A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

III Exposición MEMORIA DE SADA

A terceira exposición fotográfica de Memoria de Sada poderase ver no mes de setembro na capela de San Roque.
A apertura de dita mostra será este martes día 1 ás 20 horas coa presenza do alcalde e do concelleiro de cultura e poderá visitarse ata o vindeiro día 29, todolos días, incluindo sábados e domingos, de 10'00 a 14'00 horas e de 18'00 a 20'00 h.
Esta III mostra a conforman 400 fotografías relacionadas principalmente coa pesca, as fábricas de conservas, as festas, os retratos de persoas e familias.
Felicitamos ao grupo de traballo que conforma Memoria de Sada pola iniciativa e actividade que están a desenrolar e que se pode seguir na web memoriadesada.com
Comentarios (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 31-08-2015 23:41
# Ligazón permanente a este artigo
Festas en Sada!

Comentarios (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 13-08-2015 18:40
# Ligazón permanente a este artigo
DIA MUNDIAL DA POBOACIÓN

O 11 de xullo de 1987 se celebrou o Día dos 5 mil millóns. Pasados dous años, o Consello de Administración do Programa das Nacións Unidas para o Desenrolo propuxo que todos os 11 de xullo tiveran o mesmo nome: Día Mundial da Poboación.

O número de persoas que vivimos na Terra aumenta dun xeito extraordinario co paso do tempo. Así en outubro de 1999 chegamos aos 6 mil millóns e,en só doce anos, en outubro de 2011,alcanzamos a cifra dos 7.000 millóns.


O lema para o 2015 é: Poboacións vulnerables en situacións de emerxencia pois según a mensaxe do Secretario Xeral das N.U. Ban Ki-moon " case 60 millóns de persoas fuxiron dos lugares de conflictos ou desastres, onde as mulleres e as adolescentes son especialmente vulnerables. Os extremistas violentos e os grupos armados cometen abusos terribles que provocan traumas, embarazos no desexados e infeccións polo VIH e outras enfermidades".
Comentarios (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 12-07-2015 23:37
# Ligazón permanente a este artigo
DIA MUNDIAL DA LOITA CONTRA A DESERTIFICACIÓN E A SECA
O 'Día Mundial da Loita contra a Desertización e a Seca' pretende chamar a atención sobre a importancia do solo como sustento da vida.

En 1994 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou o 17 de xuño Día Mundial de loita contra a Desertificación e a Seca para chamar a atención de todos os países sobre este grave problema.


A auga dóce no planeta e escasa e valiosa. Só o 2,5 % da auga do planeta é dóce e menos dun 1% está dipoñible para os ecosistemas e o ser humano. Cando a demanda de auga supera a oferta dispoñible aparece a escaseza, que afecta especialmente ás áreas de terras secas.

No caso de España, cabería sinalar que se atopa á cabeza dos países desenvolvidos afectados pola perda de solo fértil. O 42 por cento do territorio (21 millóns de hectáreas) está sometido a procesos de erosión que superan os límites tolerables, chegando a ser moi pronunciados no 12 por cento (6 millóns de hectáreas). Para o conxunto do Estado calcúlase unha perda total anual de solo de 1.156 millóns de toneladas, sendo Andalucía, Castilla-La Mancha, Levante e Murcia as zonas máis castigadas. Como principais desencadenantes deste fenómeno a nivel estatal obsérvase a explotación irracional dos recursos hídricos, o esgotamento dos acuíferos, as perdas da cuberta vexetal a causa de repetidos incendios forestais, a concentración da actividade económica nas zonas costeiras, as propias actividades industriais e o turismo de masas.


Nesta ocasión, se pretende concienciar e «lograr a seguridade alimentaria para todos a través de sistemas alimentarios sostibles». Coa consigna de «O que algo quere, algo lle costa, invirtamos en solos sans».
Comentarios (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 17-06-2015 18:08
# Ligazón permanente a este artigo
ELECCIÓNS MUNICIPAIS EN SADA
Resultados das eleccións:

Partido Popular: 7 concelleiros.
Sadamaioría: 4 concelleiros.
PSdG-PSOE: 2 concelleiros.
Partido Demócrata Sada Popular: 2 concelleiros.
Bloque Nacionalista Galego: 2 concelleiros.
Comentarios (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 26-05-2015 08:38
# Ligazón permanente a este artigo
DIA MUNDIAL DA BIODIVERSIDADE

O Día Internacional da Biodiversidade celébrase do o día 22 de maio. O día pretende alertar a poboación sobre a necesidade e importancia da conservación da diversidade biolóxica.

O Día Internacional da Biodiversidade foi proclamado polas Nacións Unidas o 22 de maio de 1992, día en que se adoptou o texto final da Convención de Diversidade Biolóxica.

Todos os anos o Día Internacional da Biodiversidade ten un lema. O deste ano de 2015 é "Biodiversidade para o Desenvolvemento Sostible".

A BIODIVERSIDADE EN ESPAÑA
O noso país é o máis diverso do continente europeo, é isto non é só un privilexio, senón que leva consigo unha grande responsabilidade. Algúns datos de interese:
*España alberga 121 dos 217 hábitats terrestres declarados de interese comunitario pola Directiva de Hábitats.
*3 dos 11 grandes ecosistemas mariños das augas europeas podémolos atopar no noso país. Especial mención merece o Mediterráneo, que sendo somente o 0,8% da superficie mariña alberga o 4% das especies mariñas descritas ata hoxe.
*Posuímos entre 8000-9000 sp. De plantas vasculares (80% da UE), e ademais destas 1500 son endemismos patrios. De feito, a metade dos endemismos europeos do noso continente atopámolos no nosos país.
*Albergamos 1000 sp. de musgos, 2000 de liques e uns 20000 fungos.
*Somos o estado con maior variedade de mamíferos e réptiles e o terceiro en anfibios e peixes.
*España contén o 50% das especies de vertebrados e invertebrados europeas. Cales son as causas desta riqueza biolóxica?
*A localización xeográfica e a orografía que proporcionan gran variedade de ecosistemas e hábitats.
*Ser ponte de unión entre dous continentes (Europa-África), sendo paso para numerosas especies migratorias.
*Industralización tardía respecto o resto de Europa que mantivo mellor conservadas grandes áreas naturais.

( Profesor: Adán Gonçalves)

Mensaje del Secretario General en el Día Internacional
de la Diversidad Biológica
22 de mayo de 2015


La diversidad de la vida en la Tierra es esencial para el bienestar de las generaciones actuales y futuras. La conservación, la restauración y el uso sostenible de la diversidad biológica pueden ayudar a resolver una serie de problemas sociales.

La protección de los ecosistemas y la facilitación del acceso a los servicios de los ecosistemas por los grupos pobres y vulnerables son esenciales para erradicar la pobreza extrema y el hambre. La reducción de la deforestación y la degradación de la tierra y el aumento de las reservas de carbono en los bosques, las tierras secas, los pastizales y las tierras de cultivo generan importantes beneficios sociales y económicos y son medios económicos para mitigar el cambio climático.

Todo marco de desarrollo sostenible debe proporcionar condiciones propicias para la conservación y el uso sostenible de la diversidad biológica, para un reparto más equitativo de los beneficios, así como para reducir los factores que promueven la pérdida de la diversidad biológica. Los objetivos de desarrollo sostenible y la agenda más amplia para el desarrollo después de 2015, que se están negociando en la actualidad, ofrecen la oportunidad de incorporar la diversidad biológica y promover un cambio transformador en la manera en que las economías y las sociedades utilizan y consideran la diversidad biológica....
Comentarios (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 22-05-2015 01:22
# Ligazón permanente a este artigo
MANIFÉSTATE POLA LINGUA!

En A Coruña: 17 de maio de 2015, ás 12h, diante do Teatro Rosalía (Rego da Auga).



A Mesa pola Normalización Lingüistica pede a todos os partidos e candidaturas que inclúan a lingua galega nas súas propostas electorais para os concellos.

A proposta da Mesa inclúe que todos os cargos públicos, departamentos e organismos dependentes da administración municipal teñan a lingua galega como lingua xeral de referencia oral e escrita; que a administración parta da oferta positiva do galego na atención oral e escrita á cidadanía, tanto presencial como telefónica ou telemática; que as empresas subcontratadas polo concello garantan o respecto á oficialidade do galego e aos dereitos lingüísticos das veciñas e veciños, ou impulsar a creación dun Servizo de Normalización Lingüística naqueles concellos onde aínda non existir.


Neste sentido, desde A Mesa salientaron a necesidade de que os alcaldábeis asuman o compromiso de impulsar políticas activas en favor do galego e dotar con recursos a planificación lingüística do concello, con actuacións transversais en todas as áreas municipais procurando o incremento do uso e prestixio da lingua propia de Galiza.

A entidade en defensa da lingua destacou que o que se reclama non é máis que o cumprimento das leis ou de acordos parlamentarios como o PXNLG, e que porén están a ser vulnerados, sen que na práctica pasen de declaracións de intencións.
Comentarios (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 16-05-2015 23:32
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA DAS ARTES GALEGAS
1 de ABRIL “DÍA DAS ARTES GALEGAS”  Ampliar imaxe Ampliar imaxe Ampliar imaxe  A Real Academia Galeg
1 de ABRIL “DÍA DAS ARTES GALEGAS”


A Real Academia Galega de Belas Artes, creada no 1849 para fomentar a práctica, o estudo, contribuír á salvagarda, á sensibilización das artes e do patrimonio cultural galego, na súa Asemblea de 31 de Xaneiro de 2015, decidiu instituír o “Día das Artes Galegas”. Motivo para a exaltación, divulgación e promoción da creación en Galicia. E arredor da xornada un sólido argumento: confín habitado dende a Prehistoria, de antolóxicos monumentos megalíticos, emporio na Idade dos Metais, de sobranceiros ourives, de incontables e estratéxicos castros, arrodeados de lendas; Gallaecia de portos, faros, de enclaves romanos e suevos, que deron paso á humanización do territorio en ribeiras sacras, encrucillada de camiños a Compostela, para o nacemento do Románico e de Europa. Obradoiro de mestres construtores do Gótico. Escola de humanistas e mecenas renacentistas que fan qué Galicia brille. Confíns do contraste, do Barroco, de ilustrados que dan paso ó Neoclasicismo e a un Romanticismo de inquedos precursores, algúns deles ideólogos desta Real Academia, a súa vez creadora de escolas de arte e museos, para culminar nun singular Modernismo que abre á Contemporaneidade. País de creadores, artesáns, músicos, teóricos, profesores, mecenas, marchantes que merecen a celebración dunha xornada para reivindicar a orixe, a orixinalidade, como contribución particular á universalidade. Sirvan as limeiras da Historia das Artes Galegas como pórtico de futuro.


“A 1 DE ABRIL ASENTÁRONSE AS LIMIEIRAS DO PÓRTICO DA GLORIA POR MATEO”

Para celebrar o "Día das Artes Galegas" a Real Academia Galega de Belas Artes escolle o 1 de abril de cada ano, en lembranza da mesma xornada do ano 1188, data constatada no epígrafe das limeiras do Pórtico da Gloria e coa que se certifica que aquela é obra dirixida, dende os seus alicerces, polo Mestre Mateo. Cima da Arte Románica, arte europea por excelencia, pórtico que abre a camiños, que fan de Galicia encrucillada de culturas, e que mesmo sintetiza todas as artes. Da cultura, das tradicións, dos saberes dos canteiros e das relacións foi posible o Pórtico da Gloria.

Comentarios (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 31-03-2015 01:28
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA MUNDIAL DA METEOROLOXÍA, 23 de marzo

O Día Mundial da Meteoroloxía conmemora a data do 23 de marzo de 1950 na que se constituíu formalmente a Organización Meteorolóxica Mundial (OMM) grazas á firma do convenio dos seus primeiros 30 membros. Actualmente esta organización conta con 191 membros (185 estados e 6 territorios) e os seus fins son a cooperación internacional en servizos e observacións meteorolóxicos, a promoción do intercambio rápido de información, a normalización das observacións e a publicación uniforme de observacións e estatísticas.

Entre as últimas preocupacións da OMM, a principal é o cambio climático que se fai xa evidente tralo recente informe de París. Pero tamén preocupa a esta organización o esgotamiento dos recursos naturais, a contaminación e emisión de gases á atmosfera, a deforestación, a construción de presas, etcétera, que son factores humanos que están influíndo poderosamente neste cambio. Fenómenos climáticos cada vez máis virulentos como O Neno parecen confirmalo. Outro ámbito de estudo importante é a previsión de catástrofes naturais relacionadas coa meteoroloxía, como as tormentas tropicais ou as inundacións.
Comentarios (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 23-03-2015 01:12
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA MUNDIAL DA AUGA, 22 de marzo

En 1992 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas estableceu que o 22 de marzo de cada ano se celebraría o Día Mundial da Auga. O Día Mundial da Auga é unha ocasión única para reflexionar e lembrar que mentres nós menosprezamos un ben tan fundamental para a nosa vida, moitas persoas no mundo non teñen acceso á cantidade de auga potable necesaria para a súa supervivencia.

A situación é preocupante e moitos expertos consideran a cuestión da auga como o desafío máis importante que debe afrontar a humanidade no século XXI.

Ademais da auga para beber, a agricultura, a industria, a hixiene e a saúde, a calidade ambiental, etc., as posibilidades de desenvolvemento dun territorio e a súa poboación dependen da auga, da súa calidade e do seu consumo racional.


Nunha aldea de Kenia, un neno debe camiñar durante varias horas ó día ata o pozo máis próximo para levar á súa familia uns poucos litros de auga. Esta familia mide moito cada cunca de auga e pénsao dúas veces antes de consumila.

Seguramente o valor que lle atribúe á auga o consumidor español ou a familia keniana será moi distinto. O relativo baixo prezo deste líquido en España fai que, o mesmo que o estudante despistado, non valoremos a súa importancia, non só para os seres humanos senón para toda a natureza.

A calidade ambiental do noso entorno e do planeta depende moito do uso que todos fagamos da auga, de tratala como o que é: fonte de vida.


Con motivo desta data, na Escola T.S. Enxenería Canales e Portos da Universidade de A Coruña teñen lugar os actos que se indican no cartaz.
Comentarios (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 22-03-2015 00:18
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal