A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

LA CULTURA CON ALLENDE, en SADA o vindeiro día 27
Gonzalo Contreras e Eduardo Vassallo, escritores chilenos e xestores editoriais e culturais, lograron artellar esta notable obra testemuñal, “La Cultura con Allende”, que recolle os aportes que no ámbito da creación artística, concibida e enfocada como pulso popular dun país e rostro dinámico da súa cultura, se desenrolaron durante os mil días do Goberno da Unidad Popular, encabezado polo compañeiro Presidente, Salvador Allende.

Dous tomos que superan o milleiro de páxinas e centos de imaxes, constitúen esta obra monumental que recibiu o apoio e o beneplácito do Consello Nacional do Libro e a Cultura do Goberno de Chile, no ano 2012.

Gonzalo Contreras, incansable peregrino deste libro esencial, viaxará a España na próxima semana para presentar “La Cultura con Allende”,e tamén a varios países de Europa, comezando en Londres.

Estará en Santiago para presentar esta obra e disertar sobre o tema o venres día 27 -ás doce- no Consello da Cultura e despois, as vinte horas do serán, concretamente a Sada, invitado pola Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo,


Gonzalo Contreras (Santiago de Chile, 1958) poeta, editor e investigador. Premio "Carlos George Nascimento" á mellor edición do Bicentenario polo libro "Claudio Giaconi un escritor invisible".
No ámbito editorial ten publicados:
Poesía chilena desclasificada 1970-1973 (2006).
Poéticas de Chile (2007).
Poetas chilenos contemporáneos/ 20 del XX (2013).
Elogio del bar/ Bares & poetas de Chile (2014).
La cultura con Allende (2014), entre outros.

Dedicouse á xestión e producción cultural independente. Actualmente dirixe o catálogo e os proxectos audiovisuais da Editorial Etnika.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 19-06-2014 10:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal