A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Unha necrolóxica de Suárez Picallo
Discurso de Valentín Fernández no enterro de Ramón Suárez Picallo


Irman Ramón: Galicia te veu nascer, e Galicia te recibe no teu derradeiro sono, n-estas pedras galegas asentadas en teras da Patria.

N-iste cadaleito tópase un corpo que pódese decir simboliza a prenitud de amor a Galicia. Pois Ramón Suárez Picallo foi unha vida dada en fondura a prenitude a Galicia. Pérdese con él a figura política mais esgrevia das que viven e o pecharse a sua boca vaisa o xuglar que mellor cantou a Patria. A sua perda e door e soio lamentamos a falla de quen debera reemplazalo.

Irman Ramón Suárez Picallo: Hoxe brua o Orzan, o teu Orzan, tantas veces añorado por tí, con lamentos que soio ti escoitas.

Hoxe a Pena da Marola erguese feliz pois xa ti atopaste no seu seo como galano namorado que d’ela fuches.

Hoxe o Olimpo galego recende con gosto o hino pois eisí reciben os mellores fillos dos eidos nadales e ti, fuches sin dúbida algunha, siñado para as grandes tarefas patrioticas. Eisí teñon que recibir es nosos mortos o noivo amado de Galicia.

Hoxe chora o chan e o ár galego. Choran o seu fillo ido no viaxe de eternidade.

Choramoste todos, meu ben. Choramoste na perda física e recollemoste vivo no teu mensaxe. No teu mensaxe alcendido en reprobación os aldraxes e magoas da terra. Recollemoste vivo no teu baril énfasis, inclaudicante marcando os vieiros pra o retorno o que perdimos.

E tí, mártir casi trinta anos, portando unha ialma ferida polo recordo e o door, asiñalasnos ca tua conducta cal e a liña da que os gallegos non se deben apartar sin a perda das condiciós que a patria recrama dos seus fillos para voitar os seus destiños, que foron nunha era feitos tanxibres; nunha vulta perdidos e logo meta a que volveremos polo esforzo común.

Viviches como ninguén a traxedia que dou a Galicia unha semente de mártires. Os que morreron baixo as armas fraticidas foron mais felices que tí que levaches o teu marteiro debullando, grau a grau, a traveso da tua vida física, a copa aceda da door que soio a morte pudo finar.

Fuches a vida adicada a Galicia. A tua noiva eterna. Predestiñado pra os grandes destiños da patria preparacheste con ternura pra servila. Non poido ser. Frustraron os teus anceios os eternos nemigos nosos.

Mais dentro ou fora da terra concebiches unha Galicia. E a ela lle diches todo canto fuches e todo canto tiñas no teu corazon rebosante de bondade de amor. Non voltaches mais a ela e o teu pelegrinaxe foi a búsqueda incesante da Galicia Eterna.

A tua prédica foi cáustica, sin perdós nin debilidades, chamando a defensa permanente da patria.

A tua foi unha vida adicada a Galicia, sin pausas e sin estridenzas, con paixon fanática sin que nunca endexamais te apartaras do teu roteiro sin que os teus beizos tiveran a mais livian verba de queixa ou de amargura.

O teu fogar, que non fixeches, foi Galicia en esencia ou en presencia. A tua vida, que non coidaches no esforzo, foi pra Galicia. A tua fortuna non foi feita mais que na riqueza do teu esprito, esprito que supón un legado que nosoutros recollemos como destiñatarios ca firme obriga de comprilo.

Por eso non temos bagoas nos ollos por este ben morto. Ti rezumas promesa inesquencibre de mensaxe de vida que nosoutros seguiremos. O teu exempro, sempre será valedeiro, e supon un camiño duro que tomamos a nome do teu calvario.

Soio pido fé e valore pra que o meu corazon sexa duro, o meu brazo firme e a miña mente fidel pra honrarte como ti meresces.

Deus non che dou a felicidade de morrer no intre traxico e tiveches que ver as libertades galegas conculcadas, o povo perseguido, os mellores fillos mortos ou desterrados, o idioma negado, a economia esquilmada, a patria feita unha gran cadea ca uneca liberacion d-unha emigración que fecunda povos alleos e deixa a terra famenta de agarimo e de fogares. Fuches un martir mais, martir duas veces.

Irman Ramón: Morriches como ti querías: nun fogar galego na terra arxentina a que quixeches e representaches polo teus anceios de xusticia. Repousaras hasta o intre da volta a fogar comun o pé de fortes columnas que se asentan sobor da terra galega. Estás no lugar comparabre a Santo Domingo de Bonaval. Ela o verbo: eiquí a aicion. D-esa conxuncion saldrán as normas que liberaran a patria. Que pronto tí, Villaverde e Castelao se atopen con Brañas e Rosalía no dia xubiloso presentido. Ese e o noso sono e a nosa espranza.

A nome do coro “Brétemas e Raiolas”, cuios mozos te troixeron eiquí, cumprindo o teu desexo.

A nome dos Centros Provinciales de Bos Ars. A nome de quenes che amamos fondamente. A nome da tua noiva Galicia, douche o bico de amore que leva o agradecimento da patria o que foi un dos mellores bos e xenerosos.



Publicado en Orientación Gallega nº 26, Buenos Aires, outubro-novembro de 1964

Transcrito e cedido por Hernán Díaz
Comentarios (0) - Categoría: Textos históricos - Publicado o 22-09-2011 10:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal