Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...
Visitas (desde o 05/08/2010)
|
|

|
Únete a nós! |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Exposición de MANUEL SUÁREZ DE CONCHA |
|

Cunha nutrida concorrencia o pasado venres inagurouse unha nova exposición do noso benquerido colaborador e ilustrador da revista AREAL Manuel Suárez de Concha.
Presentou o acto a concelleira de Benestar social e Igualdade Isabel Reimúndez, destacando o bon facer coa plumilla de Suárez de Concha así como a elección da temática galega da citada exposición que, dalgún xeito é toda unha mostra etnográfica da nosas manifestacións folclóricas.
Pola sua parte M. Suárez de Concha nos obsequiou e emocionou cantando Unha noite na eira do trigo acompañado por varios membros da rondalla do Orfeón Herculino. Ao mesmo tempo anunciou o seu desexo de facer unha paréntese como debuxante pois ten a intención de dedicarlle tempo a retomar e cultivar outra grande paixón: a poesía e a prosa.
No cartel que se adxunta están os horarios no que se pode visitar dita exposición ubicada na Capela de San Roque de Sada.
Parabéns amigo Manuel Suárez. |
|
|
|
1 Comentario(s) |
|
1 |
Necesitamos contactar urgentemente con Manuel Suarez de Concha...por favor necesitamos su teléfono... o en su defecto q#blgtk08#ue me llame al mio...Soy Javier de Os Condes 609661991
Es para hacerle un encargo
Muchas gracias |
|
|
Comentario por Francisco Javier Lopez Carballeira (21-02-2020 17:55) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|