A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

DÍA DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

Hoxe 30 de xaneiro, no que lembramos o 66 aniversario da morte de Gandhi, temos que ser conscientes que aínda estamos a tempo de cambiar unha cultura de imposicións, de medo, de intolerancia, de abuso de poder e transformala noutra cultura no que o respeto as minorías, sexa o camiño para o diálogo, a tolerancia, o entendemento, a concordia, a reconciliación, o traballo en equipo,... e nos achegue a unha forma de cultura de progreso e paz que dende a escola, a familia, as entidades sociculturais, sindicatos e grupos políticos, temos a obriga de fomentar e sementar...


Que é a cultura de paz?

Según a definición das Nacións Unidas (1998, Resolución A/52/13), a cultura de paz consiste en unha serie de valores, actitudes e comportamentos que rexeitan a violencia e preveñen os conflictos tratando de atacar a suas causas para solucionar os problemas mediante el diálogo e a negociación entre as personas, os grupos e as nacións.

. A Declaración e o Programa de Acción sobre unha Cultura de Paz (1999, Resolución A/53/243) identifica oito ámbitos de acción para os actores a nivel local, nacional e internacional que propoñen:
1. Promover unha cultura de paz por medio da educación.
2. Promover o desenrolo económico e social sostible.
3. Promover o respeto de todos os dereitos humáns.
4. Garantir a igualdade entre mulleres e homes.
5. Promover a participación democrática.
6. Promover a comprensión, a tolerancia e a solidaridade.
7. Apoiar a comunicación participativa e a libre circulación de información e coñecementos.
8. Promover a paz e a seguridade internacionais.

Hoxe máis que nunca, debemos redoblar esforzos para construir xuntos unha Cultura de Paz, e para elo, un dos maiores desafíos que temos é mellorar o diálogo, a comprensión e la colaboración entre as persoas, grupos, entidades, culturas e civilizacións.
Para máis información
Ver Seminario Galego de Educación para a Paz
Ver artigos de RSP sobre Gandi
Comentarios (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 30-01-2014 01:09
# Ligazón permanente a este artigo
26 xaneiro: DÍA MUNDIAL DA EDUCACIÓN AMBIENTAL

O 26 de xaneiro se celebra o “Día mundial da Educación Ambiental”
A primeira referencia ao medio ambiente xurdiu na Conferencia de Estocolmo, convocada polas Nacións Unidas en 1972, e na que se creou o Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA). Máis tarde en 1975 , tivo lugar outra reunión sobre educación ambiental: o Seminario Internacional de Educación Ambiental de Belgrado, no que os asistentes suscribiron a chamada Carta de Belgrado sobre Educación Ambiental enunciando os seus obxectivos.

En Galicia, na primavera de 2001 a Sociedade Galega de Educación Ambiental (SGEA) constituíuse como asociación profesional co ánimo de aglutinar o traballo de moitas persoas que se viñan significando, algúns dende finais da década dos setenta na promoción da Educación Ambiental en Galiza, e que decidiron asociarse para darlle continuidade e profundidade a ese traballo e avanzar dende unha perspectiva colectiva e plural na construción dunha sociedade máis xusta, respectuosa e responsábel co Medio Ambiente.


Que esta data axude a tomar conciencia que, en Sada, podemos e temos moito que facer neste ámbito.
Libro blanco da EAmbiental
A carta de Belgrado
Centro de Información e Documentación Ambiental de Galicia CEIDA
Comentarios (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 26-01-2014 08:54
# Ligazón permanente a este artigo
MINIPUNTOS DE LIXO EN SADA
Hai uns días publicabamos neste blogue un video sobre Sada A CARA OCULTA DA FILLA DA RÍA DE PRATA, unha nova producción de GALLAECIA FILMES, onde se podían ver vertidos incontrolados na nosa localidade. Cambiar esto depende nós. Tomemos conciencia delo.


Para promover a separación selectiva de residuos especiais, o Consorcio das Mariñas instaolu en Sada hai meses un novo minipunto de lixo na rúa Oza dos Ríos. A súa instalación permitirá dar servizo a un maior número de veciños así como reforzará a recollida selectiva e a separación en orixe.

O obxectivo desta iniciativa é promover entre a cidadanía a separación selectiva do maior número de residuos facilitándolle esta tarefa. Estes minipuntos permiten o depósito, entre outros, de materiais como pilas, CDs-DVD, bombillas ou baterías e cargadores de móbiles.

Hai outro na Avda da Mariña (fronte á Terraza)
Colaboremos

Comentarios (1) - Categoría: Actualidade - Publicado o 22-01-2014 18:21
# Ligazón permanente a este artigo
A RESERVA DA BIOSFERA AS MARIÑAS CORUÑESAS no BOE

No xornal La Opinión de A Coruña se publica o que sigue:


El BOE hace oficial la reserva de la biosfera coruñesa.
El Boletín Oficial del Estado publica hoy la declaración de la Unesco que reconoce la reserva de la biosfera As Mariñas Coruñesas-Terras do Mandeo.

Ep 30.12.2013 | 12:03

El Boletín Oficial del Estado (BOE) publica este lunes la declaración por la Unesco de las reservas de la biosfera de As Mariñas Coruñesas y Terras do Mandeo, en Galicia, junto con las del Real Sitio de San Ildefonso-El Espinar, en la provincia castellanoleonesa de Segovia; y de Terres de l'Ebre, en Cataluña, además de la ampliación de la de Ordesa-Viñamala, en Aragón.

El reconocimiento de As Mariñas Coruñesas y Terras do Mandeo como reserva mundial de la biosfera se conoció en mayo de este año tras ser avalada la propuesta del grupo de desarrollo rural de la comarca coruñesa que planteó la candidatura por el Consejo Internacional de Coordinación del programa MAB (Hombre y Biosfera, por sus siglas en inglés), dependiente de la Unesco.
Comentarios (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 31-12-2013 01:27
# Ligazón permanente a este artigo
FELIZ 2014

A Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo deséxavos unhas felices festas.
Comentarios (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 23-12-2013 21:38
# Ligazón permanente a este artigo
MIMINA, FILLA ADOPTIVA DE SADA a título póstumo
Mimina, Carmen Arias de Castro Montero, esposa de Isaac Díaz Pardo, e que falaceu o pasado mes de novembro será nomeada Filla Adpotiva de Sada a título póstumo.
O Pleno da Corporación do Concello de Sada, aprobou por unanimidade, na sesión celebrada onte día 19 a moción que presentou o grupo do BNG.
Celebramos dito acordo e felicitámonos por elo xa que,no ano 2011, a Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo homenaxeábaa e designábaa Socia de Honra "en recoñecemento a unha vida exemplar de dedicación a Galicia e polo seu contributo ao progreso material e cultural de Sada".


De seguido incluímos o contido da moción presentada.

MOCIÓN RELATIVA AO INICIO DA TRAMITACIÓN DO NOMEAMENTO DE CARMEN ARIAS DE CASTRO MONTERO COMO FILLA ADOPTIVA DE SADA


O pasado 1 de novembro falecía na súa casa do Castro de Samoedo Carmen Arias de Castro Montero, coñecida por Mimina. Nacida na Coruña no ano 1921, Carmen Arias pertencía a unha familia de fonda raigame en Sada, os Arias de Castro, e no pazo familiar transcorrería parte da súa infancia.

Muller de gran habilidade e capacidade para a creación artística, iniciaría os seus estudos de debuxo e acuarela con Lolita Díaz Baliño, ingresando posteriormente na Academia de Bellas Artes de San Fernando.

No ano 1945 contrae matrimonio no Castro de Samoedo con Isaac Díaz Pardo, establecéndose ambos en Madrid, onde Isaac, xa reputado pintor, exercía de retratista. Tres anos despois, instálanse ambos na casa do Castro, creando, nos terreos da familia de Mimina, a factoría de Cerámicas do Castro, que, andando o tempo, habíase converter nun dos símbolos da identidade galega e nun dos principais elementos de proxección da nosa imaxe no exterior.

A labor de Mimina á fronte, canda Isaac, da empresa será crucial ao longo da súa traxectoria. Neses anos iniciais, se Díaz Pardo vai ser quen asuma as labores de deseño, será Mimina quen se encargue de coordinar a decoración, debido ás súas habilidades para as artes pictóricas. Exercerá tamén un papel fundamental como mestra de decoradoras. Posteriormente, será ela quen idee e leve á práctica a produción de xoias en porcelana, deseñando e decorando.

Máis alá da súa faceta artística e empresarial, Mimina exerceu de forma profusa e xenerosa o mecenado e, ao igual que Isaac, xogou un rol fundamental na conexión de Galicia co seu exilio, mantendo unha intensa relación con personalidades como Luís Seoane, Rafael Dieste ou Lorenzo Varela.

No transcorrer da súa longa vida, Carmen Arias, Mimina, fíxose acredora do recoñecemento dos galegos e galegas, pero, sobre todo, dos seus veciños e veciñas de Sada, dada a súa implicación esencial no desenvolvemento de Cerámicas do Castro e do Grupo Sargadelos e dada a súa relación vital permamente co noso Concello; precisamente, no ano 2011, a Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo homenaxeábaa e designábaa Socia de Honra "en recoñecemento a unha vida exemplar de dedicación a Galicia e polo seu contributo ao progreso material e cultural de Sada".

En atención a todos estes méritos, e a moitos outros innumerables, constituiría un acto de xustiza para coa súa memoria o seu nomeamento, por parte do Concello de Sada, como Filla Adoptiva do mesmo, entendendo ademais este recoñecemento institucional como unha oportunidade para difundir o seu legado material e inmaterial e para trasladar o seu exemplo as novas xeracións.

O Pleno desta Corporación ten aprobado un Regulamento Especial de Honras e Distincións (REHD) que establece no seu capítulo VIII o procedemetno a seguir para a concesión desta honra.

Por todo elo o Grupo Municipal do BNG, propón ao Pleno a adopción do seguinte

ACORDO

1.- O Pleno da Corporación, ao abeiro do art. 18.2 do REHD do Concello de Sada acorda requerir do Alcalde-Presidente que decrete o inicio do procedemento para a concesión do recoñecemento a título póstumo de filla adoptiva de Sada a Dona Carmen Arias de Castro Montero.

2.- Nomeado o Instructor e unha vez finalizado o expediente, inclúase o asunto na orde do día do seguinte pleno Ordinario que se celebre, co fin de proceder á concesión deste recoñecemento a título póstumo, consote ao establecido no art. 7 do citado Regulamento.

Sada, a 7 de decembro de 2013.
Comentarios (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 20-12-2013 14:54
# Ligazón permanente a este artigo
NOTA EN LA OPINIÓN ACERCA DA INICIATIVA PARA NOMEAR A MIMINA FILLA ADOPTIVA DE SADA
Mimina, filla adoptiva de Sada
O BNG propoñerá ao pleno que se recoñeza o labor de Carmen Arias - Sería a primeira muller en Sada en recibir este título honorífico.


A. P. | Sada 08.12.2013

A súa familia era a propietaria dos terreos sobre os que se asentou a emblemática factoría Cerámicas do Castro. A súa habilidade para as artes pictóricas leváronlle a coordinar a decoración da mítica fábrica e a desenvolver un intenso traballo como mestra das decoradoras. Das súas mans saíron gran parte dos deseños de xoias en porcelana. O seu nome completo era Carmen Arias de Castro Montero. Todos en Sada coñecíana como Mimina. A súa discreción levouna a permanecer sempre nun segundo plano, á sombra do seu marido, Isaac Díaz Pardo.

Un mes logo do seu falecemento, o BNG elevará unha moción a pleno para que se recoñeza a Mimina co título de Filla Adoptiva de Sada. Será a primeira muller do municipio en recibir este recoñecemento. E sobran os motivos. Os nacionalistas apelan ao seu papel na creación da emblemática factoría de cerámica, o seu labor de mecenazgo e ao rol que xogou para estreitar lazos de Galicia co seu exilio, coa súa intensa relación con Luís Seoane, Rafael Dieste ou Lorenzo Varela. "Foi sempre unha muller tremendamente xenerosa e afable. Como moitas mulleres da época, estivo sempre nun segundo plano, pero o seu traballo e a súa achega foi fundamental para converter a factoría de Castro nunha marca de prestixio", argumenta o BNG.

É máis que probable que a proposta obteña o si unánime de toda a Corporación sadense. E non será o primeiro recoñecemento que a vila faga a Mimina. A asociación Irmáns Suárez Picallo designouna en 2011 socia de honra en recoñecemento a "a súa vida exemplar de dedicación a Galicia e a súa contribución ao progreso material e cultural de Sada".
Comentarios (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 11-12-2013 09:53
# Ligazón permanente a este artigo
ADEUS, MIMINA

Onte, 1 de novembro, faleceu Carmen Arias, Mimina, viúva de Isaac Díaz Pardo pero moito máis que iso. Muller de intelixencia extraordinaria e gran capacidade creadora, artista plástica recoñecida na súa xuventude, foi un dos motores que fixeron posible Cerámicas do Castro, a empresa cultural xermolada no contorno do pazo da súa familia, en Sada. Por ela transcorreu boa parte da historia contemporánea do país.

Mimina, Socia de Honra da nosa Asociación, será velada ao longo da xornada de hoxe -sábado- no tanatorio Servisa, e mañá domingo os seus restos serán incinerados as once horas.

As nosas condolencias a toda a familia e o noso recordo a Mimina, unha muller irrepetible.
Noticia en La Voz de Galicia
Obituario de Mimina
Comentarios (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 02-11-2013 10:40
# Ligazón permanente a este artigo
INAUGURACIÓN DO 8º HECTÓMETRO LITERARIO DE VILALBA, CON OUTRA OBRA DE VALDI

Comentarios (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 25-10-2013 09:52
# Ligazón permanente a este artigo
R. Suárez Picallo, X. Manuel Beiras e a Fronte Popular
Onte,día 4, Xosé Pérez Leira escríbiu en Galicia Confidencial sobre a proposta de ANOVA propoñendo a creación dunha fronte electoral de cara as eleccións europeas de xeito similar á Frente Popular de 1936 no que o Partido Galeguista participou con Castelao e Suárez Picallo. Precisamente por esa participación de RSP damos difusión neste blogue ao citado texto que se pode ler na seguinte dirección:


http://www.galiciaconfidencial.com/nova/15985.html
Comentarios (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 05-10-2013 00:16
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [5] [6] [7] 8 [9] [10] [11] ... [15]
© by Abertal