A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Presentado o libro RAMÓN SUÁREZ PICALLO. A VOZ ESQUECIDA DO GALEGUISMO
No día de onte, 16 de outubro, presentouse na Casa da Cultura "Pintor Llorens" de Sada un volume no que, ademais de abundante material gráfico e documental, recóllense as aportacións de diferentes investigadores acerca da figura excepcional de Ramón Suárez Picallo.
O libro, editado pola Comisión Irmáns Suárez Picallo co patrocinio da Deputación Provincial da Coruña, conta coas colaboracións de Justo Beramendi, Hernán Díaz, Alfredo Erias, Mercedes Fernández-Couto, Emilio Grandío Seoane, Esperanza Mariño, Edmundo Moure Rojas, Francisco Rodríguez, Xesús Torres Regueiro, Ramón Villares, Francisco Pita Fernández, Rexina Basadre Orozco e Manuel Pérez Lorenzo.
O seu deseño gráfico e maquetación correu a cargo de Xosé Díaz (Imago Mundi).
Na presentación interviron, ademais dos representantes da Comisión Irmáns Suárez Picallo (Francisco Pita e Manuel Pérez), a Deputada provincial Silvia Seixas e o Alcalde Abel López Soto, que entregou á Comisión valiosa documentación sobre Ramón Suárez Picallo.


[?] Queremos que a finalidade primordial desta publicación sexa falarvos de Ramón Suárez Picallo, quebrar definitivamente o silenzo que se cinguiu durante décadas en torno á súa figura, para que todos podamos servirnos do seu maxisterio e reivindicar un vínculo que nos une co pasado. Falarvos, en definitiva, dese ?nós? colectivo en nome do que se erixía Ramón, e que engloba a todos os desherdados, a todos os que, como o seu irmán Xohán Antón, asasinado polos fascistas no 1936, foron vítimas da barbarie e da inxustiza por teren gastado os seus esforzos en causas xenerosas, en beneficio do ben común.

COMISIÓN IRMÁNS SUÁREZ PICALLO - PRESENTACIÓN

Por Ramón Suárez Picallo pasou gran parte da Galicia do século XX, a da terra europea e a ergueita en terras americanas. Así, a súa figura sérvenos de fío condutor para facer un percorrido pola Galicia de aquí e de ?acolá? durante o século pasado. Daquelas terras e daquel tempo foi actor e partícipe sobranceiro. Ao noso protagonista poderíanselle dedicar as palabras que adornan toda gran biografía: orixe humilde, un home que se fixo a si mesmo, a vida foi a súa escola. E con seren máximas adoito repetidas, son características que lle acaen ben a aquel home que veu ao mundo en Veloi, un lugar da parroquia de Sada, en 1894. [?]

RAMÓN VILLARES - PRÓLOGO


Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 17-10-2009 17:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0