A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

PRESENTACIÓN DE MEIRÁS. UN PAZO, UN CAUDILLO, UN ESPOLIO

Hoxe, na capela de San Roque, terá lugar a presentación do volume Meirás. Un pazo, un caudillo, un espolio, da autoría de Carlos Babío Urkidi e Manuel Pérez Lorenzo.
Intervirán, ademais dos autores, Rafael Carballeira e Amable Carballeira en representación da nosa asociación (coorganizadora do evento), Isabel Reimúndez (Concello de Sada), Juan Pérez Babío (veciño de Meirás) e Manolo Monge (expresidente da CRMH).
Partillamos a sinopse do libro:

Unha das imaxes que máis asociamos á ditadura de Franco é a da silueta do Pazo de Meirás. Residencia de verán do Xefe do Estado durante case catro décadas, o edificio, construído pola escritora Emilia Pardo Bazán, chegaría ás mans do ditador nun proceso marcado polas coaccións e os abusos sobre unha poboación sometida ao aparello represivo do réxime.
O presente volume estuda e documenta eses procedementos e analiza a actuación das administracións en Meirás, co investimento continuado de fondos públicos nunha propiedade que, á morte de Franco, ficaría nas mans da súa familia.
Un relato que vén botar luz sobre unha historia que o franquismo nos transmitira en termos ben diferentes. O relato dun tempo que axuda a explicar, en boa medida, o noso presente.


Agardámosvos!
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 01-12-2017 11:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal