A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

EMILIA PARDO BAZÁN A CONDESA REBELDE (e 2)
A directora do filme Emilia Pardo Bazán a condesa rebelde, Zaza Ceballos, explicou que tres personaxes fundamentais do século XIX, que "casualmente eran tres mulleres galegas e coetáneas", Emilia Pardo Bazán, Rosalía de Castro e Concepción Arenal, fixérona idear unha especie de triloxía que inaugura a autora coruñesa. O obxectivo último do filme é recoller todos os elementos que conformaron a vida e a obra de Pardo Bazán, intentando ser o más fiel posíbel á realidade.
O contorno que pisou a escritora recréase en distintos espazos con gran realismo: a Casa-Museo da escritora, sede da Real Academia Galega, onde rodaron algunhas escenas da súa xuventude; o mosteiro de Poio (Pontevedra) recrea unha librería presente en toda a película e onde a autora debatía co libreiro e a súa filla; tamén se utilizaron lugares como os xardíns do Pazo de Meirás, o Ateneo de Madrid ou a Fábrica de Tabacos da Coruña, que inspirara a Pardo Bazán para escribir La Tribuna.

No proceso de documentación da película colaboraron especialistas na vida e obra da ilustre escritora, como Darío Villanueva, secretario da Real Academia Española, Xosé Ramón Barreiro, experto pardobazanista, Ángeles Quesada, autora de numerosos artigos sobre a escritora ou Julia Santiso, conservadora da Casa Museo de Emilia Pardo Bazán.

Interpretar a unha muller tan contundente, intensa e emblemática como Pardo Bazán requiría doutra muller con forza e personalidade na pantalla. A elixida foi a galega Susana Dans. Traballar co personaxe foi un traballo fondo, debido "á gran cantidade de material sobre a escritora".
A interpretación susténtase tamén con actores e actrices, tanto galegos como do resto do territorio español. Mabel Rivera, Antonio Durán "Morris", Manuel Lourenzo ou Casilda Alfaro representan "as voces críticas ou de aceptación da escritora no contorno da sociedade onde viviu", segundo a directora.

O filme foi, na súa maioría, realizado por mulleres, desde a dirección, o guión, a produción, o maquillaxe ou o estilismo. Este trazo concorda co afán de mostrar as contribucións de Pardo Bazán na consecución da igualdade entre homes e mulleres, un trazo latente en toda a obra. Ademais, a directora destacou a gran axuda da Secretaría Xeral da Muller e da Consellería de Educación e Cultura.

Os enlaces ao pé permiten visionar a terceira e cuarta parte.
A condesa rebelde 4/4
A condesa rebelde 3/4
Ver Emilia Pardo Bazán a condesa rebelde (1)
Comentarios (0) - Categoría: Biografías-Emilia Pardo Bazán - Publicado o 28-01-2014 00:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal