A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

ESPAZOS NATURAIS DE SADA: UNHA NOVA SECCIÓN NO BLOGUE
Iniciamos hoxe esta sección dedicada a divulgar os valores medioambientais e paisaxísticos do noso municipio. Facémolo coa intención de contribuír a coñecérmonos un pouco mais a nós mesmos e, ao mesmo tempo, concienciar á cidadanía da importancia de preservar eses espazos e de esixir aos responsables políticos a súa activa implicación, antepoñendo o interese polo respecto e coidado do medio aos intereses especulativos que só benefician a uns poucos.

Sada alberga espazos de gran interese, como poidan ser o humidal de As Brañas (estudado por Rafael Carballeira no Nº1 de Areal), a costa de Fontán a Veigue e diversas áreas arboradas do interior.

Todos eles caracterízanse por teren sufrido o acoso dun urbanismo mal planificado e profundamente irrespectuoso, mais conservan valores que os fan susceptibles de atención, estudo e conservación.

Desde este blogue procuraremos cubrir as carencias informativas que a este nivel presenta a administración municipal na súa web, onde non existe un apartado divulgativo nesta materia.

Unicamente podemos atopar alusións ás praias de Sada, ás principais rutas de sendeirismo e ás Brañas. En todo caso, son moi breves, emprazadas no apartado de Turismo e enfocadas desde un punto de vista exclusivamente turístico e non divulgativo.

Xuntamos unha pequena montaxe audiovisual de diversos paraxes de Sada, agardando que vos guste.


Comentarios (0) - Categoría: Espazos naturais de SADA - Publicado o 14-08-2012 20:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal