A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

NO CARTO DE MIÑA NAI, R. Suárez Picallo
RSP no ano 1926, despois da viaxe a Xenebra como secretario da representación obreira da Arxentina na OIT (Organización Internacional do Traballo) voltou a Galicia por primeira vez desde que emigrara no mes de marzo de 1912 e unha vez na súa terra, na súa casa, deixou escrita neste engaiolante artigo as impresións,lembranzas e sentimentos que lle produce ao entrar na habitación da súa mai. O texto escribiuno en galego.




Heime no carto de mina nai, meu amado recuncho do fogar nativo, santuario de tenrura, onde decorreron os anos xá lonxanos da miña nenés, a páxina albeira da pureza do libro da miña vida.

_________


Eiquí está, santo patrón de éste altar, o vello Santo Cristo de pau de cerdeira, mantendo sempre, pese aos seus anos, aquel xesto de piedade amargurada. Diante dél eu recei as permeiras oraciós; por meu pai emigrante, por meus abós mortos. El foi quen recibiu a derradeira ollada dos que se foron aos reinos do Alén e quen presidiu nas circunstancias mais trascendentales, ôs concellos familiares.

¡Cantas veces ouviches, ¡ou vello Santo Cristo!, meu nome envolto na pregaria materna pidindoche a miña volta. Por eso, bendizoada imaxe do Rabí Mártire, eu axiónllome diante de ti, é ofréndoche, por mellor oración, esta bágoa emocionada que roda mainiñamente pol-a miña meixela.

A nobre hucha de nogueira, que garda mantelos de boda e panos bautismales, arumados de espriego recendente e lembranzas de doces amores e de festas enxebres.

Alí o chineiro onde miña nai gardaba as larpeiradas, que eu cubizaba, premio das boas auciós: O mel doirado, as froitas fraganciosas. Ti sabes, pícaro armatoste, de moitas falcatruadas e mais de algús pecados contra o sete mandamento do Decálogo. Agora non estás mais fechado. ¡Non hai nenos na casa...!

I-a mesa petrucial sobor da que se esquirbiron centos de misivas, ateigadas de anguria e de agarimo. ¡Arelado mensaxe dos seres benamados! Mesa bendizoada antes de cada xantar e de cada cea pol-a man de meu abó. ¡Eu bícote Ara sagratísima d?este altar!

E ti, vello reloxio que segues marcando o decurso de vidas ben queridas, de ausencias doloridas, non acababres esperas. ¡Cómo añorei ô tic-tac do teu péndulo, i-o tanguir sonoroso das tuas campanadas!

E este noble leito, que foi nupcial, de nacimento e de angonía, de sonos ledizosos e de sonos tristes. Na mornedade emocional das túas roupas de liño caseiro eu quero repousar miña cabeza frebecente, cuáseque louca.

E na vella cadeira de bimbios xa algo desvencellada pol-os anos meu corpo e miña i-alma arelan descansaren, despois do longo pelengriñar nos tempos que foron...; mais non podo! A miña destra está o porta libros de miña nai. Estendo a mán e póusoa n?un azar. E un libriño de tapas mouras e lenda doirada que dí: ?ancora de Salvación?. ¡Libro da vida é libro da morte! Nas permeiras follas deprendín as oraciós dos nenos na premeira comunión, alborada de vida, e nas derradeiras linlle a letanía dos agonizantes a meu abó no trance supremo, na hora do seu sol-pôr.


_________



Pola fenestra aberta entra unha brisa mariñeira, subtil e perfumada. Os paxaros voan cara aos seus niños, seus fogares abalados polo vento. Na lonxanía o Sol vai deitarse no mar, seu leito de azul eterno. I-eu ollo o vieiro por onde aquela crúa mañán de marzal botei a andar rumbo ás terras da emigración. Ao ollar aquel carreiro, volto os ollos que tropezan c?os de miña nai. E musito con vós tremente:

?¡Miña casiña...!
¡Meu lar...!?

No meu fogar, MCMXXVI
Comentarios (0) - Categoría: Artigos - Publicado o 25-05-2010 02:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0