A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

NOVAS REALIZACIÓNS DOS RAPACES DO IES MOSTEIRÓN
Temos o gusto de publicar hoxe no noso blogue dúas das últimas realizacións dos rapaces do IES Mosteirón, neste caso dos de 4º PDC, co seu profesor Xosé A. Seoane Cao.
Trátase dunha guía de Sada e dun documental sobre o noso concello. Dúas xoias que nos ensinan a amar e respectar o máis propio.
Reiterámoslles os nosos parabéns a todas as alumnas e alumnos participantes por un traballo serio e trementamente útil para a cidadanía, e a Xosé Seoane por tan feliz iniciativa.




A FILLA DA RÍA DE PRATA (GUÍA DE SADA)

A guía de Sada que mostramos a continuación, é o resultado dun proxecto de traballo dentro do programa Galicia: para vivírmola deseñado e desenvolvido no noso centro para o alumnado de PDC (Programa de diversificación curricular) baixo a coordinación do profesor Xosé Seoane Cao.

Este documento, resultado da suma de traballos escolares nun longo proceso, recolle a información máis relevante do concello de Sada e compleméntase cun folleto turístico, unha presentación audiovisual, unha exposición de hórreos, cruceiros, fontes e lavadoiros e un documental (que tamén publicaremos neste blog en breve). Dedícase o traballo a Isaac Díaz Pardo, galeguista histórico e exemplo a seguir, no ano do seu pasamento.




http://edelingua.blogspot.com.es/2012/06/filla-da-ria-de-prata.html



A FILLA DA RÍA DE PRATA (DOCUMENTAL)

É un documental que nos ofrece unha visión moi persoal do concello de Sada. Forma parte do proxecto didáctico do ámbito lingüístico e social deseñado e desenvolvido por Xosé Anxo Seoane Cao co alumnado de 4º de PDC no IES O Mosteirón no curso 2011/2012. Complementa a guía do concello de Sada editada tamén dentro deste proxecto. Javier González Garrido encargouse da cámara e da montaxe; Katherine, Pamela, Adrián, Marcela, Anna, Héctor, Álex, Nerea, Lucía e Thiago da documentación. Foi producida por Édelingua.



http://edelingua.blogspot.com.es/2012/06/filla-da-ria-de-prata-documental.html
Comentarios (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 15-06-2012 20:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0