A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DA A.C. IRMÁNS SUAREZ PICALLO
ASEMBLEA XERAL o día 5 de febreiro

Convócase Asemblea Xeral Ordinaria, a celebrar o vindeiro día 5 de febreiro -xoves- ás 19:30 h. en 1ª convocatoria e ás 20:00 h. en 2ª convocatoria, e que terá lugar no local (Casa da Xuventude de Sada) e coa seguinte ORDE DO DIA:


- Lectura e aprobación, se procede, da acta da Asemblea anterior.

- Memoria de actividades realizadas no ano 2014

- Informe do Tesoureiro (contas e balance do año 2014).

- Presuposto de ingresos e gastos para o o ano 2015. Cotas dos socios.

-Colaboracións coa Casa Museo Emilia Pardo Bazán e con entidades culturais (Academia Real Isaac Díaz Pardo) e outras sociedades ou asociacións sadenses e da bisbarra.

- Publicacións previstas para o 2015 e outros proxectos

- Avance do contido de AREAL Nº10, que sae en abril.

- Rogos e preguntas.


De seguido, celebrarase Sesión Extraordinaria para por os cargos a disposición da Asemblea e confirmar -si así se estima procedente- nos seus postos á Directiva actual, ao tempo que se anima a incluir novos vocais colaboradores na citada Xunta Directiva da A.C. Irmáns Suárez Picallo.


Sada, 2o de xaneiro de 2015
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 27-01-2015 14:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal