A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

75 aniversario do naufraxio do Vapor Alegre
Este 18 de agosto cumpríronse 75 anos dende que o Vapor Alegre, que saíra de Pontedeume para participar nas festas de Sada, naufragou na, hoxe desaparecida, pena de A Pulgueira. Ían no Vapor ducias de persoas e tres delas (dous nenos e un rapaz de vinte e dous anos) perderon traxicamente a vida no suceso. Mais a valentía das persoas de Sada, nomeadamente seis heroes que rescataron a moitos dos viaxeiros do Alegre, impediu que o ocorrido fose máis grave aínda. Velaquí unha testemuña gráfica da homenaxe en lembranza deses heroes e de todos os que sufriron aquel día, impulsada pola nosa asociación e na que participaron delegacións de Sada e Pontedeume encabezadas polos seus respectivos alcaldes. Fan entrega das flores no monumento de lembranza a filla de Juan Guillén, un dos heroes daquela fatídica xornada, e Lolo Placer, que sobreviviu ao naufraxio.
Máis imaxes na nosa páxina de Facebook.







Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 20-08-2015 13:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal