A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Exposición de MANUEL SUÁREZ DE CONCHA

Cunha nutrida concorrencia o pasado venres inagurouse unha nova exposición do noso benquerido colaborador e ilustrador da revista AREAL Manuel Suárez de Concha.
Presentou o acto a concelleira de Benestar social e Igualdade Isabel Reimúndez, destacando o bon facer coa plumilla de Suárez de Concha así como a elección da temática galega da citada exposición que, dalgún xeito é toda unha mostra etnográfica da nosas manifestacións folclóricas.
Pola sua parte M. Suárez de Concha nos obsequiou e emocionou cantando Unha noite na eira do trigo acompañado por varios membros da rondalla do Orfeón Herculino. Ao mesmo tempo anunciou o seu desexo de facer unha paréntese como debuxante pois ten a intención de dedicarlle tempo a retomar e cultivar outra grande paixón: a poesía e a prosa.

No cartel que se adxunta están os horarios no que se pode visitar dita exposición ubicada na Capela de San Roque de Sada.
Parabéns amigo Manuel Suárez.
Comentarios (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 10-09-2018 00:17
# Ligazón permanente a este artigo
DESEXÁMOSVOS BO NADAL E BOAS FESTAS
Comentarios (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 25-12-2016 14:00
# Ligazón permanente a este artigo
VALDI, CHAIREGO DE HONRA 2016
Onte nomeouse chairego de honra en Vilalba ao noso socio e amigo Xosé Val Díaz. Dende aquí, vaian os nosos parabéns!
Comentarios (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 18-12-2016 12:28
# Ligazón permanente a este artigo
Pésame por Celestino Poza
Dende a AC Irmáns Suárez Picallo queremos expresar publicamente o noso pesar polo pasamento de Celestino Poza Dominguez, e sumámonos ás condolencias á familia e persoas achegadas a el.
S.T.T.L., compañeiro.

--> Noticia en La Voz de Galicia: Falleció el pintor Tino Poza.
--> Noticia en La Opinión de A Coruña: Fallece Celestino Poza.
Comentarios (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 01-12-2016 12:30
# Ligazón permanente a este artigo
La Opinión de A Coruña faise eco do libro "Querido Eduardo"
O libro "Querido Eduardo", publicado este mesmo ano por Chan da Pólvora, e introducido e anotado por Antón Lopo, recompila as cartas que Ramón Suárez Picallo lle enviou a Eduardo Blanco-Amor entre 1931 e 1946. Na seguinte ligazón pode lerse a nova:

--> "Más allá de una amistad" (La Opinión de A Coruña, 02-10-2016)
Comentarios (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 02-10-2016 15:12
# Ligazón permanente a este artigo
Falece en Arxentina Manuel Couzo
Manuel Couzo Bermudez, cofundador e presidente do Centro Español de Sada y sus Contorno faleceu este fin de semana en Bos Aires. Era Fillo Predilecto do Concello de Sada e Socio de Honra da nosa Asociación. Participou activamente na repatriación dos restos de Ramón Suárez Picallo no ano 2008.


Ampliar información ao pé.
Falece Manuel Couzo
Comentarios (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 12-09-2016 10:24
# Ligazón permanente a este artigo
Suárez de Concha expón en Sada

Manuel Suárez de Concha, colaborador e debuxante habitual da revista sadense AREAL, expón na capela de San Roque, ao longo deste mes de setembro, unha nova mostra de vinteseis cadros realizados a plumilla e técnica mixta baixo o título Airiños da miña terra.
Comentarios (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 04-09-2016 01:21
# Ligazón permanente a este artigo
Ramón Suárez Picallo na derradeira sesión do parlamento republicano
O xornal La Voz de Galicia faise eco das reivindicacións dos deputados galegos na última sesión do Congreso dos Deputados da II República, dos que se cumpre nestes días o 80 aniversario. Entre eles, destaca a voz clarificadora de Ramón Suárez Picallo.
--> Así sonaba Galicia en el Congreso hace 80 años
Comentarios (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 25-03-2016 13:53
# Ligazón permanente a este artigo
EDMUNDO MOURE NA BIBLIOTECA VIRTUAL DE GALICIA DIXITAL
Edmundo Moure
Na biblioteca virtual de Galicia Dixital poden consultarse dúas obras do noso socio e colaborador chileno Edmundo Moure: "El libro de los Anhelos" e "Chiloé y Galicia: confines mágicos". Convidámosvos a que non deixedes de lelas agora que tedes oportunidade.
Comentarios (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 15-03-2016 19:14
# Ligazón permanente a este artigo
IV CABODANO DO PASAMENTO DE ISAAC DÍAZ PARDO
O 10 de xaneiro, en Boisaca, houbo novamente pombas e mazás para Isaac Díaz Pardo, no IV cabodano do seu pasamento. Paco Pita, como representante da nosa asociación, interveu, xunto con outras persoas, para lembrar ao bo e xeneroso Isaac.
--> Noticia recollida en La Voz de Galicia


Comentarios (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 11-01-2016 23:18
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal