A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

DÍA MUNDIAL DA NATUREZA

O Día Mundial da Natureza nos ofrece a ocasión de celebrar a beleza e variedade da flora e da fauna salvaxes, así como de concienciarnos dos múltiples beneficios que a conservación destas formas de vida ten para a humanidade.

Na celebración deste día tamén recordamos a necesidade de combatir os delitos contra a natureza, que carrexan importantes consecuencias no ámbito económico, medioambiental e social.

Por elo nesta data, se invita aos Estados membros, a ONU e outros organismos internacionaias, ás organizacións non gubernamentais, á sociedade civil y a todas as persoas a observar e a participar neste día de celebración mundial da natureza. As comunidades locais, os concellos, poden desempeñar un papel positivo na axuda a frear o deterioro da vida silvestre.

En Sada,existe un humidal catalogado no Inventario de humidais de Galicia, chamado Brañas de Sada, constituíndo un Espazo Natural relevante dentro as "Mariñas Ártabras". Os humidais posúen un gran valor na conservación de especies e variedades animais e vexetais, e por tanto representa un activo fundamental para o equilibrio ecolóxico e a biodiversidade dada a súa importancia e singularidade. A conservación e recuperación das Brañas de Sada, evitando a súa deterioración ambiental, contribuirá a un notable aumento de recursos económicos e de benestar social a través da oferta dun lugar para o descanso, a educación ambiental e, en definitiva, para garantir a permanencia dun espazo natural protexido para as xeracións futuras.
Ver fauna das Brañas de Sada
Comentarios (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 03-03-2015 01:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal