 Marisa Naveiro, membro desta Asocicación Cultural fixo unha viaxe á Arxentina hai uns meses e entregou nas distintas entidades culturais galegas de Buenos Aires o libro que publicamos en outubro pasado "Ramón Suárez Picallo. A voz esquecida do galeguismo". Neste artigo comenta a súa estadía na capital arxentina e os seus encontros coas distintas asociacións.
Fai 25 anos fixen unha viaxe a La Habana. Andando pola rua Mercaderes, na Habana Vella, lembrei a meu avó, que emigrara a esta cidade moi novo e percorría esta rúa cara a seu traballo na ferreteria Aspuru e Cia. todo os días, o que súa vista miraba era o mesmo ca miña.
Non direi que me pasou igual no Buenos Aires de Ramón Súarez Picallo, pero o porto onde hoxe temos o barrio de La Boca, a zona de San Telmo, Centro? non mudaron de forma importante. Estamos nos anos mozos de Ramón, ou nos seus últimos anos, o Centro Gallego onde morreu, entrando por aquel vestíbulo tan importante, aquí non me mostran o cuarto no que él estivo pero sí o de Castelao, que permanece intacto, desde aquel 7 de xaneiro de 1950.
A xente que o estudiou e que ademáis o admira, sí que falei con ela. E así estiven con Pepe Rey, quen sabe moitisimas historias deste Centro Galego. Encargado da biblioteca ?Manuel Murguía? ata o ano pasado, cando se xubila, creanlle entón unha pequena librería que se ubica no vestíbulo, porque quere seguir alí. Tamén era Secretario da entidade. Con él e coa Vicepresidenta, Mª Aurora Barbeito, recorrín as instalacións , na avenida Belgrano 2199, esquina a Rincón.
Fágolles entrega do libro R.S.P. A voz esquecida do galeguismo.
Asimesmo asisto a unha representación de baile no Teatro ?Castelao tamén no Centro Gallego.
Seguindo pola rúa Pasco ao 557 encontrámos unha casa de principios de século, ainda que adquirida recentemente, onde hoxe está a única asociación de Sada no esterior é Sada y sus Contornos, alí: Manolo Couzo, Presidente Honorífico, o seu fillo José Manuel que é o actual Presidente, a Secretaria Graciela Carregal e o resto dos compañeiros, reúnense nun ambiente moi cordial e familiar, agasallandome cunha merenda ao final da cal fagolles entrega do libro, en nome da Comisión que represento.
Andando desde plaza de mayo chego á rúa Chacabuco nº 947 a 955, aló está a
Federación de Asociaciones Gallegas de Argentina, encóntrome con Ruy Farías, actualmente encargado da biblioteca e estudioso da emigración galega na Arxentina, o cal estivo becado o ano pasado na Galiza e voltará proximamente a ler súa tese. Mostrame este local cheo de alusións a os nosos intelectuais.
Tamén desde a plaza de mayo, subindo por avenida de maio chego ao café Tortoni, onde podo sentir a presenza das tertulias de todos estes galegos que por aquí pasaron.
Falei repetidas veces co amigo Hernán Díaz e por causas intracendentes non conseguín velo ata o penúltimo día da miña estancia alá, tíñame preocupada, cando por fin conseguimos entrevistarnos. Dí o que todos xa sabemos que estará en Santiago no mes de Abril co gallo do centenario de Luis Seoane. Ainda me fixo o favor de repartir algúns libros que me faltaban por dar.
O Centro Galicia, coa súa sala de exposicións Luis Seoane, tamen é unha grande referencia ao noso país.
Non se pode pasar sin ver o mural do teatro Sanmartín, realizado tamen por Luis Seoane.
A viaxe rematase con outras cidades: Montevideo, onde fago unha escala moi pequena, non da para facer visitas, pero a chegada foi a noite electoral na que gañaba Pepe Mujica, data histórica. Tucuman, onde se declara a independencia da Arxentina, Salta, Jujuy, Purmamarca, Humahuaca, etc.
Arxentina é a segunda patria de milleiros de Galegos e iso sempre é motivo de intentar achegarnos.
Marisa Naveiro |