A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A EXPOSICIÓN SOBRE RICARDO FLORES XA ESTÁ NA A. C. ALEXANDRE BÓVEDA

O venres 1 de febreiro, no local da A. C. Alexandre Bóveda (A Coruña) inaugurouse a exposición elaborada pola A. C. Irmáns Suárez Picallo na que realiza un percorrido pola biografía e as diversas facetas creativas do sadense Ricardo Flores. A exposición poderá visitarse durante todo o mes de febreiro en horario de 16:30 h. a 20:30 h. no citado local (Rúa dos Olmos 16-18, 1º).
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 31-01-2013 20:39
# Ligazón permanente a este artigo
PRESENTACIÓN DO LIBRO AS FONTES NO CONCELLO DE BETANZOS

O pasado xoves 24 tivo lugar, na Casa Municipal da Xuventude, un novo acto da A. C. Irmáns Suárez Picallo. Xesús Torres e Antón García presentaban o seu libro As fontes no Concello de Betanzos, publicado pola Asociación Cultural Eira Vella. Trátase dun minucioso estudo, produto dunha profunda investigación, de todas e cada unha das fontes que existen ou existiron no municipio brigantino.

A continuación, Xosé A. Seoane e Paco Pita expuxeron senllas experiencias educativas que teñen como epicentro as fontes e lavadoiros nos concellos de Sada e Culleredo, respectivamente.

Concluiu o acto coa lectura, por parte de Antón García, dunha fermosa reflexión acerca dos múltiples valores das fontes e da necesidade de preservármolas.
Comentarios (2) - Categoría: Actividades - Publicado o 28-01-2013 16:14
# Ligazón permanente a este artigo
DOCUMENTAL
Gallaecia Filmes, a produtora de audiovisuais do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Isaac Díaz Pardo, ofrécenos o documental "Fontes e lavadoiros no concello de Sada". A súa estrea oficial levouse a cabo na Casa da Cultura Pintor Lloréns de Sada o pasado venres dezaoito de xaneiro.
Conta coa participación de persoas maiores que viviron en primeira persoa eses tempos nos que as fontes e os lavadoiros eran o eixo central da vida cotiá das aldeas, das vilas.



Blogue do profesor do IES Isaac Díaz Pardo, Xosé Seoane
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-01-2013 10:32
# Ligazón permanente a este artigo
O XOVES 24 EN SADA: PRESENTACIÓN DO LIBRO
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 22-01-2013 23:54
# Ligazón permanente a este artigo
VIII XORNADAS DE RECUPERACIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA · CARRAL

Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 20-01-2013 14:20
# Ligazón permanente a este artigo
VENRES 18 · ESTREA DO DOCUMENTAL "FONTES E LAVADOIROS NO CONCELLO DE SADA"
Os amigos de Gallaecia Filmes, do IES Isaac Díaz Pardo, coordinados por Xosé Seoane, remítennos a seguinte información de gran interese:


O vindeiro día 18 de xaneiro de 2013, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura Pintor Lloréns de Sada, estrearase o documental Fontes e lavadoiros no concello de Sada, realizado por Gallaecia Filmes, a produtora de audiovisuais que se creou no IES Isaac Díaz Pardo ao abeiro do Proxecto DCine.

Trátase dun documental no que colaboran co seu testemuño veciños e veciñas de Sada. A asistencia a este acto é totalmente libre. Está pensado para que asistan as distintas comunidades educativas dos centros de ensino do concello e a cidadanía en xeral. A duración prevista do acto é de 45 minutos.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 16-01-2013 15:51
# Ligazón permanente a este artigo
HOMENAXE A ISAAC · XORNADA DO 11/01/2013

Fotografías correspondentes ao acto do venres 11. Regina Basadre e Xosé Abad, Isabel Risco, Paco Pita, o grupo Queiroa e entre o público o alcalde Ernesto Anido e membros do equipo de goberno.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 15-01-2013 11:44
# Ligazón permanente a este artigo
HOMENAXE A ISAAC · XORNADA DO 10/01/2013

Publicamos hoxe algunhas fotos do acto do pasado xoves, no que homenaxeamos a Isaac Díaz Pardo. Nelas podemos ver a Paco Pita, Xosé A. Seoane, a mesa conformada por Marisa Naveiro, Xosé Luís Axeitos, Felipe Senén e Xosé Ramón Fandiño e parte do público.
Mañán colgaremos as do acto do venres.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 14-01-2013 10:10
# Ligazón permanente a este artigo
Homenaxe en Sada a Isaac Díaz Pardo

Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 08-01-2013 00:05
# Ligazón permanente a este artigo
A A. C. Irmáns Suárez Picallo apoia o Sadautor

A VI Edición do Sadautor celebrarase o próximo Venres 22 de Febreiro na Terraza de Sada ás 22h. e actuarán os cantautores:

Xurxo Mares
César de Centi
Tonblue
Pablo Rubén Fernández
Carlos Valiño
Fátima Baña
Xurxo Prieto
Dresan Drex
Tato López
Paris Joel


E aí vai unha mostra do talento do organizador do Sadautor, Paris Joel. Noraboa, grazas, ánimo e... adiante co Sadautor!




E tamén algúns vídeos de apoio o Sadautor e que poñen de manifesto a boa acollida que este festival ten cada ano en Sada.








Comentarios (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 07-01-2013 13:44
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal