A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A CULTURA TRADICIONAL GALEGA DESAPARECIDA

A CULTURA TRADICIONAL GALEGA DESAPARECIDA


Por Marisa Naveiro López

O pasado día 28 de febreiro, venres, acerqueime a Libraria Brañas en Sada donde Antonio Rodríguez Cabanas (Ourovello, Paderne, 1934) presentaba o seu libro sobre a vida e as costumes da súa aldea natal durante os anos 50 e 60 do século pasado.

Nunca tiña oido falar de Ourovello, o nome pareceume máis que bonito, poético, cun sentido tal que quen é de aló ten que ser boa xente, Ourovello pertenece á parroquia de Adragonte, e está moi perto de aquí, cruzando a ría de Betanzos, en Paderne.

O Ourovello é o símbolo da historia da Galiza rural dos derradeiros anos.Un sistema de vida, de produción, de convivencia que se vai perdendo.
O libro conta a historia desta aldea, que pasou de ter 88 habitantes na época que narra a só 10 na actualidade, das familias de entonces, de 6, 7 membros ou máis, cunhas características particulares, con lazos moi fortes de relacionamento. Tamén dos medios de vida: cultivos, montes, gando, comidas, xogos, oficios, sanidade, escolas, relixión, diversións e un moi largo etcétera.

A historia de Ourovello debe ser escoitada con respecto, amor e orgullo. Respecto e amor cara ás nosas raíces, orgullo de seguirmos sendo, a pesar de todo, nós mesmos.

O prólogo de Méndez Ferrín, un capítulo de Gonzalo Navaza, sobre os topónimos da zona e mapas e outros documentos completan a obra, que está adicada á xente de ben.
A edición deste libro conta co apoio da Asociación Cultural Libre de Paderne Roxin Roxal.
Comentarios (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 02-03-2014 23:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal