A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

NACIONALISMO GALEGO EN BOS AIRES (1930)
Texto do libro TEORIA DO NACIONALISMO GALEGO. Vicente Risco. Coleitividade Galega Buenos Aires. 1966.

Reproducimos este Primer manifesto firmado en Bos Aires, en setembro de 1930, por R. SUÁREZ PICALLO, FRANCISCO REGUEIRA, LINO PÉREZ,E. BLANCO AMOR, P. CAMPOS COUCEIRO, A. ALONSO RÍOS e publicado no xornal Galicia en abril de 1931, e que tomamos do libro Ramón Suárez Picallo:Años de formación política ,e que nos facilitou no su día o autor Hernán. M Diaz (Alborada, 2008. Buenos Aires)


PRIMER MANIFIESTO DEL
NACIONALISMO GALLEGO DE BUENOS AIRES
(1)

Os debaixo firmantes,
Considerando:

Que Galicia vive n-unha hora da meirande importancia pra o seu porvir social, político, económico, espritoal, da que pode resultar, ou a sua permañenza no autual estado d’opresion, d’asoballamento pol-os poderes centralistas, ou o conquerimento d’un conxunto de liberdades e de reivindicaciós que abririan un longo vieiro de posibilidades a mais outas e definitivas conquistas.
Que a indifrenza frente as inquedanzas de caraute político que latexan en tod-a eistension da nosa Terra, impricaría favorecer aos nemigos especificos do noso pobo, das suas mais vidaes arelas, causantes, asimade da nosa pobreza, do noso submetemento, da nosa decadenza cívica e de todol-os males físicos, morales e sociaes da nosa Terra: as tradicionaes organizaciós politicas que auntuan ó frente do Estado hespañol, protexedoras de caciquismo, do fraude, da indiñidade cibdadan.
Que a descomposicion visibel dos devanditos orgaismos e a xenreira que criaron no pobo debe sere aproveitada pra apural-a sua definitiva crise e suprantal-os por outros axeitados ás comenencias e ás carauteristicas da nosa Terra, da nosa economia, do noso pensamento e do noso esprito.
Que n-este proposito, obxetivo, inmediato, de destruir o autual estado de cousas poden coincidir diversas corientes políticos e ideolóxicas en procura de difrentes finalidades, das quales, o nacionalismo galego como doutriña e como accion pode ser a ourentadora, por que se inspira na entrana mesma da Terra e da Raza e nos seus problemas de onte, d’hoxe, de mañan e de sempre.
Que n-este senso, o programa de Lugo e de Monforte, coas derradeiras decraraciós da VI Asambreia da Cruña, sen limitar ningunha aspiracion por destemida e avanzada qu-ela sexa, contempra a realidade viva da Galicia nos seus múltipres aspeutos.
Que, por outra parte, os programas que aspiren a se realizaren co concurso do pobo, non son doturiñas estáticas, nin dogmas intanxibels, senon que han ser revisados e modificados a medida que o indiquen as circunstancias, xa que nos movementos politicos a acción é a qu’ensiña.
Que é de urxente necesidade a criacion d’un forte partido nacionalista que sintetice as aspiraciós do pobo galego, apto pra autuar politicamente de porsi, axeitando a sua doutriña e a sua acción ás mais inmediatas aspiraciós do noso pobo.
Que non eisitindo, por hoxe, ise partido, esto non xustifica que os nacionalistas non deban autuar politicamente, senon que, pol-a contra, é seu deber ineludibel autuar e infruir en favor dos seus principios todal-as correntes que tendan a suprimir o vello tinglado da farsa do Estado hespañol, coa ollada sempre posta na finalidá do nacionalismo como meta da sua acción.

Acordamos:

Afirmar a nosa fé no nacionalismo galego, acatando e procramando como sua doutriña o contido dos programas de Lugo e de Monforte, coas decraraciós da VI Asambreia da Cruña. E, formar un pacto de unidade absoluta de acción pra realizar a laboura que s’eispresa nos puntos que siguen:
Infundir, no seo da colectividade galega inmigrada na Repubrica Argentina, un amplo e aberto intres pol-o galeguismo en todol-os seus aspeutos, no economico, no cultural e no politico.
Coordinar-a acción particularista e isolada das sociedades dos emigrados n-unha comun finalidade d’axuda unica a Galicia e a todal-as suas cousas, sobre todo aquelas que tendan ó seu progreso autenticamente galego.
Procural-a formación d’unha entidade que, agrupando dentro d-ela o maor numero de asociados, destiñe os seus recursos eiscrusivamente á accion politica do nacionalismo en Galicia.
Auspicial-a obra que o Centro Gallego de Buenos Aires debe realizar en favor da cultura galega, d’acordo cos propositos que figuran nos seus estatutos.
Colaborar e prestar axuda entusiasta a aquelas entidades que n-este senso veñen realizando unha labor xenerosa de proteucion ó Seminario d’Estudos Galegos, á Residencia universitaria de Sant-Iago e a cantas obras en benefizio de Galicia se trata de levar a cabo.
Espallar en todal-as formas e do xeito mais eficaz a doutriña e os postulados do nacionalismo galego.
Coordinar as opiniós particulares e unificar práctica e ideoloxicamente a colectividade galega da Repubrica Argentina pra que, ben ourentada, coincida en todol-os casos de grave importancia pra Galicia, servindo eficazmente d’apoio a todo labor que en pro da sua liberdade e do seu progreso tencionese realizar.

R. SUÁREZ PICALLO, FRANCISCO REGUEIRA, LINO PÉREZ,
E. BLANCO AMOR, P. CAMPOS COUCEIRO, A. ALONSO RÍOS
Bos Aires, setembro 1° de 1930


NOTA DE HERNÁN DÍAZ

(1) Tomamos el texto de su segunda publicación en el Galicia, 19 de abril de 1931.


Comentarios (0) - Categoría: Textos históricos - Publicado o 14-09-2011 09:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal