A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A CULTURA GALEGA NA SUA DIMENSIÓN AMERICAN.
RSP residente xa en Bos Aires, publica no xornal Lugo unha reseña sobre o libro de Alonso Rios "A Cultura Galega na sua dimensión american" que se publica nesas datas...


Setembro de 1961

A CULTURA GALEGA NA SUA DIMENSIÓN AMERICÁN

Por Ramón Suárez Picallo

Antón Alonso ríos é sustancial i esencialmente un patriota galego, un home de ben, unha conduta vertical e un xeito humán de ver a Galicia no mundo. É tamén un escelente escritor, pedagogo e divulgador dos nosos valores. A iste home, que nasceu en Silleda e se recriou en Buenos Aires, vivindo soñando e loitando pola libertade da súa patria houbo quen lle reprochou de vivir constantemente na lúa. Cando se lle dixo a Castelao ista afirmación da outura sideral en que vivía Alonso Ríos, o gran líder e artista respondeu: E non será que somos nós os que adamos moi a rás de terra, en vez de ser il o que anda moi por enriba?
Con esta resposta de Castelao, queda retratado o noso Alonso Ríos, cabaleiro dos espacios sideraes onde os pés non tocan a probe e mísera terra das pasións inferiores dos probremas enrevesados, e de ética corrutíbel das outas ideias e dos sagros pensamentos a que se refería Pondal no seu poema inmorrente.
Alonso Ríos acaba de pubricar un pequeno opúsculo, cuio tíduo encabeza estas liñas: “A cultura galega, na sua dimensión americán”. (Bases pra unha política Galega). É dicir, unha Galicia que vive, pensa, loita e agarda nos seus propios lideiros xeográficos e unha Galicia trasmariña de alén mar, que asentou eiquí, nestos pobos de América, unha forte raíz social regada co senso moral e espritual de cumprir os deberes i exercer os dereitos. Unha Galicia que insultou nestas nascentes sociedades americáns a súa persoasilidade sin crebar, nin violar ningunha virxinidade autótona.
Pra Alonso Ríos, según esprica no seu opúsculo, coida que istas duas Galicias teñen que entenderse e conxugarse encol dun pensamento sustancial o manteñimento da vella persoalidade patrial, ó traveso do traballo e da cultura. Non esquence Alonso Ríos a condición xeográfica da Península Ibérica e, por ilo, esprica nun mensaxe histórico na súa calidade de segredario do Consello de Galicia a necesidade de incorporar integramente o Portugal irmán á vida política e cultural do dramático pelexo de touro ibérico.
En resumen. Un precioso libro escrito en limpo idioma galego que marcará sen dúbida algunha, un fito como ensaio político da Galicia dos nosos tempos.


(Artigo publicado no xornal Lugo,en Bos Aires, en setembro de...1961)
SOBRE ALONSO RÍOS
Comentarios (0) - Categoría: RSP-Galegos de sona - Publicado o 19-09-2011 01:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal