A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

VERBAS DE RAMÓN SUÁREZ PICALLO NO AGASALLO DO CONSELLO DE GALIZA A MARÍA CASARES
Pra ti, María Casares, nosa irmán en Galicia e no amor á Libertade, en homaxe a ti, en sinal de ademiración por ti tendeuse ista mesa. As persoas que a rodean, donas e cabaleiros, pertencen a ista Galicia Ideal que é Buenos Aires con trescentos mil galegos. Traballan todos e todas a prol das suas máis diversas institucións representativas. É dicir, traballan por Galicia e pola sua elevación cultural i espritual, e, tamén por reconquerir a sua libertade. Convocounas o Consello de Galiza, e somentes a premura do tempo impidíu que o número non sexa maior, xa que, o conxuro do teu nome ilustre, de non ser por eso, serían milleiros os que te rodearían ista noite.
A pesares da siñificación e da resoancia histórica do teu apellido na historia derradeira de Galicia, que nós valoramos, iste homaxe e somentes pra ti, María Casares, artista xenial na nobre arte teatral, istrumento precisoso de cultura e de emoción populares; e no que ocupas un posto de primeira entras primeiras do mundo. Porque vemos na tua groria e na eisaltación da tua persoa, a eisaltación i a grorificación da nosa Patria Galega. eisí, como vemos, continuada en ti, a continuidade de outras grandes mulleres nosas: a misericordia de Conceución Arenal, o lirismo de Rosalía, o senso crítico da Condesa i o valor heróico i arriscado da nosa veciña María Pita; valores femeninos da Nosa Galicia, Matriarcal e Maternal; é decir, terra de grandes mulleres, irmás destacadas da comunidade de heroinas homildes, sofridas e valerosas, que traballan a terra, crían ben aos seus fillos e, despois, rezan por eles cando andan percorrendo os camiños do mundo. De todas elas eres ti parigual, porque eres hoxe a máis extraordinaria muller galega do mundo.
Non importa que esteas en París, é sempre a capital de tódolos grandes espritos. Por eso ningún esprito superior se sinte estranxeiro en París. E menos ti, encarregada de ter relación permaente con Corneille e con Racine, con Balzac e con Víctor Hugo, dándolles carne, sangue e corazón, esprito ás súas criaturas de Arte.
Nós sabemos que envolvéndote, arrodeándote, dándoche hálito, azos e pulos, vai a sombra proteitora e benfatoira, de Galicia, a xeito de Musa e Fada. A lembranza de Rosalía e de Curros, a visión da Patria ben amada van alumeando, cubrindo de aureola e de lus os teus camiños. ¡Que eisí sexa sempre María Casares!
Pra que cando voltemos á Terra, en corpo físico ou en esprito impapábel, atopémoste a ti, ou ao teu nome grorificado por tódolos seus recunchos. Especialmente naqueles recunchos que che son máis amados. A Cruña, Monelos, Perillo, Montrove, Santa Cristina, Riazor, Bastiagueiro. Porque eisí, na groria do teu nome, atoparemos grorificada a Galicia.



Unión Gallega, outubro 1957.
Comentarios (0) - Categoría: RSP-Persoeiros (artistas) - Publicado o 08-10-2011 10:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal