A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

HOMENAXE A MANUEL COUZO
O pasado xoves 16 de setembro tivo lugar unha homenaxe ao fundador, ex-presidente e presidente honorario do C. E. Sada y su Contornos de Buenos Aires, Manuel Couzo Bermúdez, organizada pola A. C. Irmáns Suárez Picallo e na que participaron numerosos veciños.


subir imagenes


Comezou ás 20:30 h. cun acto na Casa Municipal da Xuventude, onde se presentou o nº 4 dos Cadernos de Estudos Locais, dedicado, precisamente, a Manuel Couzo e o C. E. Sada y sus Contornos e do que son autores Abel López Soto e Manuel Pérez Lorenzo.


subir imagenes


Abríu o acto Francisco A. Pita, presidente da A. C. Irmáns Suárez Picallo, cunhas emotivas palabras de agradecemento a Manuel Couzo pola súa dedicación ao servizo dos demais. Posteriormente, Abel López, alcade de Sada, realizou unha semblanza biográfica do homenaxeado. Manuel Pérez realizou un breve percorrido polo asociacionismo sadense na diáspora, deténdose na historia do C. E. Sada y sus Contornos. Pechou as intervencións o propio Manuel Couzo, que agradeceu a homenaxe e lembrou diferentes anécdotas, tendo un recordo especial para Ramón Suárez Picallo, ao que tratou en Buenos Aires. Púxolle broche ao acto a preestrea do documental Ramón Suárez Picallo: A última viaxe, un excelente traballo sobre a vida de Ramón.


subir imagenes


Posteriormente tivo lugar a cea no restaurante Miramar. Logo de dar conta do menú, e xa no momento da sobremesa, Manuel Couzo pronunciou unhas palabras cargadas de emoción, agradecendo novamente a homenaxe. Abel López tomou tamén a palabra para recoñecer a traxectoria de Couzo, sen esquecer a doutros veciños presentes na sala que tamén houberon tomar o camiño das Américas, como José Gerpe ou Jesús Castro. Lembrou tamén o difícil momento polo que están a atravesar os traballadores das Cerámicas do Castro, algúns tamén presentes.


subir imagenes

subir imagenes

subir imagenes

subir imagenes


Para concluír, fíxoselle entrega a Manuel Couzo dunha placa conmemorativa por parte do Concello, e a A. C. Irmáns Suárez Picallo designouno Socio Honorario, entragándolle un diploma e unha figura. Foi, sen dúbida, un dos actos máis emotivos e entrañables que ten organizado a nosa asociación.


subir imagenes

subir imagenes
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 23-09-2010 09:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal