A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A ASOCIACIÓN CULTURAL IRMÁNS SUÁREZ PICALLO TEN QUE RENUNCIAR A UNHA SUBVENCIÓN DA XUNTA
HAI UNS DÍAS ENVIAMOS UNHA CARTA DE RENUNCIA A UNHA SUBVENCIÓN DA XUNTA QUE NOS PERMITIRÍA FACER MOITAS ACTIVIDADES DE INTERESE...
A CONTINUACIÓN REPRODUCIMOS A CARTA ONDE SE INDICAN OS MOTIVOS QUE NOS LEVARON A FACER ISTO.


***


En relación a axuda concedida a Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo para o programa (nº expediente 2013/000245-0) de Actividades Culturais do Ano Lugrís Freire e outras pola que se nos concede una subvención de 1.277'79 € e se nos pide xustificar a totalidade do presupostado, que ascende a 7.456'36 €, esta Asociación que presido, reunida en Xunta directiva, acordou rexeitar por unanimidade dita concesión.

Como se indicou na memoria xustificativa das actuacións previstas para o presente ano, os ingresos previstos ascendían a 3.084€ máis outros 500€ concedidos en subvención nominativa polo Concello de Sada. É evidente que non dispoñemos de máis ingresos, e por iso solicitabamos unha subvención para levar adiante outros ambiciosos proxectos, pero aínda sumando a subvención concedida pola Consellería de Cultura acadariamos uns ingresos duns 5.800€. Polo tanto, non podemos asumir de ningún xeito unha xustificación de gastos de máis de 7.000€, pois isto suporía hipotecar economicamente o futuro da nosa entidade.

Desde logo, non entendemos que se nos esixa xustificar todo o proxecto previsto cando os ingresos para levalo adiante quedan moi por debaixo da nosa capacidade de autofinanciamento. O total a inverter dependerá da contía da axuda, e os proxectos previstos deberán acomodarse a esa contía; o que non ten sentido é que a Xunta de Galicia aporte o 25% da cantidade solicitada (cantidade solicitada que xa supuña só un 60% do orzamento total do proxecto) e esixa que se manteña o total presupostado.

Non podemos comprender esta política de axudas da Consellería, que aboca a moitas asociacións culturais do país -que xa veñen traballando en condicións bastante precarias- a ter que renunciar as subvencións. Ou quizais sexa precisamente iso o que se pretende. Así que só levaremos adiante honradamente o que nos permita a nosa capacidade de autofinanciamento, como, por outra parte, vimos facendo de cotío, dado o importante respaldo que atopamos na sociedade e no comercio local.

Sen máis, agardando que dea curso a esta renuncia, imposta polas propias condicións establecidas por vostedes, aproveito para saudalo cordialmente.

En Sada, a 23 de setembro de 2013

Asdo. Francisco A. Pita Fernández
Presidente da A. C. Irmáns Suárez Picallo

Sr. Secretario Xeral de Cultura · Xunta de Galicia
Comentarios (1) - Categoría: Actualidade - Publicado o 28-09-2013 16:09
# Ligazón permanente a este artigo
LUISA VILLALTA: PAIXÓN E COMPROMISO
A produtora audiovisual "Gallaecia Filmes" do IES Isaac Díaz Pardo (Sada), ven de presentar a súa última creación, o documental "Luísa Villalta: paixón e compromiso", dedicado á escritora que exerceu como docente no centro e faleceu no ano 2004, deixando unha impronta imborrable en varias xeracións de alumnas e alumnos.
Desde a AC Irmáns Suárez Picallo queremos transmitir o noso recoñecemento a Gallaecia Filmes e o noso agradecemento especialmente ao seu promotor e director, Xosé Seoane, por esta imprescindible homenaxe a Luísa.


Comentarios (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 16-09-2013 20:53
# Ligazón permanente a este artigo
HOXE ÁS 20.30h NA CAPELA DE SAN ROQUE

Comentarios (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 13-09-2013 11:32
# Ligazón permanente a este artigo
ACTO CONMEMORATIVO POR ELISA ABRUÑEDO
Difundimos o seguinte comunicado da familia de Elisa Abruñedo:



Hola. Somos Héctor y Sandra Fernández Abruñedo.

Hacemos este evento para comunicaros que el sábado 7 de septiembre a las 18 horas se va a celebrar un acto conmemorativo en la plaza Suárez Picallo de Sada por nuestra tía Elisa Abruñedo.

Para los que no sepáis de que va el tema, nuestra tía fue asesinada el domingo por la tarde mientras que estaba paseando por el pueblo en el que vivía a escasos metros de su casa.

Os adjuntamos una noticia del acto que se celebró en Cabanas hace unos días.

http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/ayuntamiento-cabanas-expresa-su-repulsa-muerte-violenta-vecina/idEdicion-2013-09-04/idNoticia-824867/

Toda la familia estará enormemente agradecida de vuestra colaboración.

Por favor, difundid este evento entre vuestros amigos. Gracias.
Comentarios (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 07-09-2013 11:49
# Ligazón permanente a este artigo
EXPOSICIÓN MEMORIA DE SADA

Inauguración: hoxe, venres 16, ás 20:30 h. na Capela de San Roque.
Comentarios (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 16-08-2013 09:25
# Ligazón permanente a este artigo
MINUTO DE SILENZO POLO ACCIDENTE DE COMPOSTELA
Desde a A. C. Irmáns Suárez Picallo animamos aos veciños e veciñas de Sada a gardar un minuto de silenzo polas vítimas do accidente ferroviario mañán venres ás 12:00 h. ante o edificio do Concello (Avda. da Mariña). Queremos igualmente expresar o noso pesar polo acontecido onte e as nosas condolencias aos familiares das vítimas.
Comentarios (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 25-07-2013 16:29
# Ligazón permanente a este artigo
As Mariñas e Terras do Mandeo, nova reserva da biosfera
A UNESCO ven de designar en París a área de As Mariñas e Terras do Mandeo como nova reserva da biosfera. Un dos municipios comprendidos neste territorio de 116.000 hectáreas é o de Sada.

Agardamos que a nova figura coa que a UNESCO dota ao noso concello sirva para promover a preservación do seu medio natural e impida o desenvolvemento de actuacións de todo punto incompatibles co que significa sermos reserva da biosfera. O enlace da Vía Ártabra co porto de Fontán, tal e como aparece trazado no proxecto que coñecimos hai unha semanas, é o primeiro que debe ser replantexado. Da coherencia dos nosos gobernantes agardamos que así sexa.


As Mariñas coruñesas y Terras do Mandeo, reserva de la biosfera
Comentarios (1) - Categoría: Actualidade - Publicado o 28-05-2013 18:38
# Ligazón permanente a este artigo
LETRAS GALEGAS 2013 · ROBERTO VIDAL BOLAÑO

Hoxe, os galegos e galegas homenaxeamos ás nosas letras e, en particular, á figura de Roberto Vidal Bolaño, que forma parte determinante da nómina de autores que, desde os días de Lugrís Freire, traballaron na consolidación dun teatro galego propio, ata converter a Galicia nunha potencia teatral.

Podedes acceder a ampla información sobre o autor homenaxeado na seguinte ligazón:


2013 · Roberto Vidal Bolaño
Comentarios (2) - Categoría: Actualidade - Publicado o 17-05-2013 10:06
# Ligazón permanente a este artigo
EXPOSICIÓN DE CALROS SILVAR EN CAMBRE

O noso colaborador e membro da Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo, CALROS SILVAR, recoñecido naturalista e ilustrador presenta na Biblioteca Municipal de Cambre a súa exposición Unha Ollada Natural, formada por trinta ilustracións que amosan ao visitante pinceladas da biodiversidade de Galicia. Aves, mamíferos, anfibios, fungos, plantas, e árbores conforman unha selecta mostra da nosa fauna e flora. Estará alí ate o 1 de xuño, formando parte das mostras do III Congreso Natureza e Imaxe, organizado polo Centro de extensión universitaria e educación ambiental de Galicia (CEIDA).
Comentarios (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 14-05-2013 22:42
# Ligazón permanente a este artigo
A ASOCIACIÓN CULTURAL IRMÁNS SUÁREZ PICALLO ÚNESE A UNHA FRONTE COMÚN DE FORZAS POLÍTICAS E ASOCIACIÓNS PARA FREAR O ENLACE, A TRAVÉS DUN 'TÚNEL' EN FONTÁN, DA VÍA ÁRTABRA
Onte, membros da AC Irmáns Suárez Picallo reunímonos con representantes de distintas asociacións e forzas políticas de Sada, co obxectivo de crear unha fronte común contra o demoledor trazado da vía ártabra, contrariamente ao que se di desde a Xunta.

Finalmente, acordamos canalizar a través da Plataforma en Defensa da Ría todas as iniciativas que busquen frear esa barbaridade. Con urxencia, dado a escasa marxe que deixa o prazo para alegacións, convocarase unha reunión (este mesmo xoves) aberta a todos os veciños e veciñas para informar da situación.
Comentarios (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 06-05-2013 23:28
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal