A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

EXPOSICIÓN DA SGHN

A Delegación das Mariñas da Sociedade Galega de Historia Natural inaugurará hoxe venres 17 de decembro ás 19:30 h. a exposición "Un futuro para as Brañas de Sada", que permanecerá exposta na Casa da Cultura "Pintor Llorens" de Sada entre os días 15 e 31 de decembro. No acto de presentación proxectarase un video.
Felicitamos á Sociedade Galega de Historia Natural por tan interesante e necesaria iniciativa sobre o humidal de As Brañas.




Esta páxina que hoxe cumple CATORCE MESES de andaina na rede, ten publicadas 464 entradas (das que 386 son artigos de Ramón Suárez Picallo) e acadou xa as 3.165 consultas.


Comentarios (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 17-12-2010 00:40
# Ligazón permanente a este artigo
ASOCIACIONISMO MARIÑEIRO EN SADA

Singular exposición organizada pola Cofradía de Pescadores sobre a historia mariñeira de Sada desenrolada polos seus mariñeiros e que, por mediación das suas asociacións defenderon a riqueza pesqueira da ría e terán ao longo de século XX unha relevante importancia no desenrolo da localidade.



INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN HOXE VENRES 10 DE DECEMBRO ÁS 18:00 H. NA CASA DO MAR.
Comentarios (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 10-12-2010 00:02
# Ligazón permanente a este artigo
SADA EN FESTAS
Estamos ás portas das festas tradicionais do verán: Santa María, San Roque e San Mamede (15,16 e 17 de agosto para rematar coa tradicional Sardiñada o día 18).
Ao longo de mes están a desenvolverse outras actividades das aque pasamos a dar conta.
Por outra banda esta Asociación Cultural está a distribuir o Nº 3 DE CADERNOS DE ESTUDOS LOCAIS titulado "As letras e as festas" onde Rocha Llobregat, Freire Calvelo, e os irmáns Suárez Picallo falan de como se celebraban as festas tradicionais en Sada e ilustrado con fotografías de Lugrís Freire (do arquivo de Manuel Lugrís Rodríguez).
Nuns días colgaremos dito Caderno nesta páxina.
/i>



PROGRAMA DE FESTAS SADA 2010



30 e 31 DE XULLO, 1 de AGOSTO. MERCADO MARIÑEIRO.
Praza dos Irmáns Suárez Picallo, de 10:00h. a 02:00h.

1 DE AGOSTO. SENDEIRISMO COSTEIRO. Xornada de sendeirismo costeiro (Sada-Lorbé) con regreso en kayak.
Organizado pola Concellaría de Educación e Xuventude e o C.N.R.S.

4 DE AGOSTO. “Copa Diputación de Fútbol”
entre os equipos Sporting Sada e Dorneda C.F. (horario sin determinar).

4 DE AGOSTO. NOVO CIRCO DE RÚA

5 E 6 DE AGOSTO. ROCK´NA RÚA
Paseo Marítimo 21:30h.
Xoves 5: Stados Altera2, Agosto en Escandinavia, Eotem.
Venres 6: Capitán Morgan, Ruta 77, Room 51.

6 DE AGOSTO. CINE CAIXANOVA DE VERÁN.
22:30 h. Praza de San Roque “¿Qué fue de los Morgan?

9, 20 E 24 DE AGOSTO. NOITES DE CINE.
Ás 22:00
Carnoedo: El niño con el pijama a rayas. Luns, 9 de agosto.
Veigue: Crepúsculo. Venres, 20 de agosto.
O Castro: Mi monstruo y yo. Martes, 24 de agosto
21:00 h.Praza de San Roque

7 DE AGOSTO. IV edición SADAUTOR.
Paseo Marítimo. A partir das 21:00
• Paris Joel.• David Taboada.• Fátima.• Pedro Alisedo.• Juan Aparicio.• Marcos Mella.

8 DE AGOSTO. II EXHIBICIÓN ECUESTRE INTERNACIONAL DE SADA.
18:00 h. Campo do Rayo (Sociedade).
Paseos en calesa disponibles desde a mañá.

11 DE AGOSTO. FESTIVALIÑO TRADICIONAL. Praza de San Roque. 20:00 h.
Asociacións culturais e folclóricas de Sada.

12 DE AGOSTO “SADACADABRA”.
O Mago Pablo. Maxia para nenas, nenos e maiores
Praza de San Roque. 20:00 h.

14 DE AGOSTO. ARRIEIROS: 21:00h.
Compañía Quinquilláns. Praza da Pescadería

14 DE AGOSTO. FESTA DA AREPA.
A festa comenzará no Curruncho a partir das 13:00h.

14 DE AGOSTO. XOGOS TRADICIONAIS.
De 11:00h. a 13:00h. no paseo marítimo, ó lado da Praza dos Irmáns Suárez Picallo. Actividade deportiva para tódolos públicos organizada pola Concellería de Deportes.

VENRES 13 A LUNS 16 AGOSTO: “Regata Cabos do Norte” categoría Cruceiro. Organizada polo Club Náutico de Sada.

SÁBADO 14 e DOMINGO 15:
Travesía de “ômegas” e Xornada de convivencia Sada-Ares-Sada. Organizada polo Clube Náutico Recreativo de Sada.



SEMANA GRANDE


15 DE AGOSTO: DÍA DE SANTA MARÍA.
11:00h. Dianas e alboradas a cargo do grupo de gaitas de Meirás.
10:00h. “Concurso infantil de pesca” (de 7 a 17 anos). No porto de Sada, no dique de abrigo. Organización e inscricións: PESCAMAR Sada, na
Avd. do Porto nº 16.
10:30h.“Carreira Pedestre San Roque 2010”, para tódalas categorías. Organizada pola Concellaría de Deportes do Concello de Sada e o Club Atletismo Sada, no Paseo Marítimo (praza Irmáns Suárez Picallo):
10:30 para Categorías inferiores.
11:00 para Xuvenís en adiante.
12:00 Entrega de premios.
12:30h. Misa cantada a cargo do coro da Sociedade de Sada.
20:00h. Pregón das Festas, coa actriz Isabel Risco desde o Auditorio da Casa da Cultura Pintor Lloréns.
20:30h. Concerto de Habaneras no Auditorio da Casa da Cultura Pintor Lloréns:
• Coro da Sociedade de Sada.
• Coro da Lembranza.
• Coro Galego de Veigue.
• Coral de San Martiño de Meirás.
• Coral Municipal Agra das Arcas.
22:30h. VERBENA COA ORQUESTRA da TVG, dende a Praza dos IrmánsSuárez Picallo.

16 DE AGOSTO : DÍA DE SAN ROQUE.
11:00h. Dianas e alboradas co grupo de gaitas de O Castro.
11:00h. “II Paseos en Vela e Kayak” para tódalas idades. Organizado pola
Concellaría de Deportes e C.N.R.S.
Paseos en barco de vela e Kaiak. Desde a Praia de Sada.
12:30h. Misa cantada a cargo do coro Agra das Arcas.
13:00h. Procesión.
17:00h. e ata as 23:00h. Producción audiovisual “Vivamos como galegos!”.
Todos os que se acheguen poderán participar na grabación dunha escena publicitaria e levarse algúns agasallos. Espectáculo patrocinado por Gadis.
18:00h. Trofeo Cidade de Sada de Petanca. Pistas deportivas municipais.Paseo Marítimo.
19:00h. Festa dos Maiores. Pequeno recoñecemento á figura dos nosos maiores e á sabedoría e experiencia que atesouran. Actuarán:
• Banda de Música Municipal do Concello de Sada.
• Coral Municipal Agra das Arcas.
• Coro Galego de Veigue.
21:00h. Concerto da Banda Municipal de Música de Sada. Auditorio Casa da Cultura Pintor Llórens. Concerto adicado a bandas sonoras de grandes películas do cine, con acompañamento de proxección de imáxenes.
22:30h. VERBENA COA ORQUESTRA CICLÓN, desde a Praza dos IrmánsSuárez Picallo.

17 DE AGOSTO : DÍA DE SAN MAMEDE.
11:00h. Dianas e alboradas a cargo do Grupo de Gaitas de Meirás.
12:30h. Misa cantada co Coro de Franza (Mugardos).
17:00h. Festa Infantil. Inchables, animación e festa da escuma. No xardín do paseo marítimo, detrás da Terraza.
20:00h. VI Trofeo Sportin Sada. Sporting Sada vs Cerceda. Campo Municipal
das Mariñas.
22:30h. VERBENA A CARGO DA ORQUESTRA MARBELLA desde a Praza dos Irmáns Suárez Picallo.

18 DE AGOSTO: DÍA DA SARDIÑADA.
11:00h. Dianas e alboradas a cargo da banda de gaitas de O Castro.
17:00h. Gran Sardiñada popular no Curruncho. Precios populares. Amenizada pola música da agrupación Queiroa.
22:30h. VERBENA A CARGO DA ORQUESTRA SINTONÍA DE
VIGO desde a Praza dos irmáns Suárez Picallo.
00:00h. Sesión de Lumes de Artificio.


19 DE AGOSTO: CONCERTO DE CARLOS BAU.
Ás 21:00h. na Praza da Pescadería

20 DE AGOSTO
Semifináis do X Cuadrangular de Fútbol Xuvenil “CIUDAD DE SADA”:
• Ás 17:30h. Victoria C.F. – Bergantiños
• Ás 19:30h. Rayo Sadense – R.C. Deportivo.

21 DE AGOSTO: :CONCURSO DE CANS MESTIZOS “GATOCÁN”.
17:30 h. No Paseo Marítimo

21 DE AGOSTO
• VIII Liga de Veran CNRS Vela lixeira multiclase. Organiza C.N.R.S.
• III Copa Ártabra Diputación vela lixeira: laser, optimist, 470. Organiza C.N.R.S.
• X Cuadrangular de Fútbol Xuvenil:
-Ás 10:00h. 3º e 4º posto
- Ás 12:00h. Final
- Ás 14:00h. Entrega de Trofeos

22 DE AGOSTO: I GASTRO´ROCK.
Gran festa gastronómica no Curruncho desde as 13:00h.

29 DE AGOSTO: XORNADA DO DEPORTE FEMININO.
Día do deporte feminino na rúa. De 10:00h. a 14:00h. nas pistas polideportivas do paseo
marítimo.
Organiza Club Perla Sada. Colaboran Concellaría de Cultura, Igualdade, Deportes e MUDEGA.

11 DE SETEMBRO
XII Regata A2 clase Crucero a partires das 15:20 horas.

12 DE SETEMBRO
XII Regata A2 clase Crucero a partires das 12:50 horas.

18 DE SETEMBRO DEPORTE E INTEGRACIÓN
nas pistas polideportivas municipáis do paseo marítimo entre as
11:00h. e as 14:00h.(Organiza Concellaría de Deportes)
• VIII Liga de Verano CNRS Vela lixeira.
• III Copa Ártabra Diputación vela lixeira: laser, optimist, 470. Organiza C.N.R.S.
Comentarios (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 14-08-2010 00:15
# Ligazón permanente a este artigo
O regreso de SUÁREZ PICALLO e o pasamento de MARUXA BOGA
O pasado 25 de xullo, Día de Galicia, morreu Maruxa Boga, a locutora de radio máis escoitada polos milleiros de galegos que emigraron á Arxentina na primeira metade do s. XX.
Na foto (está situada á esquerda do alcalde de Sada, en outubro de 2008 no Centro Sada e Contornos de Bos Aires, con motivo da traida dos restos do político e xornalista Ramón Suárez Picallo) A continuación pódese escoitar a intervención do alcalde de Sada, Abel López Soto, no programa Galiza Emigrante, de Radio Argentina:





















Exhumación dos restos de Ramón Suárez Picallo no cemiterio da Chacarita

Ampliar a información na web do Concello de Sada
Comentarios (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 01-08-2010 09:26
# Ligazón permanente a este artigo
I Xornadas de Pensamento Galego de Bergondo

Comentarios (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 07-04-2010 01:31
# Ligazón permanente a este artigo
Congreso Luís Seoane. Galicia-Arxentina: unha dobre cidadanía

Na próxima semana terá lugar en Compostela un congreso sobre a figura de Luis Seoane, organizado polo Consello da Cultura Galega e a Fundación que leva o nome do pintor coruñés. Nel participará o historiador arxentino Hernán Díaz, que ten achegado importantes estudos sobre Ramón Suárez Picallo.
Reproducimos o texto que ao respecto publicou na súa web o Consello da Cultura Galega.


6, 7 e 8 de abril de 2010 (CCG), 9 de abril de 2010 (Fundación Luís Seoane)

No ano 2010 cúmprese o primeiro centenario do nacemento en Bos Aires (Arxentina) de Luís Seoane, que faleceu en 1979 na Coruña, nas terras dos seus antepasados. A súa vida e obra estiveron consagradas á actividade cultural e artística, nun exercicio de dobre cidadanía, que o fixo sentirse membro das dúas patrias.

Con motivo desta efeméride, a Fundación Luís Seoane e o Consello da Cultura Galega promoven unha serie de actividades que terán lugar durante o presente ano 2010. Entre estas iniciativas encóntrase a realización do Congreso Internacional Luís Seoane. Galicia-Arxentina, unha dobre cidadanía, que se realizará en Santiago de Compostela e A Coruña entre os días 6 e 9 de abril de 2010. No programa deseñado con este motivo preténdese retratar a figura e as actividades creativas de Luís Seoane atendendo á súa dobre dirección territorial e cultural, entre a emigración e o exilio, entre as activas e diversas facetas como axente creativo e a construción dun proxecto cultural de intensa repercusión e influencia.

Complétase o conxunto de actividades coa realización de tres encontros, que terán lugar nos vindeiros meses en colaboración coas tres universidades galegas, nos que se analizarán aspectos concretos da súa actividade como artista, comunicador, escritor, produtor ou deseñador. O programa do congreso conclúe coa exposición retrospectiva que se presenta na Fundación Luís Seoane e na que se desexa compoñer unha faciana ampla e plural do seu labor artístico, para recoñecelo como un dos autores máis representativos da cultura do século XX.


FONTE: http://consellodacultura.org/?page_id=1656


Comentarios (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 04-04-2010 00:52
# Ligazón permanente a este artigo
Suárez Picallo e Luis Seoane, avogados

Co gallo da próxima celebración do congreso sobre Luis Seoane, lembramos neste blogue a relación profesional que mantivera con Suárez Picallo, cando aló polos anos 1935 e 1936 traballaran xuntos nun consultorio xurídico como avogados. Estaba emprazado na rúa Sánchez Bregua, da Coruña. Posteriormente conicidirían no exilio arxentino.
Non obstante, Luis Seoane mantivo unha relación máis estreita con Xohán Antón Suárez Picallo, da súa xeración e compañeiro de partido. Polo menor dos irmáns Suárez Picallo tiña Luis Seoane un gran aprezo, como ten testemuñado Isaac Díaz Pardo.
Comentarios (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 01-04-2010 10:46
# Ligazón permanente a este artigo
TRATA DE BLANCAS
Dende hai tempo se sabe que o tráfico de mulleres produce ganancias industriais, a costa da violación da liberdade física e psicolóxica.
Hoxe en día estanse a deter continuamente proxenetas que están a enganar a moitas mulleres do xeito que conta RSP neste artigo publicado hai xa cincuenta anos...


4 de marzo de 1949

TRATANTES DE BLANCAS EN CONCEPCIÓN


Por Ramón Suárez Picallo

En la muy ilustre, honesta y universitaria ciudad de Concepción, ha sido descubierta una gavilla de infradelincuentes dedicados al abominable comercio conocido con el nombre de trata de blancas. Hombres y mujeres –que de todo hay en aquella viña del pecado- reclutaban muchachas de familias honorables, a pretexto de ofrecerles empleos bien remunerados, contratos en fantásticas empresas de arte y, a veces, un supuesto matrimonio ventajoso, para entregarlas, al fin, vendidas como reses, al ludibrio, a la deshonra y a la sucia lujuria de los compradores de carne humana para hacer de ella instrumento de placer.

La noticia es bastante más grave que si se anunciase allí la aparición de la peste bubónica, de la viruela negra o del tifus exantemático. Porque viene a denunciar la existencia de una repugnante lacra moral –no habitual en Chile- importada de otras latitudes más o menos próximas; y que hizo en varias ocasiones, grandes e inútiles esfuerzos por hallar aquí mercado provechoso.

Los ciudadanos penquistas –y muy especialmente los familiares de las víctimas de la repugnante maffia- han entendido y calibrado toda la magnitud del problema para los “maquereaux”, pidiendo la pena de muerte.

Somos enemigos, por cultura, por principios y por concepción jurídica, filosófica y religiosa, de la pena capital; pero quizá haríamos con gusto una excepción aprobándola, en caso de aplicárseles a los tratantes de blancas. Porque ellos no son personas y no hay para qué tenerles ninguna consideración inherente a la persona humana; ni en orden al derecho substantivo ni tampoco a las normas adjetivas del procedimiento. Un sujeto que vende por dinero a una mujer que confió en su palabra –y que se le entregó desinteresadamente- para que otro satisfaga en ella un bajo deseo, no merece más que una pena: la eliminación total, absoluta y sin atenuantes.


PERO... SIEMPRE HAY UN PERO...

Los indignados ciudadanos de Concepción han equivocado el objetivo y el procedimiento. Y no verán, como fuera su deseo -¡y el nuestro!- subir las gradas del patíbulo al hatajo de bribones que han arrojado a los abismos de la perdición moral –con el móvil indigno de la codicia y del lucro- a varias decenas de muchachas honestas. Porque las leyes penales vigentes, un poco antañonas y muy románticas, hechas por juristas honorables, no prevén en toda su magnitud este delito especial, relativamente moderno. De ahí que muchos países afectados por él hayan tenido que dictar leyes especiales para combatirlo.

La trata de blancas, organizada internacionalmente y teniendo por capitales a Marsella, Barcelona, Vigo y Buenos Aires, amparada por opulentos comerciantes –generalmente joyeros- y dirigentes del comercio y de la banca, ministros de cortes de justicia, jefes de policía y honestísimas y religiosas señoras de muy edificantes sociedades de beneficencia, que, por fas o por nefas, estaban en el sucio tráfico.

Y no era cosa de pedir para gentes de tal jaez y abolengo penas corporales, y ni mucho menos, la pena de muerte, absolutamente inaplicable a los tratantes de blancas habida cuenta de aquella norma jurídica que dice que no hay delito ni pena, si no está previamente establecido en la ley.


EL PROCEDIMIENTRO ES OTRO

Un día, en plena Sociedad de Naciones, el delegado de un país americano, señalado como mercado central, consumidor y distribuidor de la humana “mercancía”, planteó el problema en tonos patéticos queriendo librar a su patria de tan desagradable sambenito. Era un hombre honorable a carta cabal, pero que no sabía de la misa la media. Frente a él, el prefecto de policía de una gran ciudad europea tiró mano de su cartera y empezó a sacar papeles con datos, fichas, domicilios y circunstancias que dejaron en muy mala posición al honesto delegado. Éste calló y contó privadamente el suceso a su Presidente, que era a su vez, un gran patricio, un gran señor y un discípulo de Catón en materia de moral.

El Presidente nombró a un juez especial de toda su confianza para que abriese un sumario sobre el tema; cayeron en él novecientos delincuentes, todos millonarios, de gran significación social, y muchos de ellos, amigos políticos del propio Presidente. No hubo piedad ni abogados que los defendiesen y sufrieron la pena máxima, señalada en una ley especial.

Pero, paralelamente con el procedimiento legal, el Presidente hizo algo más eficaz. Llamó a un grupo de policías y de personas privadas a las que invistió de autoridad especial, también de su confianza, y les dio la siguiente orden: Matar como a perros rabiosos, en plena calle los “cafishios”, sin más trámites, donde quiera que fuesen encontrados y una vez comprobado que eran tales. Por este expeditivo y drástico procedimiento, cayeron más de cien. Quizá, entre ellos, algún inocente. Pero la ciudad, considerada antes como mercado de carne humana, quedó limpia para muchos años, de la repugnante lacra moral de los tratantes de blancas, que la habían deshonrado con su comercio vil e infradelincuente.

Es posible que a la vista de estos datos “ilustrativos”, los ciudadanos de la muy culta y honesta ciudad de Concepción, sigan pidiendo la pena de muerte para los comerciantes de carne humana que asomaron por allí su faz repugnante; y, a lo mejor, acuerdan, además, tomarse la justicia por su mano, contraviniendo la ley que prohíbe tal exceso. ¡Allá lo verán ellos!


(Artigo publicado no xornal La Hora, en Santiago de Chile o 4 de marzo de... 1949)
Comentarios (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 04-03-2010 01:01
# Ligazón permanente a este artigo
PARABÉNS A MÉNDEZ FERRÍN

A Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo, felicita ao académico D. Xosé Luis Méndez Ferrín, polo nomeamento como Presidente da Real Academia Galega, e deséxalle que nesta nova responsabilidade, poida levar adiante en unión de tódolos académicos os proxectos xa iniciados pola devandita Academia, asi como todos aqueles que redunden no coñecemento, desenrolo, e expansión da nosa fala e da nosa cultura no só en Galicía, se non alén do mar e mais aló dos nosos confíns naturais e continentais. Felicitamos tamén ao Presidente sainte D. Xosé Ramón Barreiro Fernández pola súa xestión ao frente da mesma así como polo papel que está a desenrolar a docta Institución na defensa da nosa lingua.
D. Xosé Luis Méndez Ferrín, escribiu algúns artigos adicados a Ramón Suárez Picallo. De seguido difundimos o publicado nos xornais Faro de Vigo e La Opinión de A Coruña na data 15 de agosto de 2008 e incluimos a gravación da despedida a Otero Pedrayo da que nos fala no artigo.



A PRIMAVERA DE SADA


Por Xosé Luis Méndez Ferrín

Vista de lonxe, a vila de Sada parece renacer das sombras dunha penosa hexemonía franquista na administración municipal. Cada día nos chega algunha noticia desde Sada que nos conforta. No Maio pasado, celebráronse aló unhas xornadas en memoria de Ramón Suárez Picallo e do seu irmán Xohán Antón, asasinado este polos sublevados de 1936. De tal conmemoración recibimos informes precisos de Isabel Aldao Losada, á que, por tanto, lle estamos ben recoñecidos. Logo houbo no mal chamado Pazo de Meirás unha cornetada ou apupada da que, por unha vez, se fixeron moito eco a prensa e o televexo madridistas. Finalmente, acabo de recibir un telefonazo de Francisco Lores, actual presidente da Federación de Sociedades Galegas de Bos Aires, que me comunica que os restos de Ramón Suárez Picallo (coido que están na Chacarita) van ser repatriados e recibirán laica sepultura na súa vila natal, Sada, no próximo mes e estación de Outono. Será entón ocasión de visitar de novo a figura daquel prodixioso orador e político de fonda incidencia na historia republicana de Galicia. Se estivermos vivos e autentes en Outono, trataremos de Suárez Picallo e lembraremos con el o seu infortunado irmán Xohán Antón.
As actividades do emigrante de Sada en Bos Aires Suárez Picallo foron obreiras e sindicalistas, e nelas constituiu un fito lendario o día no que os traballadores portuarios lle encomendaron un discurso fúnebre, nunha Plaza de Mayo ateigada de militancia en honra de Lenin recén morto. De regreso a Galicia en 1931, comisionado pola Federación, entrou na ORGA e foi deputado nas Constituintes da República. Ao se fundar o Partido Galeguista naquel mesmo ano, abandonou a formación de Casares Quiroga e diuse de alta, pola vida, na de Castelao, Otero Pedrayo e Alexandro Bóveda. Outros nacionalistas, mesmo Antón Villar Ponte ou Blanco Torres ou Gutiérrez Somoza, non confiaron no PG e seguiron a Casares deica Izquierda Republicana.
Deputado tamén nas eleccións do Frente Popular, foi, con Castelao, o candidato máis votado e é fama de que nas "consultas" de procuradores en cortes de concellais polo tercio familiar do franquismo as mesas electorais das Mariñas encontraban moitas papeletas nas que mans anónimas e resistentes grafaban en letra maiúscula neutra o nome de Ramón Suárez Picallo. A súa figura foise esvaecendo nos días de exilio en Chile e en Bos Aires, pro formou parte do Consello de Galiza so a presidencia de Castelao e so a de Antón Alonso Ríos. Certan os promotores en Sada da Comisión Irmáns Suárez Picallo ao suliñaren que ambos, cada un na súa dimensión, representaron o punto de vista de esquerda no seo do Partido Galeguista, e máis despois da escisión dereitista de 1936. Non estiveron sós, os Suárez Picallo.
Entrementres non chega Outono, escoitaremos a voz de Ramón Suárez Picallo presentando a Otero Pedrayo nunha das viaxes deste a Bos Aires, en gravación recuperada polo Consello da Cultura Galega.


Méndez Ferrín Presidente da R.A.G.
Artigo de Méndez Ferrín
Sobre Xosé Luis Méndez Ferrín
Comentarios (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 24-01-2010 16:05
# Ligazón permanente a este artigo
Pousa Antelo e Suárez Picallo. A manifestación de Queremos Galego
Discurso de Avelino Pousa Antelo na Praza da Quintana o 10/10/2009, na manifestación da plataforma Queremos Galego. Alusións a un discurso de Ramón Suárez Picallo nun mitin das arengas .
Avelino Pousa Antelo participou o ano pasado nunha mesa redonda en Sada sobre a figura de Suárez Picallo, con Díaz Pardo, Neira Vilas e a falecida Anisia Miranda.

Comentarios (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 13-12-2009 15:58
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal