A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A SGHN recolle firmas para que As Brañas de Sada sexan incluídas na nova Reserva da Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”
A Delegación das Mariñas da Sociedade Galega de Historia Natural creou unha recollida de firmas dixital para solicitar a inclusión do humidal sadense As Brañas na nova Reserva da Biosfera galega. A continuación xúntase o texto que acompaña á petición, así como o enlace para deixar a sinatura.


Fai click aquí para asinar

A paraxe coñecida como as Brañas de Sada é un humidal litoral de orixe natural situado en pleno centro urbano desta vila costeira da Coruña (Galicia-España).
O humidal forma parte dun antigo “sistema de humidal praia-barreira” sobre o que se situou a trama urbana de Sada.
As Brañas sufriron una profunda transformación debido á explotación de arxila para a fabricación de tella e ladrillo iniciada a principios do s.XX e abandonada 60 anos despois. As lagoas actuais son produto da explotación de máis de 10 telleiras.
Desde 1994 está vixente un Plan de Protección no que se preservan 24ha mais que en realidade serviu como instrumento para urbanizar, a base de sucesivos recheos, unha superficie equivalente usurpada ó humidal.
Ademais de acoller especies ameazadas (Real Decreto 439/1990, Catálogo de especies amenazadas) e de interese comunitario (Directiva 92/43/CEE), As Brañas conservan restos do pasado recente industrial, tan ameazados pola desidia e o abandono como a fauna e flora do contorno.
Na Delegación de As Mariñas da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) traballamos para que dunha boa vez cesen as ameazas de urbanización, o verquido de restos de todo tipo e a despreocupación do goberno municipal que, aínda que apoia a creación da Reserva da Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”, non achega nin un só metro cadrado de superficie protexida á mesma e ademais, no Plan Xeral de Ordenación Urbana omite a figura de protección de As Brañas e, con alevosas intencións, recualifica os terreos que estas ocupan.
Axúdanos a esixirlles ó alcalde e ó goberno municipal de Sada que, sen ambigüidades, decidan protexer As Brañas de forma efectiva, que as propoñan e inclúan entre os espazos protexidos da futura Reserva da Biosfera e que cesen as súas prácticas especulativas, tomando as medidas oportunas para converter este humidal nun referente para o turismo verde (diversificando e desestacionalizando así a oferta turística dunha poboación tan dependente desta actividade) e que sexa un espazo para que a cidadanía goce dunha natureza ben conservada.
Artigo sobre As Brañas escrito por Rafael Carballeira e publicado no Nº1 de Areal
Asina a petición
Delegación das Mariñas, SGHN
Comentarios (0) - Categoría: Espazos naturais de SADA - Publicado o 29-08-2012 15:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal