A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Toma de posesión de Lito e Liss

Onte tomou posesión como concelleiro polo grupo do BNG no Concello de Sada, Manuel Pérez Lorenzo "Lito", vicepresidente da nosa Asociación Cultural, principal impulsor de moitas iniciativas da mesma e namorado de Sada e da súa historia.
Coñecemos o bo facer de Lito, pois non hai máis que ver o resultado nas nosas publicacións como son os Cadernos de Estudos Locais, a coordinación e maquetación da revista Areal, a montaxe e difusión dos vídeos no noso blogue… E tamén sabemos da súa exrtaordinaria capacidade para achegarnos todo tipo de información sobre a historia da nosa cidade. Onte xa defendeu excelentemente ante o pleno unha moción para a conservación de tres edificios modernistas en Sada, que desgraciadamente non foi considerada urxente polo goberno municipal.
Tamén tomou posesión como edil do BNG Xosé Lois Suárez Becerra, "Liss", comerciante no noso municipio e socio tamén da A. C. Irmáns Suárez Picallo. Onte se estreou presentando con moito acerto un voto particular co que o seu grupo pretendía axudar ao comercio local nestes duros momentos que atravesa, mais novamente foi desestimado polo goberno.
Ambos os novos concelleiros son ben coñecedores da realidade local, dos seus problemas e as súas necesidades, polo que non dubidamos que farán un bo traballo desde esta nova responsabilidade, procurando que a idiosincrasia que caracteriza a Sada e os seus valores culturais, patrimoniais, etnográficos e medioambientais permanezan. ¡Ánimo!, ¡Noraboa! e ¡Adiante!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-08-2012 10:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal