A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A A.C. IRMÁNS SUÁREZ PICALLO, TRES ANOS NA REDE
Este blogue iniciou a sua andadura na rede o día 17 de outubro de 2009. Cumplimos pois tres anos.
Neste tempo, publicamos 1020 entradas relacionadas coas distintas categorias ou seccións nas que está configurado e alcanzamos as 150.000 visitas.


Ainda que nos ocupamos de difundir textos e informacións relacionados con Sada, tratamos ademais de divulgar os escritos de Ramón Suárez Picallo. Os 730 artigos que -ata hoxe- publicamos de RSP,corresponden case na sua totalidade ao período de permanencia en Chile como exiliado(1942-1956)ainda que tamén publicamos artigos correspondentes a sua etapa como emigrante en Bos Aires(1912-1931) ou como deputado nas Cortes da II República e da sua última etapa na Arxentina(1956-1964)


Os CADERNOS DE ESTUDOS LOCAIS (12 números editados + un extraordinario) e a revista AREAL
-agora na rúa o seu nº 5- son tamén outros materiais editados por esta Asociación, que se poden ler no apartado de Publicacións.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 17-10-2012 17:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal