xeito poderiamos facer imposible a emisión de programas televisivos que fan do morbo o alimento diario para telespectadores pouco esixentes. O tratamento dado o crime da nena Asunta, no que as mentiras, os infundios e as medias verdades, son subministrados en doses masivas por paneis de sedecintes expertos, é un claro exemplo de que o obxectivo fica moi lonxe de ser a información senón o espectáculo. Un espectáculo construído ignorando o respecto debido a vítima, a presunción de inocencia, o segredo do sumario e todo aquilo que a información veraz debe respectar.

Desgraciadamente é un xénero que ten xa tradición, inaugurado polo chamado crime de Alcasser, e que mantense porque ten audiencia, público que é receptor pasivo do barullo mediático.
Debiamos ter presente como di o experto en medios Walter Lippmannque “Podemos tener la certeza de que en el ámbito de la vida social, lo que se denomina adaptación de los individuos al entorno tiene lugar mediante ficciones. Cuando decimos ficciones no queremos decir mentiras, sino representaciones del entorno que en mayor o menor grado son obra de los individuos. La ficción cubre toda la gama, desde la alucinación pura al empleo plenamente consciente de modelos esquemáticos por parte de los científicos e incluso su decisión de que con respecto a un problema en particular, la exactitud más allá de un número determinado de decimales carece de importancia. Las ficciones pueden tener casi cualquier grado de fidelidad. Lo importante es tenerlo presente, para evitar llamarnos a engaño.”

Se temos en conta que os medios de información son os principais xeradores de ficcións e estereotipos, si consideramos que estes estereotipos veñen determinados polo sistema de propaganda, se procuramos completar, corrixir e inda cuestionar o difundido polos medios estaremos en disposición de conseguir unha información libre e veraz.


Xaime Rodríguez Rodríguez
Comentarios (0) - Categoría: Notas desde o meu Smartphone, de Xaime Rodríguez - Publicado o 25-01-2014 01:32
# Ligazón permanente a este artigo
LA CASA, EL PATIO Y EL JARDÍN ESPAÑOLES
Antonio Jaén Morente (Córdoba,1879 - San José de Costa Rica,1964) foi un historiador e político español, profesor de Instituto, en Córdoba. Gobernador civil de Córdoba e Málaga en 1931, diputado de Izquierda Republicana en 1936 e embaixador en Perú en 1933 e Filipinas en 1937-1939. Tras a Guerra Civil marchou ao exilio, primeiro a Ecuador y logo a Costa Rica donde finou.
RSP lle adica este artigo cando impartiu un curso de verano en Santiago de Chile en 1949...



24 de enero de 1949

LA CASA, EL PATIO Y EL JARDÍN


Por Ramón Suárez Picallo

Don Antonio Jaén Morente, ilustre profesor español de Historia, Geografía y Arte Colonial en América, en un curso a su cargo en la Escuela de Verano de la Universidad de Chile, dictó días pasados una bella conferencia sobre la casa, el patio y el jardín en la arquitectura civil española y americana.

Antonio Jaén es uno de los más finos y cultos espíritus de su tierra y de su generación, lanzado por los áridos y resecos caminos del mundo, después de la guerra que asoló a España, primero a Europa, después, quien sabe por qué extraño designio estético, le fallaron los ojos y se quedó semiciego; pero en los archivos de su espíritu superior quedaron registradas para siempre las saudades y las emociones de la casa, el patio y el jardín, que son en su Andalucía, remanso, templo ágora y descanso, cuna del nacer y tumba del morir.

La conferencia, más allá y por encima de estilos y de cánones artísticos, fue una especie de oración conmovida y conmovedora que resume Rosalía de Castro, en su despedida al emigrante:

“TANTAS LEGUAS MAR ADENTRO, MIÑA CASIÑA, MEU LAR”

Antonio Jaén y sus conferencias en la Universidad de Chile, son una estampa de amorosa angustia, proyectada a una lejanía espiritual, cargada de formas y gracias, que como diría Unamuno, la remembranza de un amado bien perdido y la esperanza de un bien muy deseado…

Después vienen las iglesias, los monasterios, los pórticos y los cruceros, las imágenes, y las otras filigranas buriladas, en monumentos civiles, militares y religiosos, sembradas por España a lo largo y a lo ancho de su extensa heredad espiritual e histórica en América, y que le dan en el mundo carta de rectoría.

El viejo legislador, maestro y diplomático que es Antonio Jaén, airea y espile en estos días, desde su cátedra chilena, estos temas de valor eterno, por su belleza y por su fuerza de eternidad en el tiempo y en el espacio.


(Artigo publicado no xornal La Hora, en Santiago de Chile, tal día como hoxe 24 de xaneiro de... 1949)
Comentarios (0) - Categoría: RSP-Persoeiros (intelectuais) - Publicado o 24-01-2014 01:55
# Ligazón permanente a este artigo
MINIPUNTOS DE LIXO EN SADA
Hai uns días publicabamos neste blogue un video sobre Sada A CARA OCULTA DA FILLA DA RÍA DE PRATA, unha nova producción de GALLAECIA FILMES, onde se podían ver vertidos incontrolados na nosa localidade. Cambiar esto depende nós. Tomemos conciencia delo.


Para promover a separación selectiva de residuos especiais, o Consorcio das Mariñas instaolu en Sada hai meses un novo minipunto de lixo na rúa Oza dos Ríos. A súa instalación permitirá dar servizo a un maior número de veciños así como reforzará a recollida selectiva e a separación en orixe.

O obxectivo desta iniciativa é promover entre a cidadanía a separación selectiva do maior número de residuos facilitándolle esta tarefa. Estes minipuntos permiten o depósito, entre outros, de materiais como pilas, CDs-DVD, bombillas ou baterías e cargadores de móbiles.

Hai outro na Avda da Mariña (fronte á Terraza)
Colaboremos

Comentarios (1) - Categoría: Actualidade - Publicado o 22-01-2014 18:21
# Ligazón permanente a este artigo
ACTO SOBRE O CASTELO DE FONTÁN HOXE EN SADA

Ver informe sobre o Castelo de Fontán
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 20-01-2014 23:22
# Ligazón permanente a este artigo
A CARA OCULTA DA FILLA DA RÍA DE PRATA, UNHA NOVA PRODUCIÓN DE GALLAECIA FILMES
O profesor do IES Isaac Díaz Pardo Xosé Seoane vén de realizar un novo traballo audiovisual cos seus alumnos, neste vez nun breve pero lúcido documental para concienciar aos veciños e veciñas sobre diversas problemáticas que presenta o noso concello. Parabéns unha vez máis a Xosé e a produtora Gallaecia Filmes polo pola súa labor pedagóxica.


Blogue Galego da Estación
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-01-2014 12:01
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal