A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

PRESENTACIÓN DA EXPOSICIÓN EN ARES
O pasado día 20 de agosto, ás 19:30 h., tivo lugar o acto de inauguración da nosa exposición sobre os Irmáns Suárez Picallo.

Imagen alojada en imaXenes.com

No auditorio do rehabilitado edificio da Alianza Aresana tomaron a palabra Marisa Naveiro, que falou da traxectoria da A. C. Irmáns Suárez Picallo e desta exposición, Manuel Pérez Lorenzo, que fixo unhas breves semblanzas biográficas de ambos irmáns, e Julio Iglesias, alcalde de Ares. Tamén estivo presente o alcalde de Sada, Abel López Soto, así como o presidente honorario do C. E. Sada y sus Contornos, Manuel Couzo, que está a pasar uns días en Sada.

Imagen alojada en imaXenes.com
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 30-08-2010 00:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal