A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

DESPEDIDA DE MÉNDEZ FERRÍN

Sentimos a decisión de Méndez Ferrín renunciando a presidencia da RAG así como a condición de membro numerario da mesma.
Cando en xaneiro de 2010, soubemos do seu nomeamento para o cargo, dende esta Asocación sumámonos aos parabéns. Hoxe, tamén a nosa felicitación e ao seu equipo polo traballo desenvolvido a fronte da mesma e as grazas polas decisións adoptadas sobre a lingua galega...


Despedida de Méndez Ferrín

Á Comisión executiva e membros numerarios e correspondentes da Real Academia Galega.
Mediante este escrito renuncio á presidencia da Real Academia Galega e no mesmo acto renunciarei á condición de membro numerario da institución. Doulles as grazas e un abrazo a todos os membros da Executiva porque á súa intelixencia, superior cultura e desinteresada entrega son debidas as obras, éxitos e conquistas que acadou e coñeceu a Academia no período inconcluso que termina coa redacción da presente carta. De modo especial quero destacar a dedicación sacrificada e lúcida do Secretario.
Á maioría dos académicos e académicas quérolles significar os meus sentimentos fraternais e o meu agradecemento polo seu labor ilusionado, a súa lealdade institucional e cooperación eficiente.
Non obstante, outros académicos e académicas, unidos a persoas externas, fixéronme sentir que eu non teño sitio na Academia. Beizón tamén a estes e estas porque os seus esforzos, finalmente coroados por un éxito completo, tiveron a virtude de me facer ver a tempo onde debo estar e onde non debo estar nos poucos días que me resten de vida.
Viva e floreza a Academia Galega!

Viva Galicia ceibe!
Parabéns a Méndez Ferrin polo seu nomeamento como presidente da RAG
Comentarios (1) - Categoría: Actualidade - Publicado o 26-02-2013 16:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 É unha sensación amarga a que sinto por esta noticia. Xosé Luís Méndez Ferrín é un referente literario de primeira magnitude e o seu papel na defensa do idioma moi destacable. Creo que a RA#blgtk08#G iniciou baixo a súa presidencia un camiño de futuro que non debe abandonar. Opino que todos os que defendemos a nosa lingua temos dereito a saber que pasou, con nomes e apelidos.
Comentario por xoan seca (26-02-2013 18:19)
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal