A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

O Día mundial do Medio Ambiente celébrase cada 5 de xuño desde 1972. Este día foi establecido pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas, na Resolución 2994 (XXVII) do 15 de decembro de 1972, coa que se iniciou a Conferencia de Estocolmo co Medio Humano coma tema principal. Ese mesmo día, a Asemblea Xeral da ONU aprobou a creación do Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA).

Co Día Mundial do Medio Ambiente, a Organización de Nacións Unidas procura sensibilizar a opinión mundial en relación a temas ambientais.


O Día Mundial do Medio Ambiente xirará en torno ao nomeamento polas Nacións Unidas de 2014 como Ano Internacional dos Pequenos Estados Insulares en Desenrolo, relacionando este tema co cambio climático. En concreto, o lema elexido para reflexar dito tema é: "Alza a tua voz, non o nivel do mar".

Preténdese centrar á atención nesos territorios con motivo da Conferencia Internacional dos SIDS (Pequenos Estados Insulares en Desenrolo)que se celebrará en setembro explicando a sua importancia, así como a necesidade urxente de protexer as illas dos crecentes riscos aos que se enfrentan como consecuencia do cambio climático.
O día do Medio Ambiente é pois unha boa oportunidade para pedir a todos solidaridade coas pequenas illas.


En 1973 xurdiu a Sociedade Galega de Historia Natural. O compromiso da SGHN vai más alá da celebración dun día sinalado no calendario, o compromiso é constante e diario dende fai 40 anos, gracias ó traballo altruista e contínuo de moitas personas que fixeron, fan e farán o que está nas súas máns para ESTUDIAR, DIVULGAR, CONSERVAAR E DEFENDER O PATRIMONIO NATURAL GALEGO, de xeitos diversos, durante os 365 días do ano.

En Sada temos un espacio a protexer e conservar: As Brañas.
Comentarios (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 05-06-2014 01:07
# Ligazón permanente a este artigo
HOXE EN SADA, NOVAS ESTREAS DE GALLAECIA FILMES

Comentarios (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 30-05-2014 13:22
# Ligazón permanente a este artigo
XORNADA SOBRE DÍAZ CASTRO EN BETANZOS
O pasado venres 23 de maio, a asociación cultural Eira Vella e a Libraría Carricanta organizaron en Betanzos un acto de homenaxe a Xosé María Díaz Castro, que consistiu nunha charla impartida por Armando Requeixo, experto na figura do poeta, e Xosé A. Cascudo, quen dirixiu o documental "O instante eterno", centrado igualmente no autor guitiricense, traballo do que se proxectou unha parte. Ao final do acto, membros da nosa asociación agasallaron tanto a A. Requeixo como a X.A. Cascudo con senllos exemplares do noso primeiro número da serie de Cadernos de Estudos Xerais, dedicado a Xosé María Díaz Castro, así como tamén aos amigos e amigas da asociación Eira Vella.
Comentarios (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 25-05-2014 15:25
# Ligazón permanente a este artigo
22 DE MAIO - DÍA INTERNACIONAL DA DIVERSIDADE BIOLÓXICA.
22 DE MAIO - DÍA INTERNACIONAL DA DIVERSIDADE BIOLÓXICA.

TEMA DE 2014: DIVERSIDADE BIOLÓXICA DAS ILLAS

As illas e as áreas mariñas próximas ás costas constitúen ecosistemas únicos que adoitan comprender moitas especies vexetais e animais endémicas (que non se encontran en ningún outro lugar do planeta). En tanto herdanza dunha historia evolutiva única, estes ecosistemas son tesouros insubstituíbles. Tamén son sumamente importantes para os medios de subsistencia, a economía, o benestar e a identidade cultural dos 600 millóns de habitantes das illas, a décima parte da poboación mundial.

A Asemblea Xeral das N.U. proclamou o 22 de maio como o DÍA INTERNACIONAL DA DIVERSIDADE BIOLÓXICA, co propósito de informar e concienciar á poboación, Estados e Gobernos sobre as cuestións relativas á biodiversidade. A data coincide co aniversario da aprobación do Convenio sobre a Diversidade Biolóxica en 1992.
Inicialmente, en 1995, se designou que esta celebración tería lugar o 29 de decembro, por coincidir coa data na que entrou en vigor o Convenio sobre a Diversidade Biolóxica, pero cambiouse para o 22 de maio xa que na data inicial non era doado planificar e levar adiante conmemoracións axeitadas no nadal dadas as celebracións propias deses días.
Comentarios (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 21-05-2014 16:14
# Ligazón permanente a este artigo
FALECE EN SADA D. JOSÉ PÉREZ FERNÁNDEZ

D. José Pérez Fernández co seu fillo José no Royalty


Neste domingo de Pascua, coñecimos a noticia do pasamento de D. José Pérez Fernández, estimado e coñecido empresario sadense propietario do desaparecido cine Royalty.

O Royalty, comezou a funcionar a finais dos anos 20 como salón de baile e no que despois, na propia pista, se colocaban cadeiras que permitian aos usuarios ver proxeccións de películas. A partires de 1937 tres xeracións da familia Pérez,rexentaron o cine.
José Pérez Fernández, traballou na empresa familiar dende rapaz e relevou ao seu pai en 1988 estando ao frente da empresa ata 1997, no que o seu fillo José asumiu tal responsabilidade.
Despois de varias reformas acondicionouse con butacas e tiña capacidade para 300 persoas, pero a crise que afectou ao cine debido a pegada da tv e internet, levou ao peche a moitas salas galegas e o Royalty desapareceu en 2005.
José Pérez,fixo estudios de Perito Mercantil, e puxo en marcha outras iniciativas como a xestoria e a axencia de viaxes Voar que agora rexentan os seus fillos.

Desde esta páxina, a A.C. Irmáns Suárez Picallo, testemuña as suas condolencias a súa viúva e fillos como tamén o están a facer tantos sadenses, coñecidos e amigos que acompañan aos deudos nas horas previas ao enterro.
Para ampliar información ver:
Ver tamén PLAZA DE PESCADERIA
Comentarios (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 20-04-2014 23:56
# Ligazón permanente a este artigo
ENTREGA DOS PREMIOS DE TEATRO

O vindeiro domingo 30 terá lugar na Casa da Cultura Pintor Lloréns o acto de clausura da X Mostra de Teatro de Sada. A compañía local Teatro Artesán representará a obra Los caciques, de Carlos Arniches, e a continuación entregaranse os premios que levan o nome do ilustre escritor sadense Manuel Lugrís Freire.
Comentarios (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 29-03-2014 09:45
# Ligazón permanente a este artigo
SADAUTOR 2014

Hoxe temos unha cita coa canción de autor en Sada. Na Terraza, as 22:00 h., terá lugar o Sadautor 2014, un festival que chega xa á súa VII edición, constituído xa como todo un referente en Galicia e no Estado. Parabéns a Paris Joel por esta iniciativa, organizada agora polo colectivo Viernes de Cantautar, que el preside.
Agardamos longos anos de vida para o Sadautor, un dos principais eventos culturais da nosa localidade.
Comentarios (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 21-03-2014 13:35
# Ligazón permanente a este artigo
CONCENTRACIÓN DE APOIO AO CERCO EN SADA

Comentarios (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 14-03-2014 09:05
# Ligazón permanente a este artigo
A CULTURA TRADICIONAL GALEGA DESAPARECIDA

A CULTURA TRADICIONAL GALEGA DESAPARECIDA


Por Marisa Naveiro López

O pasado día 28 de febreiro, venres, acerqueime a Libraria Brañas en Sada donde Antonio Rodríguez Cabanas (Ourovello, Paderne, 1934) presentaba o seu libro sobre a vida e as costumes da súa aldea natal durante os anos 50 e 60 do século pasado.

Nunca tiña oido falar de Ourovello, o nome pareceume máis que bonito, poético, cun sentido tal que quen é de aló ten que ser boa xente, Ourovello pertenece á parroquia de Adragonte, e está moi perto de aquí, cruzando a ría de Betanzos, en Paderne.

O Ourovello é o símbolo da historia da Galiza rural dos derradeiros anos.Un sistema de vida, de produción, de convivencia que se vai perdendo.
O libro conta a historia desta aldea, que pasou de ter 88 habitantes na época que narra a só 10 na actualidade, das familias de entonces, de 6, 7 membros ou máis, cunhas características particulares, con lazos moi fortes de relacionamento. Tamén dos medios de vida: cultivos, montes, gando, comidas, xogos, oficios, sanidade, escolas, relixión, diversións e un moi largo etcétera.

A historia de Ourovello debe ser escoitada con respecto, amor e orgullo. Respecto e amor cara ás nosas raíces, orgullo de seguirmos sendo, a pesar de todo, nós mesmos.

O prólogo de Méndez Ferrín, un capítulo de Gonzalo Navaza, sobre os topónimos da zona e mapas e outros documentos completan a obra, que está adicada á xente de ben.
A edición deste libro conta co apoio da Asociación Cultural Libre de Paderne Roxin Roxal.
Comentarios (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 02-03-2014 23:10
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA MUNDIAL DOS HUMEDAIS
O 2 de febreiro de 1971 se firmou o Convenio sobre os Humedais, hai xa 43 anos, á beira do Mar Caspio, na cidade iraní de Ramsar. Creouse pois unha lista das zonas húmedas de importancia internacional formada, na actualidade, por 1.011 humedais de 117 países. España incorporouse á lista no ano 1982 aportando 38 humedais entre os que destacan os parques nacionais de Doñana e Tablas de Daimiel e lagoas como Villafáfila, e Gallocanta.

Galicia conta con máis de 1.100 ecosistemas deste tipo converténdose no territorio da península con maior diversidade de lagoas, brañas ou bosques húmidos. Con todo, a vulnerabilidade destas zonas que, malia contar cunha importante riqueza natural e cultural, vense afectadas de xeito periódico por agresións de diferente índole. No territorio galego, só cinco destes espazos gozan de protección legal e, aínda que hai o Inventario de Humidais Protexidos,(Corrubedo, Valdoviño, Umia-O Grove, ría de Ortigueira e ría de Ribadeo que suman preto de 7.700 ha.) queda moito por facer na súa conservación.


Os humedais teñen unha gran importancia ecolóxica porque reteñen a auga cando sobra e cédena cando falta. Manteñen a biodiversidade servindo como puntos de descanso e lugares de desenvolvemento de especies únicas. Son ecosistemas moi sensibles que se contaminan facilmente e destrúense case sempre por desecación ou recheo.

O CEIDA, editou unha guía de recursos sobre os humedais e a que se pode acceder ao pé.

En Sada temos o humidal de AS BRAÑAS e compartimos a laboura de conservación e recuperación do dito espazo, evitando o seu deterioro ambiental, elo contribuirá a un notable aumento de recursos e benestar social a través da oferta dun lugar para o descanso, a educación ambiental e, en definitiva, para garantir a permanencia dun espazo natural protexido para as xeracións futuras. Ao tempo apoiamos que entre outras medidas, se inclúan As Brañas entre os espacios protexidos da Reserva da Biosfera e cesen as prácticas especulativas inicialmente previstas.
Guía de recursos do CEIDA sobre os humedais
Informe sobre As Brañas de Sada
Comentarios (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 02-02-2014 10:21
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [4] [5] [6] 7 [8] [9] [10] ... [15]
© by Abertal