Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...
Visitas (desde o 05/08/2010)
|
|

|
Únete a nós! |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A CRMH HOMENAXEA A DÍAZ PARDO |
|
A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña está a realizar diferentes actividades ao longo deste mes, coincidindo co 80 aniversario da proclamación da II República. O pasado día 6 rendíaselle unha homenaxe a Isaac Díaz Pardo que continuará o próximo sábado 9 co seu nomeamento como Republicano de Honra e coa celebración da tradicional CEA DA REPÚBLICA, da que se dá a seguinte información, para quen estea interesado en asistir:
Sábado, 9 de abril
Ás 19?30 h., no Memorial da Avenida Navarra, acto de lembranza ás vítimas do franquismo.
Ás 21?00 h., no Hotel Meliá María Pita (fronte a praia do Matadoiro da Coruña), CEA DA REPÚBLICA, coas actuacións musicais de Miro Casabella e Mini e Mero, do grupo ?A Quenlla?. Entrega a Isaac Díaz Pardo da distinción ?Republicano de Honra 2011?.
Inscricións para asistir á cea, a ser posible, antes do 7 de abril, no teléfono 645029338. Ingreso de 21 euros na conta 2096 0489 11 32753310045. Tamén pódese pagar no hotel antes da cea.
Desde este blogue, a A. C. Irmáns Suárez Picallo súmase a este recoñecemento a Isaac Díaz Pardo, que o mes pasado foi nomeado Socio de Honra da nosa Asociación.
As actividades de abril concluirán o venres 29 ás 19:45 h. no Kiosko Alfonso, coa presentación da publicación ?Vivas en nós. Mulleres represaliados polo franquismo a raíz de 1936?, coa participación das autoras : Carme Blanco e Claudio Rodríguez Fer, (nº1 da colección ?Cadernos Republicanos?). |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|