A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

HOXE, VENRES 3 DE MAIO A NOSA VECIÑA VANESA PRESENTA EN SADA A SÚA PRIMEIRA NOVELA!!

Comentarios (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 02-05-2013 23:44
# Ligazón permanente a este artigo
CONFERENCIA DE EDUARDO FERNÁNDEZ RIVAS SOBRE AKENATÓN, O FARAÓN HEREXE DE EXIPTO
Comentarios (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 02-05-2013 00:02
# Ligazón permanente a este artigo
ALONSO MONTERO, NOVO PRESIDENTE DA RAG

A Real Academia Galega acaba de elixir novo presidente na figura do escritor e investigador Xesús Alonso Montero. Desde a Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo queremos transmitirlle os nosos parabéns ao noso colaborador e a todo o seu equipo, así como agradecer a Xosé Luís Méndez Ferrín e á directiva saínte o seu magnífico traballo nos últimos anos.
Comentarios (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 20-04-2013 16:50
# Ligazón permanente a este artigo
HOXE, ÁS 20.00 h, PRESÉNTASENA CAPELA DE SAN ROQUE, O LIBRO
Hoxe,día 18, ás 20:00 h. na capela de San Roque a Asociación da Prensa da Coruña e o Concello de Sada presentan o libro As Mariñas de los periodistas. Con tal motivo, volvemos publicar a entrada deste blogue editada cando se presentara este mesmo libro na Coruña.


RÚAS CON NOME, NOMES CON HISTORIA: UN LIBRO SOBRE OS XORNALISTAS CON RÚAS DEDICADAS

A Asociación da Prensa da Coruña acaba de publicar un volume de medio milleiro de páxinas -As Mariñas de los periodistas- no que se recollen as biografías dos xornalistas que teñen rúas dedicadas na área metropolitana da Coruña. Entre eles, figuran aqueles que forman parte do nomenclátor do municipio de Sada: Manuel Lugrís Freire, Ramón e Xohán Antón Suárez Picallo, Manuel L. Freire-Calvelo, Joaquín Castro Arias, Isaac Díaz Pardo, Eduardo Blanco Amor, Rosalía de Castro e Xohán Vicente Viqueira, con biografías da autoría de Manuel Lugrís Rodríguez, Dolores Vázquez, Manuel Pérez Lorenzo, Cristina Díaz, Xerardo F. Albor, Xosé López García, Helena Villar e Juancho Martínez, respectivamente.

A A. C. Irmáns Suárez Picallo aplaude esta iniciativa, na medida en que contribúe a dotar de maior significado ao feito de lle dedicar un espazo público a unha personaxe. Desde a nosa Asociación estamos a desenvolver un proxecto que, baixo o título "Rúas con nome, nomes con historia", pretende difundir a traxectoria biográfica e a obra de sadenses e persoas ligadas a Sada que figuran no nomenclátor.
Comentarios (1) - Categoría: Actualidade - Publicado o 18-04-2013 18:02
# Ligazón permanente a este artigo
NOVO AGASALLO DO IES ISAAC DÍAZ PARDO!
O galego é a chave coa que abrimos o mundo


Os alumnos do IES Isaac Díaz Pardo, de Sada, realizaron un vídeo para participar no concurso do Correlingua 2013, chamado Galego, a chave do mundo. A pasada semana comunicáronlles que resultaran ser os gañadores. Parabéns para os catorce alumnos e alumnas do instituto que participaron, así como ao profesor Xosé Seoane, dinamizador do proxecto. Velaquí tedes o vídeo:


Ver a noticia no blogue do profesor Xosé Seoane
Comentarios (1) - Categoría: Actualidade - Publicado o 16-04-2013 12:30
# Ligazón permanente a este artigo
NOVAS LITERARIAS EN SADA

A primavera chegou a Sada con novas literarias. A nosa veciña Vanesa Santiago Vázquez ven de publicar en Urco Editora a súa novela de fantasía Ninguén Lembra, coa que se suma á importante nómina de autores da nosa localidade que teñen escrito en galego, como Lugrís Freire e Suárez Picallo. Parabéns, e agardamos que este libro sexa o primeiro de moitos da nosa amiga de Fontán. Xa estamos desexando lelo!!!!
Comentarios (1) - Categoría: Actualidade - Publicado o 21-03-2013 22:10
# Ligazón permanente a este artigo
UNHA IMPORTANTE DOAZÓN A A. C. IRMÁNS SUÁREZ PICALLO
No marco da asemblea celebrada onte, o noso socio de honra e vogal Ramón Tenreiro Suárez fixo entrega a Asociación dun exemplar orixinal do Anteproxecto do Estatuto de Autonomía de Galicia de 1932, que foi propiedade dos seus tíos, os irmáns Suárez Picallo, e que custodiaron durante décadas na súa casa de Veloi.

A A. C. Irmáns Suárez Picallo agradece a Ramón Tenreiro tan extraordinaria doazón, que pasará a formar parte dos nosos fondos bibliográficos e documentais.
Comentarios (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 16-03-2013 10:46
# Ligazón permanente a este artigo
150 ANOS DE CANTARES GALLEGOS: UNHA EDICIÓN FACSÍMIL
O Consello da Cultura Galega ven de publicar unha edición dixital facsímil do poemario Cantares Gallegos, agora que se cumpren os 150 anos do libro publicado por Rosalía no ano 1863.

Descárgao aquí en pdf
Consello da Cultura Galega: Rosalia de Castro no século XXI. Unha nova ollada
Comentarios (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 13-03-2013 09:49
# Ligazón permanente a este artigo
VI SADAUTOR
Incorporamos ao noso blogue os vídeos da VI edición do Sadautor (colgados na páxina http://www.empuje.net), para aqueles que non puideran ir.


Paris Joel presentando:




Dresan Drex + Lucía Vázquez (Santiago)




Rubén Artabre (Ferrol)




Tato López (Santiago)




Marcos Mella (Ferrol)




Pablo Rubén Fernández (A Coruña)




Xurxo Mares (A Coruña)




Carlos Valiño (A Coruña)




Poesía por Toño López




Ton Blue (A Coruña)




César de Centi (A Coruña)




Miguel Castro (Ferrol)




Xurxo Prieto (Sada)




Alfonso Salas (León)



París Joel & Leiro´s Band (Sada)






Cancións conxuntas



VI SADAUTOR.Los cantautores practican el
Comentarios (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 28-02-2013 23:07
# Ligazón permanente a este artigo
DESPEDIDA DE MÉNDEZ FERRÍN

Sentimos a decisión de Méndez Ferrín renunciando a presidencia da RAG así como a condición de membro numerario da mesma.
Cando en xaneiro de 2010, soubemos do seu nomeamento para o cargo, dende esta Asocación sumámonos aos parabéns. Hoxe, tamén a nosa felicitación e ao seu equipo polo traballo desenvolvido a fronte da mesma e as grazas polas decisións adoptadas sobre a lingua galega...


Despedida de Méndez Ferrín

Á Comisión executiva e membros numerarios e correspondentes da Real Academia Galega.
Mediante este escrito renuncio á presidencia da Real Academia Galega e no mesmo acto renunciarei á condición de membro numerario da institución. Doulles as grazas e un abrazo a todos os membros da Executiva porque á súa intelixencia, superior cultura e desinteresada entrega son debidas as obras, éxitos e conquistas que acadou e coñeceu a Academia no período inconcluso que termina coa redacción da presente carta. De modo especial quero destacar a dedicación sacrificada e lúcida do Secretario.
Á maioría dos académicos e académicas quérolles significar os meus sentimentos fraternais e o meu agradecemento polo seu labor ilusionado, a súa lealdade institucional e cooperación eficiente.
Non obstante, outros académicos e académicas, unidos a persoas externas, fixéronme sentir que eu non teño sitio na Academia. Beizón tamén a estes e estas porque os seus esforzos, finalmente coroados por un éxito completo, tiveron a virtude de me facer ver a tempo onde debo estar e onde non debo estar nos poucos días que me resten de vida.
Viva e floreza a Academia Galega!

Viva Galicia ceibe!
Parabéns a Méndez Ferrin polo seu nomeamento como presidente da RAG
Comentarios (1) - Categoría: Actualidade - Publicado o 26-02-2013 16:42
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [7] [8] [9] 10 [11] [12] [13] ... [15]
© by Abertal