A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

EVOCACIÓN E LEMBRANZA DE MANUEL ESPIÑA GAMALLO
Está a piques de ver a luz o número 5 dos nosos Cadernos de Estudos Xerais. Este volume, editado en colaboración coa Comunidade Cristiá do Home Novo, vai dedicado a Manuel Espiña Gamallo, crego que foi gran promotor da liturxia en galego, e defensor do idioma e das causas xustas. Presentarase na Coruña mañá, día 13, ás 20:00 horas en Portas Ártabras, rúa Sinagoga 22 baixo. No acto, ademais, teremos o privilexio de contar coa música da cantautora Bea a de Estrella.

"Galicia está viva, nunca estivo morta, anque houbo quen lle cantaron o funeral. O Espírito de Galicia sempre estivo con ela...mais temos que confesar que en Galicia hai moitas cousas mortas e outras a piques de morrer. O mais grande que temos, a nosa lingua, para moitos é como follas secas que se espera que o vento as leve a calquera recanto onde apodrezan... O pecado vén de moito atrás, xa case é pecado orixinal" (Outeiro de San Xusto, 1970).

Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 12-01-2016 22:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal