A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

SUSPENDIDA A PROXECCIÓN DE A PEGADA DOS AVÓS

Problemas técnicos no equipo reproductor instalado polo Concello de Sada na capela de San Roque, impedíronnos emitir o documental A PEGADA DOS AVÓS, polo que ao non poder solucionar o problema do son (se veía a imaxe pero non chegaba o son) tivemos que suspendelo e pospoñelo para outra data que se anunciará no seu momento.

Dito acto fora convocado e anunciado por distintos medios e íase celebrar na capela de S Roque , pertenecente e xestionado polo concello de Sada, para actos culturais.

Pois ben, malia chegar con 45 minutos de antelacion para preparar o acto, encontrámonos que o equipo de son da capela non estaba conectado, nin había personal do concello con capacidade para facelo.
Tras multiples chamadas telefónicas conseguimos a colaboración dun traballador que estaba asignado a outra actividade pero xa demasiado tarde, cando unha gran parte do publico asistente tiña marchado. Por este motivo decidimos suspender o acto e organizalo para mais adiante.
Unha vez conectados os altavoces, poidemos comprobar tamén que a calidade de son era absolutamente insuficiente para proxeccións de cine, sendo apenas uns altavoces útiles para a megafonía nunha conferencia ou acto falado.

Ante esta situación chámanos moito a atención que o concello de Sada nos diga que as proxeccions de cine se farán na capela de S Roque, si non ten condicións técnicas mínimas para elo; así como que non haxa unha persoa cualificada tecnicamente que se ocupe da viabilidade dos actos que se auspician neste concello.
Por todo elo rogamos se habiliten os medios necesarios para as proxeccións audiovisuais en condicións alomenos standars na capela de S Roque, ou doutro xeito se destine a Casa da Cultura -como era ata agora habitual- para estes fins.


Pedimos novamente disculpas aos asistentes pola citada anormalidade -allea á nosa competencia- e agradecemos a comprensión do público presente. Para dito acto contabamos coa presencia dun dos protagonistas que chegou de Madrid.
Na nova data que se programe estará presente o director do documental José Abad e procuraremos contar de novo con algúns protagonistas de A PEGADA DOS AVÓS.
Comentarios (1) - Categoría: Actividades - Publicado o 16-11-2014 10:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Aos organizadores do acto quero transmitirlles os meus parabéns pola ampla traxectoria de actos culturais de grande interese que teñen desenvolvido neste concello, malia non contar con todo o apoio merecido.
Non é a primeira vez que actos deste tipo levados a cabo na capela presentan problemas#blgtk08# "técnicos" que, polo que se ve, a quen lle corresponde non lle interesa arranxar, ou mellorar. É unha mágoa que espazos culturais como este non conten coas mellores instalacións técnicas.
Moitas grazas á Asociación Cultural Suárez Picallo polo seu traballo a prol da cultura. Ánimo e adiante.
Comentario por (16-11-2014 11:45)
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal