A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

13 de OUTUBRO · PRESENTACIÓN DO Nº 5 DE AREAL

O pasado sábado 13 de outubro tiña lugar na Capela de San Roque, rehabilitada e reconvertida en espazo cultural en marzo de 2011, a presentación do nº 5 da nosa revista Areal. Ante un público que abarrotaba o edificio (preto de 150 persoas), actuou a Coral Polifónica da S. R. C. D. de Sada, interpretando pezas galegas e 3 obras da autoría do escritor sadense Ricardo Flores, a quen temos homenaxeado recentemente con motivo do 10º aniversario da súa morte. A Coral foi finalmente agasallada cunha peza do escultor e directivo da nosa asociación Xosé Val Díaz, Valdi.

Posteriormente, o socio Manuel Pérez Lorenzo realizou un percorrido polos contidos do presente número de Areal, que conta cunha sección especial dedicada ao propio Ricardo Flores.

Finalizou o acto cunha intervención excepcional: a da actriz Carmen Moreno, que representara obras de Ricardo Flores no Buenos Aires dos anos 50. Nesta ocasión, representou un anaco da obra Un ovo de dúas xemas, deleitando ao público coa súa vitalidade e simpatía.


Presentou e coordinou todo o acto o noso presidente Paco Pita.
Comentarios (2) - Categoría: Actividades - Publicado o 29-10-2012 11:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Mis felicitaciones por la gran labor que haceis en la revista AREAL.

Es para mi un orgullo haber podido asistir a la presentación de la revista nº 5,pero sobre todo como sobrina de CARMEN MORENO#blgtk08#.

Quiero daros las gracias por todas las felicitaciones que ella recibió ese día, en el cual se sintió muy orgullosa de poder participar en el omenaje a RICARDO FLORES.

Un saludo
Comentario por Maria Dolores Moreno (29-10-2012 15:28)
2 Os agradecidos somos nós por contar coas suas valiosas aportacións, tanto na exposició#blgtk08#n sobre Ricardo Flores no pasado mes de xullo, como na presentación do nº 5 de AREAL.
Comentario por acsuarezpicallo (29-10-2012 15:36)
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal