Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...
Visitas (desde o 05/08/2010)
|
|

|
Únete a nós! |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
PUBLICACIÓNS |
|
En outrubro de 2009, un ano despois do traslado a Sada dos restos de Ramón Suárez Picallo, editamos un libro colectivo no que expertos en diferentes campos analizan a súa traxectoria, todo elo nun gran formato e acompañado de abundante material gráfico e documental. Do deseño gráfico ocupouse Xosé Díaz. Descargue desde aquí o libro Ramón Suárez Picallo. A voz esquecida do galeguismo.
Ramón Suárez Picallo. A voz esquecida do galeguismo
En 2010 a A. C. Irmáns Suárez Picallo decidiu editar unha revista cultural, que titulou Areal -o nome que Emilia Pardo Bazán lle daba a Sada nas súas obras-, e que ten periodicidade semestral: sae á luz cada 14 de abril -conmemoración da proclamación da II República- e cada 14 de outubro -aniversario da morte de Ramón Suárez Picallo e do seu traslado a Sada.
Areal - nº 1
Areal - nº 2
Areal - nº 3
Areal - nº 4
Areal - nº 5
Areal - nº 6
A A. C. Irmáns Suárez Picallo comezou no mes de xullo de 2010 a publicar os seus CADERNOS DE ESTUDOS LOCAIS, folletos de pequeno formato e sen periodicidade fixa nos que difundir diversos estudos sobre aspectos do noso entorno, así como textos e documentos históricos recuperados.
|
|
|
|
1 Comentario(s) |
|
1 |
Queridos amigos:
O outro día asistín a presentación da vosa revista na recén estreada Capilla de San Roque como centro cultural. Gustaríame felicitarvos pola vosa iniciativa. O acto estivo moi ben. Por primeira vez na miña vida escoitei a Miro Casavella o cal emocionoume enormem#blgtk08#ente. A vosa segunda revista xa a teño lida e gustaríame saber se podería ter aceso ó primeiro número en papel e ós "Cadernos de Estudos Locais" que tendes publicados. Recibide a miña felicitación por tódolos traballos publicados no número dous de Areal. Saudos cordiais.
María. |
|
|
Comentario por María (19-04-2011 22:42) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|