
Tal día como hoxe, hai 150 anos, nacía en Sada Manuel Lugrís Freire. Damos hoxe inicio, pois, ao 150 aniversario do seu nacemento, que se verá acompañado con diversos actos ao longo dun ano, o 2013, que foi declarado institucionalmente como Ano de Manuel Lugrís Freire polo Concello de Sada e no que contaremos coa colaboración da Deputación da Coruña.
Publicamos hoxe, por primeira vez, a partida de bautismo de Lugrís, na que se acredita o seu nacemento o día 11 de febreiro, e non o 12, que é a data que adoita figurar nas biografías. |