A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

DÍA MUNDIAL DOS HUMEDAIS
O 2 de febreiro de 1971 se firmou o Convenio sobre os Humedais, hai xa 43 anos, á beira do Mar Caspio, na cidade iraní de Ramsar. Creouse pois unha lista das zonas húmedas de importancia internacional formada, na actualidade, por 1.011 humedais de 117 países. España incorporouse á lista no ano 1982 aportando 38 humedais entre os que destacan os parques nacionais de Doñana e Tablas de Daimiel e lagoas como Villafáfila, e Gallocanta.

Galicia conta con máis de 1.100 ecosistemas deste tipo converténdose no territorio da península con maior diversidade de lagoas, brañas ou bosques húmidos. Con todo, a vulnerabilidade destas zonas que, malia contar cunha importante riqueza natural e cultural, vense afectadas de xeito periódico por agresións de diferente índole. No territorio galego, só cinco destes espazos gozan de protección legal e, aínda que hai o Inventario de Humidais Protexidos,(Corrubedo, Valdoviño, Umia-O Grove, ría de Ortigueira e ría de Ribadeo que suman preto de 7.700 ha.) queda moito por facer na súa conservación.


Os humedais teñen unha gran importancia ecolóxica porque reteñen a auga cando sobra e cédena cando falta. Manteñen a biodiversidade servindo como puntos de descanso e lugares de desenvolvemento de especies únicas. Son ecosistemas moi sensibles que se contaminan facilmente e destrúense case sempre por desecación ou recheo.

O CEIDA, editou unha guía de recursos sobre os humedais e a que se pode acceder ao pé.

En Sada temos o humidal de AS BRAÑAS e compartimos a laboura de conservación e recuperación do dito espazo, evitando o seu deterioro ambiental, elo contribuirá a un notable aumento de recursos e benestar social a través da oferta dun lugar para o descanso, a educación ambiental e, en definitiva, para garantir a permanencia dun espazo natural protexido para as xeracións futuras. Ao tempo apoiamos que entre outras medidas, se inclúan As Brañas entre os espacios protexidos da Reserva da Biosfera e cesen as prácticas especulativas inicialmente previstas.
Guía de recursos do CEIDA sobre os humedais
Informe sobre As Brañas de Sada
Comentarios (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 02-02-2014 10:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal