A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

COUSAS DE CALQUER RUEIRO, por Ricardo Flores

A DERRADEIRA NOITE DE MAIO


Por Ricardo Flores

É pola hora do lusco-fusco no derradeiro dia do mes de Maio, o mes máis frorido de todos. Ao rueiro vén chegando xente, como non soía ver-se tanta a miúdo no mesmo lugar; xente de distintas edades: mocedade, rapazada, e algunhas mulleres algo entradas en anos de madureza.
Na casa dunha viciña, seguindo unha cousa xa tradicional, arranxara-se un altar para o celebramento do mes das frores que, baixo a advocación de María, a santa, patrona da parroquia, facia-se todos os anos, xuntando-se alí todas as noites os viciños devotos, rezando o rosario e entoando cantigas relixiosas axeitadas á circunstancia, e na derradeira noite, como é esta, aumentar o programa con pre-garias recitadas por meniñas.
Chegaba-se a hora de comezar a cerimonia e a xente vai entrando. O lugar non é de espazo abondoso para que poida caber con folgura toda a xente que hai; mais, puxa daquí a aperta dacolá, nengunha das mulleres queda sen entrar, non asin os mozos, que xa non tentan furar para dentro, deixando-se estar fora en agarda da hora da foliada, que sería despois do acto das frores. Os rapaces tampouco queren ocupar nengún sitio dos primeiros, adiante do altar, ao rivés dos outros días, preferindo quedaren-se atrás de todo. A xente está de pé e acha-se tan apiñoada que, nen siquer, poden erguer a man para se persinaren, tendo que facê-lo abaixando a testa.
Cando findáron os rezos e comezáron as cantigas, un par de rapaces, acochados polos demais compañeiros, poñen-se á tarefa de coser as mozas polas saias, unha coa outra. traguendo xa de antemán as agullas enfiadas, e sen que ninguén das outras mulleres se decatara da falcatruada.
Ao se arrematar todo e a xente trata de sair, aquilo converte-se nun algueireio de moitos diaños; fai-se tal enguedello de mozas, que algunha ten que bater cô corpo no chan, quedando-lle álgo ao recacho, que daría non se sabe o quê, porque non lle quedara.
O asunto, felismente, non acadou nengunha desgostosa consecuencia, senon que foi pillado con moi bon xorne; tanto a moza caida como as outras cosidas, xunto coa demais xente, festexaron a ocorrencia con longas gargalladas, as que duraron o tempo que tardou en se escoitaren os primeiros sons do acordeon dando comenzo á foliada.
O home que toca a acordeon fa-no moi ben, dá xenio verlle rebulir os dedos por acima das trécolas e escoitar os arpexos que tira delas; mais, con acompañamento dunha pandeireta faria mellor compaso para axudar a bailar, e daquela, pensou-se na "Tôca", indo á presa unha moza a buscá-la, filla dela; mentres se agarda pola sua chegada, os ollos de todos vên surprendidos o xesto slmpático e xeneroso da taberneira, quen vén moi risoña agasallando á concorrencia cunha prêsa de galletiñas redondas da grandura de botons de chaqueta. A taberneira sabia ben o que facia: trataba de levar sede ás bôcas, a fin de que despois lles dese gana de matá-la con boliches ou outra cousa de bedida, o que logo sucedeu, saíndo-lle o choio como ela o hosmara, xustamente a pedir de bôca.
A "Tôca" chama-se asín sen que sexa tôca. Ocorre que ésta muller ten unha man que a dobra moito para baixo, e cando era pequena gostaba de facer probas con ela, algu-nhas veces amostraba-a dun xeito, que semellaba unha verdadeira tôca; e daí, nasceu-lle o alcume de "Tôca", quedando-lle para sempre; e toca a pendeireta, como non hai ninguén que a toque á par dela, en toda a volta.
Xa vén, pois, a "Tôca", e a sua presenza coa pandeireta, ateou a foliada. Quê ben que a toca!
A noite semella máis ben unha noite de vran que de primaveira. Como é lua cheia, o rueiro está alumiado cunha luz pouco menos do que a luz do solpôr.
Os galos anuncian o cor da noite cos seus cocorocós. Son, pois, as vintecatro horas e a foliada segue cô carís do apoxeu: o mesmo fato de xente coas meixelas cor da cereixa, resoantes cantigas populares e abalos danzantes ben acompasados.
Ao sinalaren as agullas do reloxio a unha do dia seguinte, tal como estaba convido, xurden os sons dunha muiñeira que é coreada e bailada por todos, uns ben e outros non tan ben, do xeito que cada un sabe, findando con êsta tocata a foliada, e pôndo-lle cuño simbólico un par de rexos aturuxos.
Como todos teñen que se erguer cêdo para cumprir coas obrigas do traballo, uns en parellas de mozo e moza, outros desparellados, todos pillan o camiño dos seus respeitivos fogares, levando cada quén no seu esprito, unha farta de rexouba, e no maxin, a lêda imaxen da noite aquela e do rueiro aquêle, a que, despois do longo treito de algo máis de meio século, queren lembrar estas liñas tracexadas con anôto de saudade.


Galicia, 05-06/1972
Comentarios (0) - Categoría: TEXTOS DE RICARDO FLORES - Publicado o 29-05-2011 09:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal