A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

HOXE, ÁS 20.00 h, PRESÉNTASENA CAPELA DE SAN ROQUE, O LIBRO
Hoxe,día 18, ás 20:00 h. na capela de San Roque a Asociación da Prensa da Coruña e o Concello de Sada presentan o libro As Mariñas de los periodistas. Con tal motivo, volvemos publicar a entrada deste blogue editada cando se presentara este mesmo libro na Coruña.


RÚAS CON NOME, NOMES CON HISTORIA: UN LIBRO SOBRE OS XORNALISTAS CON RÚAS DEDICADAS

A Asociación da Prensa da Coruña acaba de publicar un volume de medio milleiro de páxinas -As Mariñas de los periodistas- no que se recollen as biografías dos xornalistas que teñen rúas dedicadas na área metropolitana da Coruña. Entre eles, figuran aqueles que forman parte do nomenclátor do municipio de Sada: Manuel Lugrís Freire, Ramón e Xohán Antón Suárez Picallo, Manuel L. Freire-Calvelo, Joaquín Castro Arias, Isaac Díaz Pardo, Eduardo Blanco Amor, Rosalía de Castro e Xohán Vicente Viqueira, con biografías da autoría de Manuel Lugrís Rodríguez, Dolores Vázquez, Manuel Pérez Lorenzo, Cristina Díaz, Xerardo F. Albor, Xosé López García, Helena Villar e Juancho Martínez, respectivamente.

A A. C. Irmáns Suárez Picallo aplaude esta iniciativa, na medida en que contribúe a dotar de maior significado ao feito de lle dedicar un espazo público a unha personaxe. Desde a nosa Asociación estamos a desenvolver un proxecto que, baixo o título "Rúas con nome, nomes con historia", pretende difundir a traxectoria biográfica e a obra de sadenses e persoas ligadas a Sada que figuran no nomenclátor.
Comentarios (1) - Categoría: Actualidade - Publicado o 18-04-2013 18:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Asistín onte ao acto de presentación. Aplausos para todos os que participan neste tipo de iniciativas. Unha crítica construtiva, polo ben da l#blgtk08#ingua. A representante da área de cultura da Deputación da Coruña ben podería ter empregado no seu discurso a lingua de Manuel Lugrís Freire.
Comentario por xoanseca (19-04-2013 08:16)
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal