Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...
Visitas (desde o 05/08/2010)
|
|

|
| Únete a nós! |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| ACTOS PARA HOXE E MAÑÁN |
|

Hoxe, xoves 7 ás 20:00 h. terá lugar a inauguración da exposición sobre os irmáns Suárez Picallo na AAVV. Agra do Orzán (Entrepeñas nº 38, A Coruña), coa presenza de varios membros da nosa asociación. Poderase visitar a partires de mañán, venres 8.
Por outra parte, mañán na Casa da Cultura de Sada asistiremos ao interesante acto que organiza a produtora Édelingua, do IES Mosteirón, no que nos presentará as súas últimas creacións audiovisuais. Este é o programa:
20:00 Benvida.
Entrega do premio Édelingua 2012, outorgado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES O Mosteirón ao alumno/a que máis se teña significado na defensa e promoción da lingua galega.
Presentación de Édelingua, a produtora de audiovisuais do IES O Mosteirón.
Curtametraxe: Eu falo galego porque… (3’)
Curtametraxe: Na oficina de obxectos perdidos. (6’)
Curtametraxe: As mazás casamenteiras. (8’ 50’’)
Curtametraxe: Galego, todo o que buscas. (4’ 35’’)
Estrea da curtametraxe: O drama do cabalo de xadrez (14’)
Estrea do documental: A Filla da Ría de Prata (13’ 30’’)
21:20 Entrega de guía, DVD e folletos turísticos. |
|
|
|
|
| Deixa o teu comentario |
|
|
|
|
|